Estación de Castejón de Ebro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 86: Liña 86:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Train station of Castejón de Ebro}}
{{commonscat}}
*[http://www.adif.es/AdifWeb/estacion_mostrar.jsp?e=81200 Información na páxina web de Adif] {{es}}
*[http://www.adif.es/AdifWeb/estacion_mostrar.jsp?e=81200 Información na páxina web de Adif] {{es}}



Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2016 ás 18:25

Coordenadas: 42°10′22″N 1°41′33″O / 42.17278, -1.69250

Castejón de Ebro
SituaciónCastejón (Navarra)
Servizos
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaRexional Exprés

Castejón de Ebro é unha estación ferroviaria situada no municipio español de Castejón, en Navarra. É un importante nó ferroviario da rede aínda que o peche ao tráfico de liña Soria-Castejón na década dos 90 e o conseguinte desvío do tráfico radial por Zaragoza fixéronlle perder peso. Aínda así conserva unha ampla praia de vías. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Situación ferroviaria

Na estación conflúen as seguintes liñas férreas de largo ibérico:

  • Liña férrea Soria-Castejón (parte da liña 202), punto quilométrico 103,0. A devandita liña deixou de prestar servizo no ano 1996 aínda que non está oficialmente pechada.
  • Liña férrea Bilbao-Casetas (liña 700) por Logroño e Miranda de Ebro, punto quilométrico cero.
  • Liñas férrea Castejón-Altsasu (Línea 710) na súa sección de Zaragoza a Castejón de Ebro, punto quilométrico 93,7.

Historia

A estación foi inaugurada o 16 de maio de 1861 coa apertura do tramo Tudela-Caparroso da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía del Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[1] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarriles de Zaragoza a Pamplona y Barcelona.[2] En 1863, a liña Castejón-Bilbao impulsada pola Compañía del Ferrocarril de Tudela a Bilbao sumouse á anterior convertendo a localidade en nó ferroviario.[3] En 1878, todas estas compañías remataron absorbidas por Norte.

En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recén creada RENFE. Ese mesmo ano púxose en funcionamento a Castejón-Soria, liña de vía única, sen electrificar que pretendía acurtar os traxectos entre Madrid e Pamplona.

Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

Servizos

Longa distancia

Media distancia

Notas

  1. Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
  2. Zaragoza a Pamplona e Alsasua spanishrailway
  3. Castejón de Ebro a Bilbao (vía Logroño e Miranda de Ebro) Spanishraiway]

Véxase tamén

Ligazóns externas