3753 Cruithne: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rotlink (conversa | contribucións)
m fixing dead links
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 32: Liña 32:
Doutros tres asteroides próximos á Terra ([[AsPT]]), [[54509-2000 PH5]], [[85770-1998]] UP1 e [[2002 AA29]], descubriuse que teñen orbitas semellantes á de Cruithne.
Doutros tres asteroides próximos á Terra ([[AsPT]]), [[54509-2000 PH5]], [[85770-1998]] UP1 e [[2002 AA29]], descubriuse que teñen orbitas semellantes á de Cruithne.


Hai outros exemplos de obxectos naturais que describen orbitas semellantes ás de Cruithne coma [[Xano (lúa)|Xano]] e [[Epimeteo (lúa)|Epimeteo]], que son [[satélite natural|satélites]] de [[Saturno (planeta)|Saturno]]. Estas órbitas son moito máis sinxelas, pero en esencia son semellantes, y seguen os mesmos principios.
Hai outros exemplos de obxectos naturais que describen orbitas semellantes ás de Cruithne coma [[Xano (lúa)|Xano]] e [[Epimeteo (lúa)|Epimeteo]], que son [[satélite natural|satélites]] de [[Saturno (planeta)|Saturno]]. Estas órbitas son moito máis sinxelas, pero en esencia son semellantes e seguen os mesmos principios.


Marte ten un asteroide co-orbital, [[(5261) Eureka]], e [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] moitos outros (máis de 1000 obxectos coñecidos coma [[asteroide troiano|asteroides troianos]]).
Marte ten un asteroide co-orbital, [[(5261) Eureka]], e [[Xúpiter (planeta)|Xúpiter]] moitos outros (máis de 1000 obxectos coñecidos coma [[asteroide troiano|asteroides troianos]]).

Revisión como estaba o 8 de febreiro de 2016 ás 10:21

Fotografía do asteroide 3753 Cruithne (entre os dous guións).
Órbitas de Cruithne e a Terra.
Dende a perspectiva da Terra, a órbita de Cruithne parece ter forma de ril.

O asteroide 3753 Cruithne é un obxecto celeste que ten a súa órbita xunto á do planeta Terra, esta órbita está en resonancia orbital coa da Terra 1:1, o que fai deste asteroide un quasi-satélite, moitas veces citase a Cruithne coma a "segunda lúa da Terra" . Este asteroide comparte a órbita da Terra de xeito non estable (é dicir, non sempre vai ser deste xeito), cun movemento tal que impide que se estrele contra ela, polo menos nos próximos millóns de anos.

Nun artigo científico publicado na revista británica Nature o 12 de xuño do 1997 por Paul Wiegert, Kim Innanen e Seppo Mikkola detállase con precisión o movemento deste asteroide.

O 3753 Cruithne é un asteroide dos chamados NEA (Near-Earth asteroids: asteroides próximos á Terra), que son os veciños máis próximos á Terra salvando á Lúa. As veces é (coma xa se dixo) chamado coma a segunda lúa da Terra, aínda que a súa órbita difire radicalmente da do noso satélite, xa que Cruithne non orbita ó redor da Terra, senón do Sol.

Posúe o que na xerga da mecánica celeste o que se denomina un traxecto co-orbital coa Terra (e dicir comparte a órbita con ela). Esta órbita —xa prevista de xeito teórico— só puido atoparse hai uns cantos anos. En concreto, a órbita deste obxecto celeste ten forma de ferrada.

Para poder observa-la órbita de co-rotación deste asteroide deberíamos situarnos por riba do Polo Norte (aínda que se debe lembrar que Cruithne só é visible con aparatos). Apreciaríamos coma o asteroide ten un comportamento raro, xa que non orbita libremente ó redor do Sol senón que interacciona có noso planeta.

Descubrimento

Cruithne foi descuberto por Duncan Waldron o 10 de outubro do 1986 sobre unha placa fotográfica tomada polo telescopio UK Schmidt do Siding Spring Observatory en Coonabarabran (Australia). A aparición no 1983 de 1983 UH foi atribuída a Giovanni de Sanctis e Richard M. West do European Southern Observatory en Chile. Pero non foi ata 1997 cando a súa rara orbita foi determinada por Paul Wiegert e Kimmo Innanen, da Universidade de York (en Toronto, Canadá) e por Seppo Mikkola, da Universidade de Turku (en Finlandia).

O nome Cruithne procede do primeiro líder dos pictos (ou pritenos), un pobo que viviu en Escocia e Irlanda entre os anos 800 a. C. e 1000 d. C.

Dimensións e órbita

Cruithne ten 5 kms de diámetro, e na súa aproximación máxima á Terra aproximase a tan só 12 millóns de km (30 veces a distancia entre a Terra e a Lúa). Aínda que a órbita de Cruithne non é estable a longo prazo, os cálculos de Wiegart e Innanen infiren que seguirá conectado á Terra durante moito tempo. Cruithne non é visible sen aparatos en ningún punto da súa órbita.

Cruithne ten unha órbita elíptica ó redor do Sol, que é deformada pola atracción da Terra. En realidade non orbita á Terra, e polo tanto non é un satélite do noso planeta (móvese entre as órbitas de Mercurio e por fóra da de Marte, á parte de atravesar cada ciclo a da Terra). Pensouse ó principio do seu descubrimento que orbitaba a Terra pois a súa rara órbita ten o mesmo período có da translación da Terra. Actualmente é algo menos, o que fai que se adiante a súa órbita e que pareza non pechada, aínda que no 2292 cambiará de ciclo, e comezara a xirar atrasándose, polo que o seu período entón será algo maior que un ano.

Esta órbita descrita semella dende a Terra a dunha ferrada ou un ril a cada translación, e os seus ciclos de cambio de período son 387 anos. Así pois, en xullo de 2289, Cruithne aproximarase á Terra a uns 12,5 millóns de kms, como xa sucedeu no 1902.

Planetas menores semellantes

Doutros tres asteroides próximos á Terra (AsPT), 54509-2000 PH5, 85770-1998 UP1 e 2002 AA29, descubriuse que teñen orbitas semellantes á de Cruithne.

Hai outros exemplos de obxectos naturais que describen orbitas semellantes ás de Cruithne coma Xano e Epimeteo, que son satélites de Saturno. Estas órbitas son moito máis sinxelas, pero en esencia son semellantes e seguen os mesmos principios.

Marte ten un asteroide co-orbital, (5261) Eureka, e Xúpiter moitos outros (máis de 1000 obxectos coñecidos coma asteroides troianos). Tamén hai outras pequenas lúas co-orbitais no sistema de Saturno: Telesto e Calipso con Tethys, e Helene e Polideuco con Dione. En cambio, ningún deles segue unha traxectoria con forma de ferrada.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  • Astro.UWO.ca (páxina de Paul Wiegert sobre Cruithne, con animacións).
  • BurtleBurtle.net (animacións baseadas en Java applet, que amosan a órbita do asteroide Cruithne).
  • OrbitSimulator.com (simulación da órbita de Cruithne, con animación).
  • Space.com («¿Máis lúas ó redor da Terra?» declara erroneamente que o asteroide Cruithne orbita ó redor da Terra).