Acueduto de les Ferreres: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 26: Liña 26:
* [[Circo romano de Tarraco]]
* [[Circo romano de Tarraco]]
* [[Anfiteatro de Tarraco]]
* [[Anfiteatro de Tarraco]]
* [[Acueduto de les Ferreres]]
* [[Cemiterio paleocristiano de Tarragona]]
* [[Arco de Berà]]
* [[Arco de Berà]]
* [[Muralla de Tarragona]]
* [[Muralla de Tarragona]]

Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2016 ás 14:09

Conxunto arqueolóxico de Tarraco
Acueduto romano de Les Ferreres ou Pont del Diable, que fornecía auga a Tarraco dende a época de Augusto.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísCataluña, España
Localización41°08′44″N 1°14′38″L / 41.14556, -1.24389 Tarragona
Criteriosii, iii
Inscrición2000
Identificador875rev
Vista esquemática do Acueduto de les Ferreres.

O Acueduto de les Ferreres (en catalán: Aqüeducte de les Ferreres), en ocasións denominado tamén de Pont del Diable (Ponte do Diaño), é unha arcada romana que forma parte do acueduto que fernecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco (Tarragona), dende unha distancia de 25 quilómetros. A arcada está situada nos arredores da cidade de Tarragona, (Cataluña, España) que foi designada «Patrimonio da Humanidade» pola Unesco, grazas a que é un dos monumentos da época romana que se conservan en extraordinario bo estado.

Historia

O acueduto foi construído no século I a.C. por Augusto e fornecía auga dende o río Francolí á cidade de Tarraco, capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis que abarcaba, na súa época de máximo esplendor, dúas terceiras partes da península ibérica (incluíndo nalgunhas épocas á Gallaecia). Utilizouse até ben entrado o século XVIII.

Características

Situado a 4 quilómetros ao norte da cidade. Mide 217 metros de longo e 27 metros de altura máxima. Ten dous niveis con arcos superpostos e construído en obra de perpiaños unidos en seco. Distan 40 centímetros de desnivel desde a súa parte norte á parte sur, o que facilitaba o discorrer da auga até a vila.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas