Airas Nunes: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 31: Liña 31:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* TAVANI, G., ''Le poesie di Ayras Nunez'', Milán, UgoMerendi Editore, 1964.
* TAVANI, Giuseppe, ''Le poesie di Ayras Nunez'', Milán, UgoMerendi Editore, 1964.
* TAVANI, Giuseppe, ''A poesía de Airas Nunez'', Vigo, Editorial Galaxia, 1992.
* NETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416
* NETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416



Revisión como estaba o 5 de febreiro de 2016 ás 17:37

Airas Nunes ou Ayras Nunez de Santiago foi un clérigo e trobador do século XIII nacido moi probablemente en Galicia.

Vida e obra

Estivo ao servizo dun bispo e máis tarde, entre 1284 e 1289, foi poeta na corte de Sancho IV de Castela. Consérvanse quince composicións súas, das cales hai sete cantigas de amor, tres cantigas de amigo, catro de escarnio, dúas bailadas e unha pastorela. Nas súas cantigas aparecen ás veces citas doutros autores, como Don Dinís, Afonso X, Johan Zorro e Nuno Fernandes Torneol.

Pénsase[1] que puido colaborar na composición das Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio, mais non se pode confirmar nin negar con rotundidade este feito. É moi coñecida a súa cantiga Bailemos nós ja todas tres, ay amigas ou Bailada das Avelaneiras, que segue unha composición de Johan Zorro, parafraseando a primeira estrofa:

Bailemos nós já todas três, ai amigas,
sô aquestas avelaneiras frolidas;
e quen for velida, como nós, velidas,
se amigo amar,
sô aquestas avelaneiras frolidas
verrá bailar.
Bailemos nós já todas três, ai irmanas,
sô aqueste ramo destas avelanas;
e quen for louçana, como nós, louçanas
se amigo amar,
sô aqueste ramo destas avelanas
verrá bailar.
Por Deus, ai amigas, mentr’al non fazemos,
sô aqueste ramo frolido bailemos;
e quen ben parecer, como nós parecemos,
se amigo amar,
sô aqueste ramo sô-l’ que nós bailemos
verrá bailar.

Notas

  1. NETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416

Véxase tamén

Bibliografía

  • TAVANI, Giuseppe, Le poesie di Ayras Nunez, Milán, UgoMerendi Editore, 1964.
  • TAVANI, Giuseppe, A poesía de Airas Nunez, Vigo, Editorial Galaxia, 1992.
  • NETTMANN, Walter, "Cantigas de Santa María, Volumen 1", Editorial Castalia, 1986. ISBN 84-7039-441-X, 9788470394416

Ligazóns externas