Célula delta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m puntuación
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Control-of-stomach-acid-sec.png|miniatura|dereita|Control da secereción ácida estomacal.]]
[[Ficheiro:Control-of-stomach-acid-sec.png|miniatura|dereita|Control da secereción ácida estomacal.]]

As '''células delta''' (células δ) ou '''células D''' <ref>MeSH D+cell [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=D+Cells]</ref> son células produtoras de [[somatostatina]], que se encontran nas paredes do [[estómago]] e [[intestino]] e nos [[illote de Langerhans|illotes de Langerhans]] do [[páncreas]].
As '''células delta''' (células δ) ou '''células D'''<ref>MeSH D+cell [http://www.nlm.nih.gov/cgi/mesh/2011/MB_cgi?mode=&term=D+Cells]</ref> son células produtoras de [[somatostatina]], que se encontran nas paredes do [[estómago]] e [[intestino]] e nos [[illote de Langerhans|illotes de Langerhans]] do [[páncreas]].

No estómago atópanse no antro e fondo. Nos roedores as células delta do páncreas están localizadas na periferia dos illotes de Langerhans, pero nos humanos a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e as células delta poden aparecer tamén na parte central do illote.

Vistas con [[microscopio electrónico]], as células delta poden identificarse como células máis pequenas e con [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] algo máis compactos ca as [[célula beta|células beta]] dos illotes. Os gránulos das células D no estómago son redondos, duns 350 nm de diámetro, cunha porción central finamente granular e densidade electrónica media <ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 655. ISBN 84-7605-361-4</ref>.
Vistas con [[microscopio electrónico]], as células delta poden identificarse como células máis pequenas e con [[gránulo (bioloxía)|gránulos]] algo máis compactos ca as [[célula beta|células beta]] dos illotes. Os gránulos das células D no estómago son redondos, duns 350 nm de diámetro, cunha porción central finamente granular e densidade electrónica media<ref>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 655. ISBN 84-7605-361-4</ref>.

As células delta conteñen receptores de colecistoquinina B ou [[CCKBR]] (que responden á [[gastrina]]), que aumentan a liberación de [[somatostatina]], e [[receptor M3|receptores M3]] (que responden á [[acetilcolina]]), que fan decrecer a liberación de somatostatina das células delta.

Revisión como estaba o 4 de febreiro de 2016 ás 15:11

Control da secereción ácida estomacal.

As células delta (células δ) ou células D[1] son células produtoras de somatostatina, que se encontran nas paredes do estómago e intestino e nos illotes de Langerhans do páncreas.

No estómago atópanse no antro e fondo. Nos roedores as células delta do páncreas están localizadas na periferia dos illotes de Langerhans, pero nos humanos a arquitectura dos illotes está xeralmente menos organizada e as células delta poden aparecer tamén na parte central do illote.

Vistas con microscopio electrónico, as células delta poden identificarse como células máis pequenas e con gránulos algo máis compactos ca as células beta dos illotes. Os gránulos das células D no estómago son redondos, duns 350 nm de diámetro, cunha porción central finamente granular e densidade electrónica media[2].

As células delta conteñen receptores de colecistoquinina B ou CCKBR (que responden á gastrina), que aumentan a liberación de somatostatina, e receptores M3 (que responden á acetilcolina), que fan decrecer a liberación de somatostatina das células delta.

O péptido intestinal vasoactivo (VIP) actúa sobre as células delta causando unha maior liberación de somatostatina.

Importancia clínica

Os tumores de células delta denomínanse "somatostatinomas".

Secreción

A hormona somatostatina producida polas células delta e por algunhas neuronas é unha hormona peptídica de efectos inhibitorios. Inhibe a liberación da hormona do crecemento, da TSH e das hormonas gastrointestinais, e das pancreáticas insulina e o glicagón, e inhibe a adenilciclase das células parietais do estómago. Contribúe a diminuír o baleiramento gástrico, e reduce o peristaltismo e fluxo sanguíneo intestinal, e a secreción exócrina pancreática.

Notas

  1. MeSH D+cell [1]
  2. D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 655. ISBN 84-7605-361-4