Xosé María Arias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 17: Liña 17:


{{ORDENAR:Arias, Xosemaria}}
{{ORDENAR:Arias, Xosemaria}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Banqueiros de Galicia]]
[[Categoría:Banqueiros de Galicia]]

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2016 ás 20:09

Xosé María Arias Mosquera, nado o 3 de decembro de 1953 en Santiago de Compostela, é un avogado, empresario e banqueiro galego, presidente do Banco Pastor e conde de Fenosa.

Traxectoria

Fillo do empresario Joaquín Arias Díaz de Rábago e sobriño de Carmela Arias, condesa de Fenosa, estudou a escola nos Maristas da Coruña e bacharelato nos Xesuítas de Vigo. Despois licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ao rematar a carreira casa e marcha a Madrid, en 1975 a prepararse para ser rexistrador da propiedade. O seu pai cae enfermo, e regresa a Galicia en 1978.

Canda o seu irmán Vicente, comeza a traballar no Banco Pastor, na asesoría xurídica (1980). En 1983 foi nomeado subdirector dos servizos xurídicos, e en 1986, incorpórase ao consello de administración como letrado asesor. En 1988, foi nomeado subdirector xeral e secretario do consello de administración. Finalmente en 1991 convértese en director xeral de Banco Pastor, e en setembro de 2001 relevou a súa tía na presidencia do Banco Pastor.

Paralelamente, convertíase en vicepresidente de Unión Fenosa e vicepresidente da Fundación Barrié, e no presidente desta última a partir do falecemento en 2009 da súa tía. Tamén é vogal do padroado da Fundación Príncipe de Asturias e da Fundación Juana de Vega.

Xosé María Arias iniciou en 2001 unha forte reestruturación do banco que se inicia co lanzamento dun primeiro plan estratéxico de 2002 a 2005 que se continúa co Plan Delta, plan estratéxico que durará ata decembro de 2008. Estudou Alta Dirección de Empresas no IESE.

Galardóns

En 2011 herdou o título nobiliario de conde de Fenosa[1].

Notas