Diferenzas entre revisións de «Roque Cameselle»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''A. Roque Cameselle Capón''', nado en [[Vigo]] en [[1981]], é un escritor e director de [[cinema]] [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Vive en [[Tui]] desde neno. Licenciado en Comunicación Audiovisual, foi profesor durante cinco anos de guión cinematográfico na Escola Superior de Cine de [[Galicia]], e Crítico de cine de ''[[Faro de Vigo]]''. Dirixiu as curtametraxes ''Memoria indesexable'' ([[1998]]), ''A moza do último'' (1998), ''[[Soldado sen fortuna]]'' ([[2001]]) e ''Amor a Mantis'' ([[2003]]).
 
No 2011 estreou no ''[[Festival Internacional del Nuevo Cine Latinoamericano de La Habana]]'' unha película de animación titulada ''[[The little Wizard. O mago Dubidoso]]'', que significou o seu debut como director de longametraxes. A obra está baseada nos primeiros capítulos da súa novela ''[[Bieito Dubidoso]]''.
 
Na actualidade, traballa como director e xefe de guionistas no desenvolvemento dunha serie de televisión de debuxos animados que se chama ''O diario de Berto''.
 
Como guionista escribiu ''Na luz freada da tarde'' ([[2001]]), ''A Gilda chamábanlle Leonor'' ([[2002]]) e ''Meu xeneral o asasino foi o mar'' (2003), traballos premiados na convocatoria da Xunta de Galicia para a escritura de guións.
Como narrador publicou o libro de relatos ''[[O Pausiñas]]'' (2001), e a [[novela]] ''[[Bieito Dubidoso]]'' (2003). Algúns dos seus relatos foron publicados en volumes colectivos. Dende [[1997]] obtivo varios premios literarios no eido da [[poesía]], do [[relato]] e da [[novela curta]].
 
== Obras ==
=== Narrativa ===
* ''O Pausiñas'', 2001, [[Editorial Galaxia|Galaxia]].
 
=== Literatura infanto-xuvenil ===
* ''Bieito Dubidoso'', 2003, [[Xerais]].
* ''O pequeno mago'', [[2013]], Xerais.
 
=== Obras colectivas ===
* ''Ata que malle en min o mencer'', [[1998]].
* ''IIº Certame de relatos curtos Os Viaductos'', 2001.
* ''A memoria de Tui'', 2002, Xerais. Con [[Carlos Díaz Martínez]].
* ''Nun edificio e catro contos máis'', 2002.
* ''Alma de beiramar'', 2003, [[Asociación de Escritores en Lingua Galega]].
 
== Filmografía como director e guionista ==
* ''Memoria Indesexable'', Curtametraxe - [[1998]].
* ''A moza do último'', Curtametraxe - [[1999]].
* ''[[Soldado sen fortuna]]'', Curtametraxe - [[2001]].
* ''Amor a Mantis'', Curtametraxe - [[2003]].
* ''O diario de Berto'', Capitulo Piloto - [[2008]].
* ''[[O pequeno mago]]'', Longametraxe - [[2013]].
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.xerais.es/cgi-bin/html_generados/aut_ilus_100005787_44.pl Ficha do autor en Xerais]
* [http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor117 Ficha do autor] na [[AELG]]
 
{{ORDENAR:Cameselle, Roque}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]
393.002

edicións

Menú de navegación