Colexio dos xesuítas de Camposancos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Coordenadas|41|53|19.1|N|8|51|3.48|W|display=title}}
{{Coordenadas|41|53|19.1|N|8|51|3.48|W|display=title}}
[[Ficheiro:Colexio dos xesuítas de Camposancos.JPG|miniatura|Colexio dos xesuítas de Camposancos, en ruínas, en 2011.]]

O '''Colexio Apóstolo Santiago''' dos [[Padres Xesuítas]], na [[A Pasaxe, Camposancos, A Guarda|Pasaxe]] ([[Camposancos, A Guarda|Camposancos]], [[A Guarda]]) hoxe en [[ruína]]s, foi xermolo das [[universidade]]s de [[Universidade de Deusto|Deusto]] e [[Universidade de Comillas|Comillas]].

Liña 15: Liña 14:

En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor anterior e pechou as aulas en 1959.
En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor anterior e pechou as aulas en 1959.
[[Ficheiro:Colexio dos xesuítas de Camposancos.JPG|miniatura|Colexio en ruínas, en 2011.]]

=== Tralo abandono ===
=== Tralo abandono ===
No ano 2007 estreouse o [[documental]] ''Memorial de Camposancos'', de José Ballesta ([[Vigo]], 1964), que conta a historia do centro.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/05/03/5772333.shtml "El Mathaussen de A Guarda tiene su propia película"] ''[[La Voz de Galicia]]'' 3/5/2007 {{Es}}.</ref><ref>[http://culturagalega.org/noticia.php?id=9382 ''A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil''] [[CCG]].</ref>
No ano 2007 estreouse o [[documental]] ''Memorial de Camposancos'', de José Ballesta de Diego ([[Vigo]], 1964), que conta a historia do centro.<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/05/03/5772333.shtml "El Mathaussen de A Guarda tiene su propia película"] ''[[La Voz de Galicia]]'' 3/5/2007 {{Es}}.</ref><ref>[http://culturagalega.org/noticia.php?id=9382 ''A Axencia Audiovisual Galega leva a Berlín un documental sobre a represión da Guerra Civil''] [[CCG]].</ref>

Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do ex-futbolista [[Valery Karpin]], para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.<ref name="CPSM"/>

Liña 27: Liña 26:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Versaleta|García Lago, Antonio}} (1998) [http://paxinasdaguarda.blogspot.com.es/2013/05/en-el-ano-1875-se-traslada-albarrio-de.html "Colegio de los Jesuitas en O Pasaxe"] en ''Crónica biográfica de Camposancos y su entorno''. ISBN 84-605-6675-7 {{Es}}.

*{{Versaleta|Laurelo Roa, Marcelino}} (1999). "[http://www.asturiasrepublicana.com/libertad15-pon5.html Campo de concentración de Camposancos]" en [http://www.cazarabet.com/lalibreria/fichas22/libertad.htm ''La libertad es un bien muy preciado. Consejos de Guerra celebrados en Gijón y Camposancos…''] ISBN 978-84-931175-0-4 {{Es}}.
*{{Versaleta|Laurelo Roa, M.}} (1999). "[http://www.asturiasrepublicana.com/libertad15-pon5.html Campo de concentración de Camposancos]" en [http://www.cazarabet.com/lalibreria/fichas22/libertad.htm ''La libertad es un bien muy preciado''] ISBN 978-84-931175-0-4 {{Es}}.

=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2016 ás 20:06

Coordenadas: 41°53′19.1″N 8°51′3.48″O / 41.888639, -8.8509667

O Colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas, na Pasaxe (Camposancos, A Guarda) hoxe en ruínas, foi xermolo das universidades de Deusto e Comillas.

Historia

Situado á beira do Río Miño, preto da desembocadura, foi fundado en 1875. Por primeira vez en España, os xesuítas intentaban instituír unha universidade privada. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdiron dúas notables institucións como a Universidade de Deusto e a Universidade Pontificia de Comillas. Entre os profesores máis destacados estivo Baltasar Merino e entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio están o político pontevedrés Manuel Portela Valladares, que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa república; José María Montenegro Soto; Ramón María Aller; Xosé Franco Montes; Antón Losada Diéguez, Javier Bugallal Pérez de Castro; Manoel de Oliveira ou Javier Ozores Pedrosa.

En 1916 os ocupantes trasládanse a Vigo e ceden as instalacións a xesuítas portugueses, procedentes dun colexio de Lisboa, porén baixo o mandato da Segunda República a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.

Campo de concentración

O recinto, convertido en hospital, empregouse, entre 1938 e 1941, durante a Guerra Civil Española e a posguerra, como campo de concentración e acolleu prisioneiros políticos e combatentes do exército republicano.[1]. Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado, en 1938, por 1 066 reos, cando a capacidade (segundo informe oficial do réxime franquista) era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el, pero oscila entre os 2 000 e os 3 000 presos.

En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor anterior e pechou as aulas en 1959.

Colexio en ruínas, en 2011.

Tralo abandono

No ano 2007 estreouse o documental Memorial de Camposancos, de José Ballesta de Diego (Vigo, 1964), que conta a historia do centro.[2][3]

Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do ex-futbolista Valery Karpin, para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.[1]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas