Willemita: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 24: Liña 24:
Se ben é un dos poucos silicatos que pertence ao [[sistema cristalino]] trigonal, a súa rede é romboédrica.
Se ben é un dos poucos silicatos que pertence ao [[sistema cristalino]] trigonal, a súa rede é romboédrica.


== Morfoloxía e formación==
== Morfoloxía e formación ==
Os cristais da willemita son fibrosos, romboédricos ou tabulares.
Os cristais da willemita son fibrosos, romboédricos ou tabulares.
É un [[silicato de cinc]] secundario relativamente común en moitos depósitos de [[zinc]] ou [[chumbo]]-zinc que conteñen ou contiveron [[blenda]]; fórmase a partir deste último mineral pola [[oxidación]] nun ambiente silíceo.
É un [[silicato de cinc]] secundario relativamente común en moitos depósitos de [[zinc]] ou [[chumbo]]-zinc que conteñen ou contiveron [[blenda]]; fórmase a partir deste último mineral pola [[oxidación]] nun ambiente silíceo.
Liña 33: Liña 33:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
=== Outros artigos ===
*[[Lista de minerais]]
* [[Lista de minerais]]
===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Willemite}}
{{commonscat|Willemite}}
*[http://www.mindat.org/min-4292.html Willemita (Mindat.org)]
* [http://www.mindat.org/min-4292.html Willemita (Mindat.org)]
*[http://webmineral.com/data/Willemite.shtml Willemite (Webmineral)]
* [http://webmineral.com/data/Willemite.shtml Willemite (Webmineral)]
*[http://www.handbookofmineralogy.org/pdfs/WILLEMITE.pdf Handbook of Mineralogy]
* [http://www.handbookofmineralogy.org/pdfs/WILLEMITE.pdf Handbook of Mineralogy]
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Minerais]]
[[Categoría:Minerais]]

Revisión como estaba o 2 de febreiro de 2016 ás 19:58

Willemita
Willemite 2 variety troostite zinc orthosilicate Franklin Sussex County New Jersey 1907.jpg
Fórmula químicaZn2(SiO4)
ClaseSilicato
SubclaseNesosilicato
Sistema cristalinoTrigonal
CorBranco, verdoso, amarelado, gris, pardo, azul-verde
BrilloGraxo, mate
Dureza5'5 (escala de Mohs)
FracturaDesigual
ExfoliaciónPerfecta segundo (1120), imperfecta segundo (0001)
RaiaBranca
Densidade4,0 g/cm3

A willemita é un mineral do grupo dos silicatos de fórmula Zn2(SiO4). A súa composición química corresponde a un 72,96% de ZnO e un 27,04% de SiO2. Como impurezas máis comúns contén aluminio, ferro, manganeso e chumbo. Foi descuberto en 1830, e denominouse así na honra do rei Guillerme I dos Países Baixos (Willem I). Ocasionalmente tamén recibe o nome de belxita.

Propiedades

Willemita e esperita baixo luz ultravioleta.

A willemita pode ter diversas cores —branca, verdosa, amarelada, gris, pardo, azul-verde— e ten brillo graxo ou mate. É un mineral fluorescente e fosforescente, de color verde brillante baixo luz ultravioleta de onda curta e raios X.

Se ben é un dos poucos silicatos que pertence ao sistema cristalino trigonal, a súa rede é romboédrica.

Morfoloxía e formación

Os cristais da willemita son fibrosos, romboédricos ou tabulares. É un silicato de cinc secundario relativamente común en moitos depósitos de zinc ou chumbo-zinc que conteñen ou contiveron blenda; fórmase a partir deste último mineral pola oxidación nun ambiente silíceo. Xeralmente está asociado á pedra calcaria, aínda que tamén aparece asociado tipicamente á cincita vermella e á franklinita.

Depósitos

Son escasos os xacementos deste mineral, podéndose destacar os de Franklin (Nova Jersey), onde aparece asociado a cincita e franklinita, e os de Arizona, ambos nos Estados Unidos. En México hai depósitos en Bolaños (Xalisco) e Batopilas (Chihuahua).

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas