Diferenzas entre revisións de «Teatro Campoamor»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
corrixo
(corrixo)
O Teatro Campoamor naceu en [[Oviedo]] como resposta a un marco para representar operas e funcións teatrais debido á incipiente burguesía económica que empezaba a aflorar na capital. Ata aquel entón as funcións representábanse no [[Teatro do Fontán]], á beira da praza do mesmo nome e que hoxe é a Biblioteca Pública ''Ramón Pérez de Ayala''.
 
Situouse nos terreos do convento de Santa Clara, detrás da rúa de Uría que fora proxectada un par de décadas anteriores. No ano [[1876]], con [[José Longoria Carbajal]] na alcaldía, preséntase o proxecto de construción do teatro, que se finalizou en [[1883]]. A proposta do escritor e entón concelleiro [[Leopoldo Alas|Leopoldo Alas "Clarín"]], foi bautizado co apelido do insigne asturiano [[Ramón de Campoamor]], o cal non puido asistir á inauguración, á que mandou ao seu irmán e como acto de agradecemento co pobo ovetense enviou mil pesetas paraa o repartorepartir entre os pobres da cidade, repartindo o concello o diñeiro entre as catro parroquias existentes a razón de 250 pesetas por cada unha.
 
O teatro inaugurouse ao público o [[17 de setembro]] de [[1892]] cunha representación da obra de [[Os Hugonotes]] de [[Giacomo Meyerbeer]]. A esta obra seguiuna [[Lucía de Lammermoor]], ópera que tamén foi presentada no I tempada de ópera de Oviedo, en 1948, e tamén se representou no 120 aniversario. Trátase da tempada de ópera máis antiga de España, só superada pola do [[Gran Teatre del Liceu|Gran Teatro do Liceo]] de [[Barcelona]].

Menú de navegación