Misantropía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
Tamén engloba unha posición de desconfianza e tendencia para antipatizar con outras persoas. Un misántropo é alguén que desconfía da [[humanidade]] dunha forma xeneralizada. O termo tamén é aplicable a todos aqueles que se tornan solitarios por causa dos sentimentos mencionados (de destacar o elevado grao de desconfianza que detén polas outras persoas en xeral).
Tamén engloba unha posición de desconfianza e tendencia para antipatizar con outras persoas. Un misántropo é alguén que desconfía da [[humanidade]] dunha forma xeneralizada. O termo tamén é aplicable a todos aqueles que se tornan solitarios por causa dos sentimentos mencionados (de destacar o elevado grao de desconfianza que detén polas outras persoas en xeral).


Non representa un desagrado por persoas concretas, senón a animadversión dos trazos compartidos por toda a humanidade. Un misántropo é, polo tanto, unha persoa que amosa antipatía cara ao home como ser humano. Pode ser lixeira ou marcada, así como pode ter características moi diferentes que van desde o inofensivo, a crítica social ou á destrución ou a autodestrución. En casos extremos, a misantropía acabou en asasinatos masivos. O asasino de polo menos 21 persoas, Carl Panzram dixo, en [[1922]], desde o cárcere de Washington DC: «''Odio a toda a ---- raza humana. Gozo matando e violando xente''».<ref>[http://edant.clarin.com/diario/2002/06/09/s-04301.htm Carl Panzram: la horrorosa vida del "peor criminal que haya existido"]</ref> Ou, por exemplo, os asasinos que realizaron tiroteos na famosa [[Masacre de Colombine|masacre do instituto de Columbine]], que citaban nos seus diarios o seu odio á raza humana, pouco antes de matar a 13 persoas e suicidarse.
Non representa un desagrado por persoas concretas, senón a animadversión dos trazos compartidos por toda a humanidade. Un misántropo é, polo tanto, unha persoa que amosa antipatía cara ao home como ser humano. Pode ser lixeira ou marcada, así como pode ter características moi diferentes que van desde o inofensivo, a crítica social ou á destrución ou a autodestrución. En casos extremos, a misantropía acabou en asasinatos masivos. O asasino de polo menos 21 persoas, Carl Panzram dixo, en [[1922]], desde o cárcere de Washington DC: «''Odio a toda a ---- raza humana. Gozo matando e violando xente''».<ref>[http://edant.clarin.com/diario/2002/06/09/s-04301.htm Carl Panzram: la horrorosa vida del "peor criminal que haya existido"]</ref> Ou, por exemplo, os asasinos que realizaron tiroteos na famosa [[Masacre de Columbine|masacre do instituto de Columbine]], que citaban nos seus diarios o seu odio á raza humana, pouco antes de matar a 13 persoas e suicidarse.


O nacemento da misantropía na literatura atribúeselle a numerosos escritores satíricos, tales como [[W. S. Gilbert|William S. Gilbert]] (''Odio aos meus conxéneres''), aínda que tales identificacións deben ser estreitamente examinadas, pois unha visión crítica ou parodia da humanidade pode ser confundida con misantropía, dado que ten formas de desagrado que non son consideradas como tal.<ref name=def>[http://www.wordiq.com/definition/Misanthropic Misanthropic - Definition (Inglés)]</ref>
O nacemento da misantropía na literatura atribúeselle a numerosos escritores satíricos, tales como [[W. S. Gilbert|William S. Gilbert]] (''Odio aos meus conxéneres''), aínda que tales identificacións deben ser estreitamente examinadas, pois unha visión crítica ou parodia da humanidade pode ser confundida con misantropía, dado que ten formas de desagrado que non son consideradas como tal.<ref name=def>[http://www.wordiq.com/definition/Misanthropic Misanthropic - Definition (Inglés)]</ref>

Revisión como estaba o 30 de xaneiro de 2016 ás 12:07

Le Misanthrope, 1719, de Moliére.

A misantropía (do grego misanthropía,[1] μίσος, «odio», e άνθρωπος, «home, ser humano») é o odio á especie humana en tanto tal pero non implica necesariamente unha actitude isolacionista ou antisocial. Hai unha distinción importante entre o pesimismo filosófico e a misantropía, así Immanuel Kant afirmou que “da natureza tortuosa da humanidade, calquera cousa recta se pode obter”. O seu antónimo é a filantropía (amor á especie humana).

Tamén engloba unha posición de desconfianza e tendencia para antipatizar con outras persoas. Un misántropo é alguén que desconfía da humanidade dunha forma xeneralizada. O termo tamén é aplicable a todos aqueles que se tornan solitarios por causa dos sentimentos mencionados (de destacar o elevado grao de desconfianza que detén polas outras persoas en xeral).

Non representa un desagrado por persoas concretas, senón a animadversión dos trazos compartidos por toda a humanidade. Un misántropo é, polo tanto, unha persoa que amosa antipatía cara ao home como ser humano. Pode ser lixeira ou marcada, así como pode ter características moi diferentes que van desde o inofensivo, a crítica social ou á destrución ou a autodestrución. En casos extremos, a misantropía acabou en asasinatos masivos. O asasino de polo menos 21 persoas, Carl Panzram dixo, en 1922, desde o cárcere de Washington DC: «Odio a toda a ---- raza humana. Gozo matando e violando xente».[2] Ou, por exemplo, os asasinos que realizaron tiroteos na famosa masacre do instituto de Columbine, que citaban nos seus diarios o seu odio á raza humana, pouco antes de matar a 13 persoas e suicidarse.

O nacemento da misantropía na literatura atribúeselle a numerosos escritores satíricos, tales como William S. Gilbert (Odio aos meus conxéneres), aínda que tales identificacións deben ser estreitamente examinadas, pois unha visión crítica ou parodia da humanidade pode ser confundida con misantropía, dado que ten formas de desagrado que non son consideradas como tal.[3]

A representación teatral clásica da misantropía atópase na comedia Le Misanthrope (en galego O misántropo) de Molière, na que Alcestes, o seu protagonista, se manifesta abertamente en contra da hipocrisía da sociedade parisina na que se sitúa a obra, hipocrisía levada ao extremo na vida e maneiras da súa amada Celimena. A misantropía de Alcestes busca no exilio voluntario da vida ermitá a solución á súa fartura da humanidade.

Pensadores misántropos

  • Arthur Schopenhauer escribiu que "a existencia humana debe ser unha especie de erro" pero tamén que a mellor actitude cara aos outros era o trato ético ao ser todos sufridores e parte da mesma vontade de vivir.
  • Pentti Linkola está considerado o misántropo vivo máis influente. Describe os humanos como un cancro para a natureza, defende o xenocidio como forma de control da poboación e o social darwinismo para promover campañas de eutanasia para eliminar a vida que non merece ser vivida, a desindustrialización da sociedade, a eliminación das grandes cidades e a volta da humanidade ao nicho ecolóxico e como forma de goberno unha ditadura dunha pequena elite educada.
  • Friedrich Wilhelm Nietzsche, coa súa filosofía do Übermensch, mostra un desprezo cara ao humano, incitando a este a superarse a el mesmo e ser un suprahome. Como exemplo, pódese citar o seguinte.
"Que é o mono para o home? Unha irrisión ou unha vergonza dolorosa. E xusto iso é o que o home debe ser para o superhome: unha irrisión ou unha vergonza dolorosa."
Also sprach Zarathustra, Friedrich Nietzsche[4]

Notas

  1. "Priberam.pt". 
  2. Carl Panzram: la horrorosa vida del "peor criminal que haya existido"
  3. Misanthropic - Definition (Inglés)
  4. Nietzsche, Friedrich (1883 - 1885). "Zarathustra's Vorrede". Also sprach Zarathustra. Ein Buch für Alle und Keinen. ISBN 978-3-9384-8421-0. 

Véxase tamén