Porta de Alcalá: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Tradución da wikipedia en castelán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 16: Liña 16:
== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat}}
* [http://www.monumentamadrid.es/AM_Edificios3/AM_Edificios3_WEB/index.htm#ingra:inmana.40416 Ficha do monumento na páxina do Concello de Madrid] {{es}}
* [http://www.monumentamadrid.es/AM_Edificios3/AM_Edificios3_WEB/index.htm#ingra:inmana.40416 Ficha do monumento na páxina do Concello de Madrid] {{es}}



Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2016 ás 15:13

Porta de Alcalá
Vista nocturna

A Porta de Alcalá (en castelán: Puerta de Alcalá) é unha das cinco antigas portas reais que daban acceso á cidade de Madrid.

Atópase situada no centro da rotonda da Plaza de la Independencia, no cruzamento das rúas de Alcalá, Alfonso XII, Serrano e Salustiano Olózaga, xunto ás portas do Retiro: Porta de España, Porta da Independencia (entrada principal aos xardíns do Retiro) e Porta de Hernani.

Historia e características

A porta daba acceso a aqueles viaxeiros que entraban antiguamente á poboación desde Francia, Aragón ou Cataluña. Na actualidade é unha porta monumental que se atopa situada xunto á Fonte de Cibeles e o Parque do Retiro. Foi construída por mandato de Carlos III en sustitución doutra porta anterior que existía xa desde o século XVI. O deseño e obra pertence ao arquitecto italiano Francesco Sabatini. Competiron con Sabatini outros proxectos por parte de arquitectos españois: Ventura Rodríguez e de José de Hermosilla, sendo finalmente elixido personalmente polo Rei o deseño de Sabatini.

Trátase dunha porta de estilo neoclásico e aspecto monumental similar aos Arcos de Triunfos romanos, se erigió mirando o seu exterior a oriente no ano 1778. A porta foi posteriormente restaurada en cinco ocasións en máis de dous séculos de existencia, sendo a última a finais do século XX. A orixinalidade da súa fábrica consiste en ser o primeiro arco de triunfo construído en Europa trala caída do Imperio romano, sendo precursor doutros como o Arco do Triunfo de París e a Porta de Brandeburgo en Berlín.

Sufriu desde os seus comezos diversas transformacións urbanísticas na súa contorna, pasando de ser a fronteira exterior de Madrid a un centro turístico de obrigado paso que aparece inserida case no medio da mesma cidade. Este cambio debeuse ao ensanche do século XIX ao longo do barrio de Serrano e a prolongación da rúa de Alcalá. Finalmente é desde 1976 considerado polo Estado Español como un Monumento Histórico-Artístico, estendendo a súa categoría á mesma Plaza de la Independencia.

A porta xa desde a súa ubicación final foi adquirindo desde finais do século XVIII relevancia no pobo madrileño, e a finais do século XIX era xa un dos seus iconos máis característicos que aparece en numerosas ilustracións da cidade. Ao ser un dos monumentos máis representativos, na súa dobre condición de mirada cara ao interior da cidade e ao exterior da mesma. a Porta de Alcalá serviu como soporte para todo tipo de manifestacións políticas e artísticas e nas súas inmediaciones producíronse numerosos feitos históricos.

Véxase tamén

Ligazóns externas