Turquía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
+ control de autoridades
Liña 169: Liña 169:
{{Europa}}
{{Europa}}
{{Países e territorios do mar Mediterráneo}}
{{Países e territorios do mar Mediterráneo}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Países de Europa]]
[[Categoría:Países de Europa]]

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2016 ás 14:25

Modelo:País

A República de Turquía (Türkiye Cumhuriyeti), ou simplemente Turquía (Türkiye) é un estado situada entre Asia (95 % do seu territorio) e Europa (5 % do seu territorio).

A península de Anatolia entre o mar Negro e o mar Mediterráneo forma o «corazón» do país. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental[1].

Debido á súa posición estratéxica, no medio do camiño entre Europa e Asia, así como ter tres Mares, Turquía foi un cruzamento histórico entre as culturas e civilizacións orientais e occidentais. Foi berce de varias civilizacións e o lugar no que se produciron moitas batallas no transcurso da historia.

Turquía é unha república democrática, secular e constitucional, cuxo sistema político foi estabelecido en 1923 baixo o liderado de Mustafa Kemal Atatürk, trala caída do Imperio Otomán após a Primeira Guerra Mundial. Dende aquela, Turquía integrouse cada vez máis con Occidente a través da afiliación a organizacións como o Consello de Europa (1949), a OTAN (1952), a OCDE (1961), a OSCE (1973) ou o Grupo dos 20 (1999). Turquía comezou as negociacións para a adhesión plena na Unión Europea no 2005, despois de ter sido membro asociado dende 1963, presentar a súa candidatura no 1987, e estando en vigor un acordo alfandegueiro dende o 1 de xaneiro do 1996. Tamén Turquía seguiu fomentando estreitas relaciones políticas e económicas co mundo oriental, especialmente cos estados de Oriente Medio, Asia Central ou Asia Oriental.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Turquía.

Turquía é un Estado transcontinental de Eurasia. A Turquía asiática, que se corresponde con a península de Anatolia, e que inclúe o 97 % da superficie do país, está separada da Turquía europea polo mar de Mármara e os estreitos do Bósforo e Dardanelos, que en conxunto ligan maritimamente o mar Negro e máis o mar Mediterráneo. A Turquía europea, que corresponde á Tracia e a Rumelia orientais sa Península Balcánica, só representan o 3% da superficie total do país.[2]

O territorio turco ten máis de 1.600 km de lonxitude, de leste a oeste, e 800 km de norte a sur. A superficie de Turquía, incluíndo a dos lagos, é de 783.562 km², bastante máis de unha vez e media a de España, dos cales só 23.764 km² están en Europa (unha área inferior á de Galicia).[3] Turquía é o 37º país máis grande do mundo, cunha superficie similar á suma das superficies do Reino Unido e de Francia.

Xeografía física

A Turquía europea, no seu noroeste, conforma a Tracia Oriental, e ten fronteiras con Grecia e Bulgaria. A Turquía asiática ou Anatolia—tamén denominada Ásia Menor—está formada por un planalto central (Planalto de Anatolia). Os Montes Pónticos (Köroğlu) separan este altiplano da estreita faixa costeira do mar Negro polo norte; mentres os Montes Tauros ao sur formsn un murallón fronte a faixa costeira mediterránea. O leste do país é máis montañoso aínda, unión do Anti-Tauro e o Cáucaso, e conforma un dispersor de diversos ríos que se estenden polo Oriente Próximo, tales o río Eufrates e o río Tigris. Sitúanse aí o Lago Van e o Monte Ararat, a elevación máxima do país con 5.165 msnm.[4]

Hidrografía

O gran río da península anatólica é o río Kizil Irmak ou "río vermello" en turco (Halys da antigüidade), que corre de sur a norte. Xunto con o seu afluente, o río Delidje Su, drena boa parte do país, pero os seus vales son profundos e angostos. No leste o río Tigris, que forma unha enorme curva oeste-leste desde o seu nacemento aos pés do Ararat, drena a parte oriental, xunto con o río Eufrates, de menor curso en territorio turco.

Son numerosos os lagos, en especial na ancha banda percorrida polos Montes Taurus, conformados por materiais calcarios, que orixinan unha paisaxe cárstica, na que os lagos en superficie ou subterráneos xogan o seu papel. Na mesma Anatolia, co cha cheo de material salino en partes, formouse no centro un grande lago salgado, o Tuz-ghela, con cerca de 1.700 km², o segundo en área do país tras o Van.

Xeoloxía

O relevo variado de Turquía é resultado de diversos movementos terrestres complexos que formaron a rexión ao longo de millóns de anos e que aínda producen sismos e erupcións volcánicas. O Bósforo e os Dardanelos formáronse polas fallas xeolóxicas que fendían Turquía e que permitiron a creación do Mar Negro. Outra falla que cruza o norte do país, de oeste a leste, causou o terremoto de 1999.[5]

Clima

En conformidade ás diferenzas do relevo, o clima turco é moi variado. As áreas costeiras do oeste e sur de Turquía teñen un clima mediterráneo, con veráns secos, e invernos moderadamente húmidos. Na costa do Mar Negro os veráns son frescos e as precipitacións repártense ao longo de todo o ano. As condicións son máis extremas no interior árido e elevado. As montañas próximas á costa impiden que as influencias mediterráneas se estendan ao centro, polo que o planalto anatólico central ten un clima continental, con invernos severos e veráns moi cálidos; no altiplano de Capadocia, o Erdjaz Dag, con 3.916 m ten neves perpetuas. A precipitación mediana é de 400 mm; máis con diferenzas rexionais que dependen da altitude. As rexións máis secas son a chaira de Konya e a de Malatya.

División rexional

Mapa de Turquía coa división rexional.

Xeograficamente, Turquía divídese en sete rexións:

O monte Ararat

Historia

Artigo principal: Historia de Turquía.

A República de Turquía foi fundada en 1923 por Mustafa Kemal Atatürk tralo derrubamento do Imperio Otomán ó final da Primeira Guerra Mundial.

Goberno e política

Turquía é unha república parlamentaria e a Constitución dispón que é un estado democrático, laico, social e de dereito. O poder lexislativo reside na Grande Asemblea Nacional de Turquía, composta por 550 deputados elixidos para unha lexislatura de cinco anos cos votos dos cidadáns turcos maiores de 18 anos.

Organización político-administrativa

Artigo principal: Subdivisións de Turquía.

Turquía é un Estado unitario que se divide administrativamente en 81 provincias (iller, singular il), á fronte de cada unha atópase un gobernador (vali) designado polo Goberno central. As provincias divídense en distritos (ilçeler, singular ilçe) e comunas, que poden estabelecer impostos e exercer outras competencias. A capital provincial (xeralmente chamada distrito (ilçe) central) leva xeralmente o nome da provincia. Só non ocorre isto nas provincias de Hatay (capital: Antioquía), Kocaeli (capital: İzmit), e Sakarya (capital: Adapazarı).

Tamén se divide en sete rexións o estado, mais estas non teñen competencias administrativas e só se empregan en estatísticas.

Cidades

A capital de Turquía é Ancara, mais a capital histórica é Estambul (antiga Constantinopla), que é ao mesmo tempo o centro financeiro, económico e cultural do país. Outras cidades importantes son Esmirna, Bursa, Adana, Trebisonda, Malatya, Gaziantep, Erzurum, Kayseri, İzmit (Kocaeli), Konya, Mersin, Eskişehir, Diyarbakır, Antalya e Samsun. Aproximadamente o 68 % da poboación de Turquía vive en centros urbanos. En total, 12 cidades teñen poboacións que exceden os 500.000 hab. e 48 cidades teñen máis de 100.000 hab.

Principais cidades (poboación do 2009):

Economía

Artigo principal: Economía de Turquía.

Galería de imaxes

Notas

  1. Sabancı University (2005). "Geography of Turkey" (en inglés). Sabancı University. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  2. Turkish Odyssey: Turkey(en inglés)
  3. US Library of Congress. "Geography of Turkey". US Library of Congress. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  4. NASA - Earth Observatory (2001). "Mount Ararat (Ağrı Dağı), Turkey". NASA. Consultado o 21 de setembro de 2009. 
  5. "Brief Seismic History of Turkey". University of South California, Department of Civil Engineering. Consultado o 21 de setembro de 2009. 

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas