Riós: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m robot Añadido: es:Riós (Orense)
Sen resumo de edición
Liña 98: Liña 98:


Unha toponimia semellante podemos atopala, dentro do mesmo Concello de O Riós, na parroquia de Rubiós. Seguramente serán necesarias posteriores investigacións para elucidar a peculiar toponimia de Riós.
Unha toponimia semellante podemos atopala, dentro do mesmo Concello de O Riós, na parroquia de Rubiós. Seguramente serán necesarias posteriores investigacións para elucidar a peculiar toponimia de Riós.

== Heráldica ==

O escudo actual do concello data do 14 de xullo de 2000, emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia a proposta do propio concello, segundo o que se recollen tres alusións representativas da realidade -ou peculiaridade- física e do propio pasado histórico das terras que hoxe o conforman. Así as ondas azuis, que evocan o topónimo de Riós, e o castiñeiro ó natural, que é a especie arbórea predominante dentro do termo municipal, no que a riqueza forestal é por outra banda moi importante. A inclusión da consabida cadea dos Zúñiga, disposta en orla, permite perpetua-lo recordo -como xa o fixeron outros concellos da contorna- da súa vinculación histórica á gran Casa de Monterrei, circunstancia que, neste caso, adquire unha significación máis especial, posto que aquí poden localizarse os núcleos orixinarios dos seus extensos patrimonios galegos.


== Festividades e monumentos ==
== Festividades e monumentos ==

Revisión como estaba o 26 de maio de 2007 ás 19:56


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Riós
Situación
Xentilicio[1]Riense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Verín
Poboación2.088 hab.[2][3]
Área114.44Riós km²[3]
DensidadeErro de expresión: Descoñécese a palabra "ri". hab./km²
Entidades de poboación-[4]
Política (2003)
AlcaldeFrancisco A. Veiga Romero (PP)
Concelleiros


Outros: -
{{{eleccións}}}
Uso do galego[5] (2001)
Galegofalantes%
Na rede
-
editar datos en Wikidata ]

Riós é un concello da provincia de Ourense. Está situado no sureste desta provincia. Aínda que o seu territorio é bastante extenso (uns 112 quilómetros cadrados), conta cunha poboación moi baixa: apenas 2.097 personas segundo o censo do ano 2004 (2.132 en 2002). Sen embargo, esta poboación está moi avellentada por mor dunha intensa emigración cara a Alemaña Francia,Suiza, Brasil e Arxentina e cara a Madrid, Bilbao, Barcelona e Vigo en España. A densidade da poboación é moi baixa (de feito, linda cos territorios máis despoboados de Galicia) e a poboación está en retroceso. A poboación atópase dispersa ó longo do seu vasto territorio en pequenas aldeas e lugares, que oscilan entre os trinta e os cinco veciños. Só a aldea de Riós é un pouco máis grande.

Historia

Os primeiros poboadores do territorio do actual concello de Riós (tamén coñecido nas fontes como O Riós, Orriós ou País de o Riós), foron os interamnios, que pertencían ó conxunto dos pobos interamnenses, termo que alude á presenza de ríos que "intermedian", con abundantes troitas e anguías. Este pobo é un dos que figuran na inscrición da ponte romana de Chaves xunto cos tamaganos, bibalos e límicos, todos eles extendidos pola zona meridional de Galicia. Desde o medievo a vila foi lugar de paso dunha vía de peregrinación xacobea importante, a Ruta da Prata, que penetraba desde o reino de Castela ata Santiago de Compostela. Durante o Antigo Réxime as parroquias que integran o actual concello do Riós integráronse na xurisdicción de Souto Bermudo, señorío do conde de Monterrei. A proclamación da Constitución española de 1812 supuxo a abolición do réxime señorial e a súa substitución por unha administración municipal do territorio. Daquela produciuse a creación dos concellos de Riós e Castrelo. En 1823 Fernando VII derogou a Constitución, o que supuxo a supresión destes concellos e a restuaración do réxime señorial. A definitiva recuperación da municipalidade prodúxose en 1835 cando xurdiu o concello de Riós, que abarca Riós e Castrelo.

Xeografía

Trátase dun concello montañoso con altitudes que van dende uns 700 ata uns 975 metros aproximadamente sobre o nivel do mar. Linda coa Serra das Penas Libres ó sur, que se adentra en Portugal, e coa Serra Seca ó norte. O seu relevo está sucado por numerosos ríos de pouco caudal que desembocan no río Mente (pertencente a conca do Douro).

O clima é montañoso de tipo entre oceánico e mediterráneo, con invernos moi fríos e longos e veráns moi quentes e secos. Consíderase como clima mediterráneo de montaña.

Aparte das especies propias da zona meridional de Galicia no concello existen varias especies de flora e fauna particularmente escasas:

flora: Aciñeira (Quercus ilex ssp. rotundifolia), Escornacabras (Pistacia terebinthus), Arce de Montpelier (Acer monspessulanum) Fauna: Abelleiro (Merops apiaster), Andoriña dáurica (Hirundo daurica), Carraca (Coracias garrulus), Salamanquesa común (Tarentola mauritanica).

Organización territorial

Malia ser lugar de paso obrigado dende tempos históricos, o interior do Concello está mal comunicado a través de pistas, unhas veces asfaltadas, outras simplemente abertas no monte. Dise que preto da aldea de Trasestrada pasaba unha calzada romana. Seguramente facíao pola próxima aldea de As Vendas da Barreira, lugar polo que trascorren actualmente a N-525 e a autovía A-52, vías de entrada a Galicia sur. O nome de As Vendas alude probablemente á parada de postas que existía cando polo lugar pasaba o camiño real.

Economicamente e administrativamente, O Riós sempre dependeu do Concello de Verín (dista apenas uns 20 quilómetros) e, en menor medida, de A Gudiña (tamén a uns 20 quilómetros), onde para o tren (non o fai en Verín). Xa dende a Idade Media, Riós formaba parte da xurisdición de Souto Bermudo no señorío de Monterrei (Verín).

Malia limitar con Portugal, apenas existe constancia de intercambio cos territorios portugueses próximos, seguramente debido a que a fronteira, nestes lugares, é bastante abrupta e chea de cavorcos. Deberon existir tales intercambios e mesmo trasegos de poboación, mais o único que pervive na memoria dos paisanos é o abondoso contrabando que se facía polos carrouchos raianos de acabalo de burros e asnos. Tradicionalmente consistía, segundo os relatos orais, en alixos de café, sucre, teas, gando (vacún, bovino e cabalar), etc. Logo da Guerra Civil, ampliouse a materias tan escasas daquela como o pan, a fariña, o cemento ou o plástico en obleas.

Base económica

Tradicionalmente foi un territorio agrícola e gandeiro, dependente do Val de Verín (ó que os lugareños se refiren aínda hoxe coma o "Valle").

As súas principais producións eran a pataca, o millo, a castaña (son abondosos os castiñeiros e a castaña da zona é merecidamente famosa), a forraxe para pastos e, en menor medida, o trigo e a cebada. Nas beiras dos ríos Lamas e Mente, cultivábase o liño, cuxa produción decaeu ata desaparecer na década dos anos 1950. Modernamente, introduciuse a recolleita de cogumelos.

A gandeiría tradicional tamén era practicada, destacando a cabaña bovina, porcina e aviar e, en menor medida, a cabalar, a bovina e a caprina. As vacas e bois eran, como en toda Galicia, aproveitados como forza de traballo, para a produción de carne e secundariamente de leite e manteiga. O porco era e segue sendo a base da alimentación humana. As ovellas tiveron unha forte presenza nos montes do Riós, principalmente coma explotación cárnica e, en menor contía, lanar. Entre os anos 1950 e os primeiros anos 1960, esta cabaña foi eliminada e desapareceu. Si continou a crianza de cabuxas especialmente polo seu leite (o leite de vaca só foi abondoso e barato a partir dos anos 1970) e pola carne dos cabuxiños. Habitualmente, una familia de labregos no Riós posuía, a partir da redención dos foros en 1929, de tres ou catro vacas, unha ou dúas cabuxas, galiñas e polos, un ou dous porcos e media ducia de coellos.

Nos últimos anos, polo despoboamento e polo avenllentamento, a agricultura e a gandaría atópanse en notable retroceso. As explotacións, coma en moitos outros lugares, tecnificáronse aínda que debido ó seu tamaño (por debaixo da media galega) dificulta a súa rendabilidade a longo prazo.

Existen algunhas explotacións leiteiras pero o seu pequeno tamaño non lles agoira demasiado futuro de continuar as condicións actuais. Deste modo, unha gran parte da actividade económica de O Riós recae actualmente na recolleita da castaña. De feito, na aldea da Trasestrada, no lugar de A Igrexa, existe un Centro de Interpretación da Castaña, financiado pola Unión Europea. Sen embargo, o cultivo da castaña viuse nos últimos anos afectado por diversas pragas que dezmaron a poboación de castiñeiros. Ademais, moitas destas árbores son verdadeiramente centenarias (algunhas delas seguramente milenarias) e só na época recente se realizaron plantacións de castiñeiros que poidan suplantar as árbores que previsiblemente irán morrendo a medio prazo.

Tamén se observa un lixeiro aumento das actividades apícolas e da recolección de cogumelos mentres as leiras tradicionais de millo (acosadas polo xabarín), de patacas (só sementadas para o autoconsumo) e de trigo (cuxa explotación non puido ser mecanizada polo abrupto do terreo) están sendo deixadas a poula. Algunhas plantacións de eucaliptos e sobre todo de choupos, nos lameiros ó pé dos ríos, apareceron nos últimos anos. Asemade, o prezo medio das terras caeu en picado e moitos dos seus donos téñenas abandonadas ou arrendadas ós poucos que aínda continúan os antigos xeitos de labranza.

Aínda que o concello foi repoboado con piñeiros polo ICONA durante a década dos anos 1950, non parece que o sector forestal vai acadar un importante desenvolvemento nos vindeiros anos. É preocupante a introdución de eucaliptos cuxos rendementos forestais son menores ós do piñeiro por mor da altitude e das xeadas invernais. Tamén se introduciu o choupo. Non obstante, a caída no prezo desta madeira non agoira beneficios para quen os sementou.

Etimoloxía da súa toponimia

O curioso nome do Concello non ten unha explicación clara. En principio, a maioría dos autores pensa que se trata dunha alteración do nome orixinal (Ríos) por influenza do plural das palabras rematadas en -ón, que nesta zona faise en -ós: camión, *camiós; pantalón, pantalós. Sen embargo isto remitiríanos a unha hipotética denominación *Rión (ou *Rióm) desaparecida e que ninguén sabe explicar. Outros, en cambio, consideran que a orixe do nome, remite á toponimia latina. Os latinos denominaron a esta zona "Entre-Os-Ríos" (interanerenses ou interámnicos son denominación utilizadas en distintas épocas históricas), debido á abundancia de regatos e fontes. O cambio na acentuación produciríase máis tarde por motivos non aclarados aínda. Porén, a delimitación da zona chamada polos textos latinos Entre-Os-Riós resulta dificultosa. Cerca da parroquia de Castrelo de Abaixo aínda se atopa un lugar chamado Trambolosríos, no que se xuntan os ríos Mente e Arzoá, aínda que non está claro que sexa o mesmo lugar da época romana.

Unha toponimia semellante podemos atopala, dentro do mesmo Concello de O Riós, na parroquia de Rubiós. Seguramente serán necesarias posteriores investigacións para elucidar a peculiar toponimia de Riós.

Heráldica

O escudo actual do concello data do 14 de xullo de 2000, emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia a proposta do propio concello, segundo o que se recollen tres alusións representativas da realidade -ou peculiaridade- física e do propio pasado histórico das terras que hoxe o conforman. Así as ondas azuis, que evocan o topónimo de Riós, e o castiñeiro ó natural, que é a especie arbórea predominante dentro do termo municipal, no que a riqueza forestal é por outra banda moi importante. A inclusión da consabida cadea dos Zúñiga, disposta en orla, permite perpetua-lo recordo -como xa o fixeron outros concellos da contorna- da súa vinculación histórica á gran Casa de Monterrei, circunstancia que, neste caso, adquire unha significación máis especial, posto que aquí poden localizarse os núcleos orixinarios dos seus extensos patrimonios galegos.

Festividades e monumentos

A festividade máis importante do Concello de Riós é o 15 de agosto. Celébrase na igrexa de Santa María de Riós, barroca do século XVIII. Outra construcción, tamén barroca, que merece ser visitada é a Igrexa de Trasestrada. Algúns castros están repartidos polo territorio aínda que case ningún está en condicións de ser visitado con facilidade.

No pobo de A Silva consérvase un antigo muíño de agua, recentemente restaurado e habilitado para o turismo.

Non obstante, o máis interesante da zona é o seu inmenso bosque de frondosas, carballos, castiñeiros e piñeiros que ocupa a meirande parte da superficie do Concello, así como os seus vales e paisaxes naturais que na zona lindante de Portugal teñen a categoría de Parque Natural.

Datos

Superficie: 112 quilómetros cadrados

Poboación: 2.132 persoas (2002)

Densidade de poboación: 19 habitantes por quilómetros cadrados (aprox., 2002)

Xentilicio (véxase no Galizionario) : Riense

Parroquias: O Riós, Castrelo de Abaixo, Castrelo de Cima, O Navallo, Progo, Rubiós, Trasestrada e A Trepa.

Entidades de poboación: 35


Distancia á cidade de Ourense:

dende As Ventas da Barreira: 85 quilómetros
dende O Riós: 87 quilómetros
Evolución da poboación de Riós   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.664 4.966 5.169 5.008 2.097
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Riós

Castrelo de Abaixo (Santa María) | Castrelo de Cima (Santa María) | Fumaces e A Trepa (Santa María) | O Navallo (San Vicente) | Progo (San Miguel) | Riós (Santa María) | Rubiós (San Pedro) | Trasestrada (Santo Estevo)


Véxase tamén

Modelo:VéxaseGalicia

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Riós".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google