Sarrià: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 6 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3043699
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14: Liña 14:
[[Categoría:Barrios de Barcelona]]
[[Categoría:Barrios de Barcelona]]
[[Categoría:Sarrià-Sant Gervasi]]
[[Categoría:Sarrià-Sant Gervasi]]
[[Categoría:Concellos desaparecidos da provincia de Barcelona]]

Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2016 ás 17:40

A antiga Casa da Vila de Sarrià

Sarrià é un barrio do distrito de Sarrià-Sant Gervasi da cidade de Barcelona. Sarrià foi a vila principal do antigo municipio de Sarrià que ademais da vila de Sarrià incluía o sector de Pedralbes e les Tres Torres pero que furon urbanizados moito máis tarde que o pobo de Sarrià. Finalmente, en 1921 foi o último dos pobos circundantes a Barcelona en ser anexionado. Os primeiros datos por escrito que se conservan da vila son do século X.

Algúns sectores de Sarrià son: Sarrià Vell, Santa Amèlia, Can Ponsic-Caputxins, Sagrat Cor-Can Caralleu e Can Pomaret-Peu del Funicular. Inicialmente o pobo foi unha zona dedicada ao sector agrícola, especialmente vinícola pero máis tarde atraeu a familias acomodadas.

A Plaça de Sarrià

Destaca a igrexa de Sant Vicenç de Sarrià e dous colexios, o das Teresianas, de estilo modernista e de Sant Ignasi-Sarriá, de estilo neogótico inglés, da Compañía de Jesús. A igrexa de Sarrià, da que existen documentos que acreditan a súa existencia desde o ano 980, está dedicada a San Vicente e foi reedificada en 1379. En 1781 o mestre Josep Mas construíu o edificio actual de estilo neoclásico. A praza de Sarrià, situada diante da igrexa, foi o cemiterio do pobo ata 1850.

En 1858 comunicouse o pobo con Barcelona a través do tren de Sarrià, actualmente unha liña dos Ferrocarrils de la Generalitat.