Xasmín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Ornamentais" pola categoría "Plantas ornamentais"; cambios estética
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 57: Liña 57:
* [[USDA]], ARS, National Genetic Resources Program. GRIN.
* [[USDA]], ARS, National Genetic Resources Program. GRIN.
National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?20668 (8 de abril de 2009)
National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?20668 (8 de abril de 2009)
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Jasminum|officinale]]
[[Categoría:Jasminum|officinale]]

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2016 ás 00:30

Xasmín común
Clasificación científica
Reino: Plantae
(sen clasif.) Angiosperms
(sen clasif.): Eudicots
Subclase: Asteridae
(sen clasif.): Asterids
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Xénero: 'Jasminum'
L.
Especie: J. official
Nome binomial
'Jasminum officinale'
L. 1753

O xasmín (Jasminum officinale) é unha especie fanerógama rubideira do xénero Jasminum, da familia das oleáceas. Cultivada en Galiza coma ornamental gateadora polo recendo das súas flores.

Descrición

Presenta unha raíz adventicia; é un arbusto con follas lineais lanceoladas de bordo enteiro, penninervadas. A inflorescencia é una cima bípara dicasia, con flores de ovario ínfero e presentan aceites esenciais. O froito é unha cápsula. Son hermafroditas, e se propaga vexetativamente.

Usos

Emprégase como ornamental, tanto polo recendo das súas flores, como por ser rubideira, co que adoita abeirarse contra muros ou deixar gatear por pérgolas e parras.

Ademais é utilizado para fragrancia polo agradábel recendo que botan as súas flores, semellantes ao cheiro das gardenias e das flores dos cítricos.

Propiedades medicinais

O xasmín é empregado como pectoral, tónico, adstrinxente, sedante nervioso, vulnerario.[1]

O aceite esencial é moi utilizado en cosmética e perfumaría.

O froito é narcótico.

Taxonomía

Jasminum officinale foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 7. 1753.[2]

Etimoloxía

Jasminum: nome latino destas plantas. Podería derivar do persiano yasamin ou do árabe yasmin.[3]

officinale: epíteto latino que significa "utilizada coma herba medicinal".[4]

Sinonimia
  • Jasminum affine Royle ex Lindl.
  • Jasminum viminale Salisb.
  • Jasminum vulgatius Lam.[5][6]

Notas

  1. En Plantas Ütiles
  2. "Xasmín". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 3 de decembro de 2012. 
  3. Jasminum en Flora de Canarias
  4. En Epítetos Botánicos
  5. Xasmín en PlantList
  6. "Xasmín". World Checklist of Selected Plant Families. Consultado o 3 de decembro de 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • USDA, ARS, National Genetic Resources Program. GRIN.

National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?20668 (8 de abril de 2009)