Acacia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 78: Liña 78:
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
{{Commons|Acacia}}
{{Commons|Acacia}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Acacia| ]]
[[Categoría:Acacia| ]]

Revisión como estaba o 26 de xaneiro de 2016 ás 00:02

Acacia (xénero Acacia)

Acacia heterophylla
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fabales
Familia: Fabaceae
Xénero: ''Acacia''
Acacia drepanolobium
Acacia sp.

Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero. Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.

Distribución

Existen unhas 1.300 especies no mundo e, destas, 950 especies proceden de Australia. Moitas delas foron naturalizadas noutros continentes. En Galicia considéranse especies invasoras.

Hábitat

Necesitan un lugar fresco para invernar, con temperaturas comprendidas entre 5 e 10 °C. No verán necesitan abundantes regas, cunha fertilización completa.

Ecoloxía

As acacias salientan por ser plantas fixadoras de nitróxeno. Desta forma, contribúen á nitrificación do solo e a que este sexa ideal para plantas, como as ornamentais, que necesitan de solos básicos. Tamén facilitan o acceso a este elemento a outras plantas. Algunhas especies presentan o problema de ser moi invasoras nalgúns territorios, desprazando especies autóctonas (mimosa, acacia negra).

Cultivo

Mimosa, Acacia dealbata

Hai acacias para usos ornamentais e forestais. Algunhas especies aprécianse en xardinería. Son de rápida xermolación e de doado coidado. En Galicia a mimosa plantouse para fixar noiros, especialmente dos ferrocarrís e rapidamente se estendeu. A acacia negra plantouse con fins madeireiros.

Especies

Artigo principal: Especies de Acacia.

Asilvestradas en Galicia

  • Acacia dealbata - Mimosa. Amplamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas.
  • Acacia melanoxylon R. Br. - Acacia de madeira negra. Diferénciase por ter follas adultas reducidas a filodios enteiros, laminares, moi estendida en Galicia, co mesmo potencial invasor ca mimosa.
  • Acacia longifolia (Andrews) Willd. - Crecemento rápido, até 7 m, moi tolerante ao cal. Filodios coriáceos. Flores tetrámeras en glomérulos esféricos. Presente nas illas Cíes, A Lanzada e outras zonas das Rías Baixas.
  • Acacia mearnsii De Wild. - Diferénciase da A. dealbata por ter dúas glándulas no raque baixo cada par de pinnas, por unha de A. dealbata. Está presente en Cangas (Pontevedra).
  • Acacia decurrens (J. C. Wendl.) Willd. - En Padrón.
  • Paraserianthes lophantha (Willd.) I. Nielsen = Albizia lophantha (Willd.) Benth. = Albizia distachya - Aparece en diferentes localidades costeiras dende A Guarda até Ferrol, en zonas alteradas pero con clara vocación invasora, como se describiu noutros lugares do mundo. [1]

Outras

As especies máis cultivadas son:

  • Acacia armata, utilizada para sebes, foliolos de cor verde escura, con espiñas, flores solitarias amarelas. Non máis de 4 m.
  • Acacia baileyana, de crecemento rápido, malia que de vida curta. Pólas penduradas,inflorescencias en acios. Non máis de 6 m.
  • Acacia armata variedade purpurea, igual que a anterior mais coas follas de cor azulenta.
  • Acacia mucronata, moi resistente, filodios moi estreitos.
  • Acacia verticillata, arbusto mesto, de até 6 m, con filodios punzantes, en verticilos.
  • Acacia farnesiana, arbusto máis miúdo, común en zonas de bosque seco de Centroamérica.

Algunhas especies ameazadas de extinción:

  • Acacia parviceps (Speg.) Burk.
  • Acacia velutina var. monadena Hassler.

Outras especies:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas