Terebinto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 17: Liña 17:
}}
}}
[[Ficheiro:Pistacia terebinthus MHNT.BOT.2009.13.55.jpg|miniatura|''Pistacia terebinthus'']]
[[Ficheiro:Pistacia terebinthus MHNT.BOT.2009.13.55.jpg|miniatura|''Pistacia terebinthus'']]
O '''escornacabras''' ('''''Pistacia terebinthus''''') é unha especie de árbore nativa da familia das Anacardiáceas da rexión mediterránea, desde [[Marrocos]] e [[Portugal]] no oeste ata [[Turquía]] e [[Siria]] no leste, e tamén se atopa nas illas [[Canarias]]. En galego tamén recibe os nomes de '''cornabude''', '''terebinto''' e '''árbore trementina'''.

É unha árbore que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da [[primavera]]. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Liña 34: Liña 34:

Os froitos do escornacabras son utilizados en [[Chipre]] para a elaboración dun [[pan]] especial. En Creta, onde recibe o nome de ''tsikoudia'', é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama ''tsikoudia''.

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Pistacia]]
[[Categoría:Pistacia]]

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2016 ás 23:14

Pistacia terebinthus

O escornacabras (Pistacia terebinthus) é unha especie de árbore nativa da familia das Anacardiáceas da rexión mediterránea, desde Marrocos e Portugal no oeste ata Turquía e Siria no leste, e tamén se atopa nas illas Canarias. En galego tamén recibe os nomes de cornabude, terebinto e árbore trementina.

É unha árbore que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da primavera. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Historia

John Chadwick cre que o escornacabras é a planta chamada ki-ta-no que aparece nalgunhas táboas de Linear B, un antigo dialecto de Grecia. Cita a obra do erudito español J.L. Melena, que atopou "un antigo léxico que amosaba que o kritanos era outro nome para a árbore turpentina (terebinto) e que a pronunciación micénica podía representar unha variante da palabra."

O escornacabras é mencionado na Biblia no Antigo Testamento. Por exemplo, en Isaías 1:29, onde a palabra hebrea "el" ou "elim" a miúdo pode traducirse como buxo ou escornacabras. Tamén en tres capítulos sucesivos do Xénese (12:6, 13:18, 14:13) referíndose ós lugares onde o patriarca Abraham acampaba. Tamén hai unhas poucas referencias no libro dos Xuíces.

O escornacabras tamén é mencionado na Eneida de Virxilio, libro 10, liña 136.

Utilidade

O uso máis antigo e coñecido do escornacabras é como fonte da augarrás ou esencia de trementina, un aceite vexetal utilizado como diluinte e como compoñente químico. Actualmente a trementina do escornacabras é coñecida como trementina chipriota.

A árbore é rica en substancias resinosas e foi utilizada polas súas propiedades medicinais e aromáticas na Grecia clásica. A corteza pode utilizarse para elaborar unha pasta de cheiro doce e na confección de coiro. Máis recentemente, para a elaboración de antiinflamatorios.

Os froitos do escornacabras son utilizados en Chipre para a elaboración dun pan especial. En Creta, onde recibe o nome de tsikoudia, é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama tsikoudia.