Falstaff (ópera): Diferenzas entre revisións
m Bot: Substitución automática de texto (-\|[ ]*[Uu]bicaci[oó]n[ ]*= +|lugar=) |
Sen resumo de edición |
||
Liña 3: | Liña 3: | ||
| título = Falstaff |
| título = Falstaff |
||
| título_traducido = |
| título_traducido = |
||
| imaxe = |
| imaxe = Boito-Verdi - Falstaff libretto.jpg |
||
| pé = |
| pé = Portada da edición de Ricordi. |
||
| forma = [[Ópera]] |
| forma = [[Ópera]] |
||
| actos = 3 actos, 6 cadros |
| actos = 3 actos, 6 cadros |
||
Liña 33: | Liña 33: | ||
!Personaxe |
!Personaxe |
||
![[Tesitura]] |
![[Tesitura]] |
||
! |
!Elenco na estrea, [[9 de febreiro]] de [[1893]]<ref>Lista de cantantes tomada de Budden, p. 416.</ref><br />([[Director de orquestra|Director]]: [[Edoardo Mascheroni]])<ref>Budden, p. 430</ref> |
||
|- |
|- |
||
|''Sir John Falstaff'', cabaleiro obeso |
|''Sir John Falstaff'', cabaleiro obeso |
Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2016 ás 22:26
Falstaff | |
---|---|
Boito-Verdi - Falstaff libretto.jpg Portada da edición de Ricordi. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos, 6 cadros |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Arrigo Boito |
Fontes literarias | William Shakespeare, The Merry Wives of Windsor e Henry IV (partes I E II) |
Estrea | 9 de febreiro de 1893 |
Teatro da estrea | Teatro alla Scala |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 2 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Localización da partitura | Archivio Storico Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Sir John Falstaff (barítono) |
Falstaff é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Arrigo Boito, que é unha adaptación da obra teatral de William Shakespeare The Merry Wives of Windsor (As alegres comadres de Windsor) e pequenas pasaxes de Henry IV, tamén de Shakespeare. Así, como en Otello, Falstaff presenta un libreto que, ademais de basearse no texto de Shakespeare, respecta e dialoga coas características do dramaturgo inglés. Foi a última ópera de Verdi, escrita cando o compositor xa tiña 77 anos, e a súa segunda ópera cómica das vinte e seis que compuxo. Así como en Macbeth e Otello, esta foi a terceira ópera de Verdi baseada nunha obra de Shakespeare. Foi estreada o 9 de febreiro de 1893 no Teatro alla Scala de Milán cun gran éxito.
Verdi sopesara a posibilidade de escribir unha ópera baseada no Rei Lear, e Arrigo Boito máis tarde tentou interesalo en Antonio e Cleopatra,[4] mais ningún dos proxectos foi levado a término.
Non acadou a gran popularidade doutras óperas de Verdi que a precederon como Aida e Otello. Falstaff foi admirada polo público e a crítica debido á súa brillante orquestración, ao seu chispeante libreto e á súa refinada invención melódica. Esta ópera está no repertorio estándar de moitas compañías de ópera.De feito esta ópera aínda se representa con frecuencia por todo o mundo, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto n.º 24 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 14.ª en italiano e a sexta de Verdi, logo de La traviata, Rigoletto, Aida, Nabucco e Il trovatore.
Personaxes
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 9 de febreiro de 1893[5] (Director: Edoardo Mascheroni)[6] |
---|---|---|
Sir John Falstaff, cabaleiro obeso | Barítono | Victor Maurel |
Mr Ford, cabaleiro rico | Barítono | Antonio Pini-Corsi |
Alice Ford, súa dona | soprano | Emma Zilli |
Nannetta, súa filla | soprano | Adelina Stehle |
Meg Page, dama adiñeirada | mezzosoprano | Virginia Guerrini |
Mrs Quickly, amiga de Alice | contralto | Giuseppina Pasqua |
Fenton, namorado de Nannetta | tenor | Edoardo Garbin |
Dr Cajus, prometido de Nannetta | tenor | Giovanni Paroli |
Bardolfo, secuaz de Falstaff | tenor | Paolo Pelagelli-Rossetti |
Pistola, secuaz de Falstaff | baixo | Vittorio Arimondi |
Pousadeiro | personaxe mudo | Attilio Pulcini |
Robin, paxe de Falstaff | personaxe mudo |
Orquestración
Verdi incluiu na orquestra para Falstaff:
- 3 piccolos,
- 2 óboes,
- Corno Inglés,
- 2 clarinetes,
- Clarinete baixo,
- 2 fagots,
- 4 trompas,
- 3 trompetas,
- 3 trombóns,
- Tuba,
- timbais,
- Percusión (Triángulo, Platillos, Bombo),
- Arpa,
- Cordas.
- En escena, guitarra, corno e campás.
Notas
- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 186–187. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ La Guía visual de la Ópera, Espasa, señala barítono.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Steen, p. 543
- ↑ Lista de cantantes tomada de Budden, p. 416.
- ↑ Budden, p. 430
Véxase tamén
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |