Diferenzas entre revisións de «Meteoroide»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(Arranxos)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
Un '''meteoroide''' (do [[Lingua latina|latín]] ''meteōrus'', e este do [[Lingua grega|grego]] ''μετέωρος'', 'elevado no ar') é un [[corpo menor do Sistema Solar|corpo menor]] do [[Sistema Solar]] de, aproximadamente, entre 100 [[µm]] até 50 m (de diámetro máximo). O límite superior de tamaño, 50 m, emprégase para diferencialo dos [[cometa|cometas]]s e dos [[Asteroide|asteroides]], mentres que o límite inferior de tamaño, 100 µm, se emprega para diferencialo do [[po cósmico]]; porén, os límites de tamaño non adoitan empregarse moi estritamente sendo ambigua a designación dos obxectos que se atopen próximos a estes límites.
 
Na práctica, esta é a definición máis empregada, que deriva da definición da [[Royal Astronomical Society]], '<nowiki/>''corpo celeste de entre 100 µm e 10 m'<nowiki/>'',<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos = Beech|nome = Martin|ano = 1995|título = On the Definition of the Term Meteoroi|url = http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-bib_query?|revista = |número = 3|páxinas = 281–284|editor = |dataacceso = 31 de agosto de 2006}}</ref> combinada coa definición de ''near-Earth meteroid'' (extrapolada a meteoroides tamén non próximos á Terra), '<nowiki/>''obxectos con órbitas na veciñanza da Terra cun diámetro menor de 50 m''<nowiki/>', e as novas definicións da UAI da asemblea do [[22 de agosto]] de [[2006]], que distinguen [[planeta]], [[planeta anano]], [[satélite]] e corpo menor do Sistema Solar. A actual definición de meteoroide estabelecida pola [[Unión Astronómica Internacional]] (IAU) na súa XI Asemblea Xeral (1961) é a de '''un obxecto sólido que se move no espazo interplanetario, dun tamaño considerabelmente máis pequeno que un asteroide e considerabelmente máis grande que un átomo ou molécula''<nowiki/>'. Porén, considérase desfasada, pouco precisa e amplamente errónea.
 
A maioría dos meteoroides son fragmentos de cometas e asteroides, aínda que tamén poden ser rochas de satélites ou planetas que foron expulsadas en grandes impactos ou simplemente restos da formación de Sistema Solar.<ref>[http://www.iau.org/public_press/news/detail/iau0603/ Resolucións da Asemblea Xeral do 2006 da UAI]</ref> Cando entra na [[atmosfera]] dun planeta, o meteoroide quéntase e vaporízase parcial ou completamente. O gas que fica na traxectoria seguida polo meteoroide [[Ionización|ionízase]] e brilla. O rastro de vapor brillante chámase tecnicamente meteoro, aínda que o seu nome común é estrela fugaz. Denomínanse [[bólido|bólidos]]s aqueles meteoros cuxa magnitude aparente é inferior a -4 (a menor valor da [[magnitude aparente]], maior brillo), que é aproximadamente a magnitude aparente do planeta [[Venus]], que de entre todas as estrelas e planetas é o corpo máis brillante dende a Terra. Daqueles bólidos de magnitude aparente inferior á da [[Lúa chea]] (-12,6), os superbólidos, poden sobrevivir fragmentos que cheguen ao chan; estes fragmentos son denominados [[meteorito|meteoritos]]s. A maioría dos meteoritos terrestres, bardante os metálicos de grandes dimensións, proceden de meteoroides.
 
== Notas ==
== Véxase tamén ==
{{Sistema Solar}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Obxectos astronómicos| ]]
393.002

edicións

Menú de navegación