José Reino Caamaño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 1: Liña 1:
'''José Bernardo Reino Caamaño''', nado en [[Insua, Mazaricos, Mazaricos|Insua]] ([[Mazaricos]]) o [[21 de abril]] de [[1882]] e finado en Santiago de Compostela o [[2 de xaneiro]] de [[1964]], foi un avogado e político galego.
'''José Bernardo Reino Caamaño''', nado en [[Insua, Mazaricos, Mazaricos|Insua]] ([[Mazaricos]]) o [[21 de abril]] de [[1882]] e finado en Santiago de Compostela o [[2 de xaneiro]] de [[1964]], foi un avogado e político galego, membro do Congreso dos Diputados de España polo distrito 9 de Muros na provincia de A Coruña durante as tres últimas das lexislaturas do período histórico coñecido como Restauración Borbónica en España e tamén durante as dúas lexislaturas da Segunda República Española.
Emparentado coas familias Caamaño e Fabeiro, da vila de Negreira e do Pazo de Cotón. O seu irmán Carlos, médico, era alcalde de Verín en xullo de 1936, siendo fusilado o 17 de xuño de 1937.


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==

Revisión como estaba o 25 de xaneiro de 2016 ás 20:12

José Bernardo Reino Caamaño, nado en Insua (Mazaricos) o 21 de abril de 1882 e finado en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 1964, foi un avogado e político galego, membro do Congreso dos Diputados de España polo distrito 9 de Muros na provincia de A Coruña durante as tres últimas das lexislaturas do período histórico coñecido como Restauración Borbónica en España e tamén durante as dúas lexislaturas da Segunda República Española. Emparentado coas familias Caamaño e Fabeiro, da vila de Negreira e do Pazo de Cotón. O seu irmán Carlos, médico, era alcalde de Verín en xullo de 1936, siendo fusilado o 17 de xuño de 1937.

Traxectoria

Candidatura dereitista da provincia da Coruña para as eleccións de febreiro de 1936.

Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1902, foi xuíz de primeira instancia en Vilalba (1908), Lalín (1911) e Betanzos (1915). Publicou versos en castelán e galego na Revista Gallega[1] e El Umia. En 1916 e 1917 foi proclamado deputado provincial da Deputación da Coruña polo distrito de Negreira-Corcubión. En 1923 foi elixido deputado polo distrito de Muros-Negreira nas Cortes Españolas pola fracción demócrata do Partido Liberal. Na Segunda República foi unha das figuras da Derecha Liberal Republicana en Galicia e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 e polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933, destacando pola súa condena á persecución relixiosa. Foi maxistrado da Audiencia desde 1933. Durante a Guerra civil defendeu en xuízo a algúns acusados polo franquismo[2], chegando a afirmar que os únicos rebeldes eran o que os xulgaban, razón pola que foi multado e tivo que permanecer escondido durante un tempo[3]. O seu irmán Carlos Reino Caamaño, que era alcalde de Verín por Izquierda Republicana foi condenado a morte e executado en 1937. Dende 1940 foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela, sendo nomeado profesor adxunto honorario de Dereito Mercantil en 1948. Foi presidente da Caixa de Aforros e Monte de Piedade e decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.

Notas

  1. Poemas de José Reino
  2. Foi o avogado defensor de Fernando Domínguez Caamaño e Luis Rastrollo González, procesados por rebelión na causa 231/36 xunto cos outros membros do Comité de Defensa da República de Santiago de Compostela, e xulgados en Consello de guerra o 19 de novembro de 1936.
  3. La guerra en un pequeño municipio: Negreira (y II)

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas