Diferenzas entre revisións de «Catulo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Retiro 48 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q163079)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Caius Valerius Catullus''', nado en [[Verona]] ou en [[Sirmio]] no [[-87|87 a.C.]] ou [[-84|84 a.C]] e finado en [[Roma]] no [[-54|54 a.C.]], foi un poeta latino, máis coñecido como '''Catulo'''.
 
== Traxectoria ==
Sábese pouco sobre a vida de Catulo. Tanto [[Suetonio]] (''Vida dos doce césares'') como [[Ovidio]] (''Amores'' III.XV) sinalan a cidade de Verona como a súa patria natal. Procedía dunha familia da [[orde ecuestre]], aínda que viviría case sempre en Roma.
Non é moi seguro cando morreu. Algunhas fonte sinalan que morreu de esgotamento á idade de 30 anos. [[Xerome de Estridón]] di que nacera no 87 a.C e que viviu trinta anos, mais algúns poemas aluden a sucedidos do [[-55|55 a.C.]], mais en ningún hai algo datábel no 54 a.C; porén os estudosos tradicionalmente datan a súa vida entre o [[-84|84 a.C]] e o [[-54|54 a.C.]]
 
== Obra ==
Catulo lígase a un círculo de poetas de ideais estéticos comúns, aos que [[Marcus Tullius Cicero|Cicerón]] chama [[neotérico|poetas novos]] (modernos), termo para el cargado de sentido pexorativo. Ese grupo de poetas rompía co pasado literario romano (mitolóxico), pasando, entre outras características, a utilizar unha temática considerada “menor” polos seus críticos.
 
A súa obra perpetuouse a través dos séculos que seguiran, foi exemplo para grandes nomes que viran despois como [[Propercio]] e [[Tibulo]]. Tamén foi moi lido por poetas como [[Thomas Stearns Eliot|T. S. Eliot]] e [[Charles Baudelaire]].
 
== Edicións ==
As súas poesías (116 poemas, so o título de ''Carmina''), perdidas longo tempo, foron recuperadas no século XIV. Entre as numerosas edicións que desde entón se fixeran cabe destacar:
 
* a de Guy Lee, ''The Poems of Catullus'', editada cunha introdución, tradución e comentarios, Oxford. Oxford University Press. 1991 - ISBN 0-19-282850-9
 
=== En galego ===
* CATULO, ''[[Poemas (Catulo)|Poemas]]'' (texto latino e trad. galega de [[Xosé Manuel Otero Fernández]]). Santiago de Compostela. Servicio Central de Publicacións. Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia. 1988 - ISBN 84-505-7274-6
 
É posíbel tamén consultar poemas soltos en Aurora López e [[Andrés Pociña]], ''Escolma de textos eróticos latinos''.
 
=== En portugués ===
* CATULO, C.Valério - ''Poesías'' (texto latino e vers.portuguesa de Ema Barcelos). Porto. Porto Editora.1975.
* CATULO, Caio Valério – ''O Cancioneiro de Lésbia'' [trad. e introd. Paulo Sérgio de Vasconcellos]. Editora Hucitec: São Paulo, 1991.
* CATULO, Caio Valério – ''O Livro de Catulo'' [trad, introd. e notas de João Ângelo Oliva Neto]. Edusp: São Paulo, 1996.
 
=== En castelán ===
* CATULO, G. Valerio - ''Poesías'' (texto revisado e trad. de Miguel Dolç). Madrid. CSIC. 1990 - ISBN 84-00-02759-0
 
== Véxase tamén ==
{{wikiquote}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Roma antiga]]
393.002

edicións

Menú de navegación