Praza.gal: Diferenzas entre revisións
m Bot: Engado {{Control de autoridades}} |
|||
Liña 25: | Liña 25: | ||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [http://www.praza.gal/ Páxina do diario] |
* [http://www.praza.gal/ Páxina do diario] |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Xornais electrónicos]] |
[[Categoría:Xornais electrónicos]] |
Revisión como estaba o 24 de xaneiro de 2016 ás 15:45
Praza Pública é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012.[1]
Traxectoria
Praza Pública é propiedade da Fundación Praza Pública. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[1].
O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberaron todo o código fonte das ferramentas coas que se crea e lle dan soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede. [2]
No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e máis Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.
Praza Pública difunde periodicamente informes de transparencia sobre a situación organizativa, social, económica e de audiencia deste medio de comunicación.[3]
Redes sociais e comunidade
Desde a súa creación, o diario Praza Pública apostou polas redes sociais. Así, ademais de ter presenza en Facebook e Twitter, actualiza a diario unha sección de micromensaxes ("Fálase de...") que está sincronizada coa conta de Twitter.
Ás poucas semanas do lanzamento do xornal, actualizouse cunha nova sección, Obradoiro[4], unha comunidade de blogs que se especializan cada un nunha temática concreta.
Notas
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza.gal |