Alain Delon: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 1: Liña 1:


{{Actor
{{Actor
|nome =
|nome =
Liña 60: Liña 58:
{{commonscat}}
{{commonscat}}
{{ORDENAR:Delon, Alain}}
{{ORDENAR:Delon, Alain}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Actores de Francia]]
[[Categoría:Actores de Francia]]

Revisión como estaba o 22 de xaneiro de 2016 ás 02:20

Nome completoAlain Fabien Maurice Marcel Delon
Nacemento8 de novembro de 1935 (88 anos)
LugarSceaux (Hautes de Seine) Francia
NacionalidadeFrancia e Suíza
Educado enÉcole Jeannine Manuel
Cónxuxe(s)Nathalie Delon
FillosAnthony Delon, Anouchka Delon e Alain-Fabien Delon
Profesiónactor
Na rede
www.alaindelon.com
IMDB: nm0001128 Allocine: 1920 Rottentomatoes: celebrity/alain_delon Allmovie: p87436 TCM: 48245 TV.com: people/alain-delon
Spotify: 2e1aRMKieswINolf49MzQ8 iTunes: 99744743 Last fm: Alain+Delon Musicbrainz: 632c69c8-404e-4062-8871-6acfe05c70db Discogs: 303754 Allmusic: mn0000624101 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Delon no Festival de Cannes 2007.

Alain Fabien Maurice Marcel Delon, nado en Sceaux (Hautes de Seine) o 8 de novembro de 1935, é un actor francés, icona do cinema europeo das décadas de 1960 e 1970. Desde 1964 é tamén produtor cinematográfico. Gañou o Premio César en 1984. En 1999 pasou a ter a dobre nacionalidade franco-suíza, e foi concecorado coa Lexión de Honra do goberno francés.

Traxectoria

Trala separación do seu pai e a súa nai cando tiña catro anos, tivo unha infancia difícil, sendo expulsado do colexio católico onde estudaba por mala conduta. Deixou a escola con 14 anos, pasando a traballar na carnicería do seu medio pai. Con 17 anos entrou no exército como paracaidista, participando na batalla de Diên Biên Phu da guerra de Indochina. Tras regresar da guerra, traballou como estibador no Mercado Central de París.

Era amigo do actor Jean-Claude Brialy e da actriz Brigitte Auber, e no Festival de Cannes de 1956 coñeceu os directores Yves e Marc Allégret. Iniciouse no cinema en 1957 nun cameo en Quand la femme s'en mele, de Yves Allégret. Consagrouse en 1960 con Plein soleil, de René Clément. Pasou a ser un dos actores fetiche de Luchino Visconti, co que protagonizou Rocco e i suoi fratelli, e compartiu protagonismo con Burt Lancaster e Claudia Cardinale en Il gattopardo. Tamén traballou con Antonioni en L'eclisse e con Brigitte Bardot en Les amours celebres de Michel Boisrond.

Logo desta época, centrouse no cinema francés, con películas como Le samurai de Jean-Pierre Melville, Histoires extraordinaires de Louis Malle e La piscine de Jacques Deray. En 1976 protagoniza Monsieur Klein de Joseph Losey e Le gang. En 1984 traballa en Un amour de Swann, de Volker Schlöndorff.

Iniciouse como produtor, obtendo grande éxito con Borsalino de Jacques Deray, na que aparece xunto a Jean-Paul Belmondo. En 1980 dirixe Pour la peau d'un flic, e en 1983 repite tralas cámaras con Le battant.

Véxase tamén

Ligazóns externas