Adolfo Atienza Landeta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 86: Liña 86:


{{ORDENAR:Atienza Landeta, Adolfo}}
{{ORDENAR:Atienza Landeta, Adolfo}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid]]
[[Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid]]

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2016 ás 19:32

Modelo:InfFut2 Adolfo Atienza Landeta, nado o 1 de decembro de 1927 en Madrid, e finado o 9 de xullo de 2008 na mesma cidade, foi un futbolista español. Xogaba de extremo dereito.

Traxectoria

Pese a iniciarse no fútbol na súa cidade natal, no barrio de Tetuán de las Victorias e no Club Deportivo Cuatro Caminos, pronto emigrou a Galiza aos 14 anos de idade, ao ser destinados seus pais, mestres, a Santiago de Compostela.

Con 15 anos debuta en 1ª Rexional co Club Arenal, tres anos despois na tempada 1947-48 ficha polo Club Santiago da Terceira División, equipo máis importante da cidade compostelá. Porén militaría pouco tempo no equipo xa que no mes de decembro de 1947 ficha polo Celta de Vigo dirixido por Ricardo Zamora, para ser cedido ao Club Berbés de Vigo debido a gran competencia do plantel céltico.

Ao ano seguinte debuta en Balaídos en Primeira División contra o FC Barcelona.

Nesta primeia etapa en Vigo de seis tempadas, sempre en primeira división, anota 45 goles en 109 encontros.

Estas cifra fan que sexa convocado aos adestramentos da Selección española de fútbol en seis ocasións, aínda que non chegaría a debutar en partido oficial. Tamén chamaría a atencion do Real Madrid, que o ficha no verán de 1953 por 600 000 pesetas e a cesión do extremo Guasí.

O extremo madrileño militaría no equipo branco ata o ano 1955 coincidindo ca chegada de Alfredo Di Stéfano, disputando 25 encontros e logrando 8 tantos.

Da disciplina merengue pasaría ao UD Las Palmas e posteriormente ao Real Jaén.

O 6 de setembro de 1958 Adolfo Atienza regresa ao Celta a cambio do traspaso de Alvarín e a cesión de Bolitos ao club andalúz.

Esta segunda etapa en Vigo non foi tan brillante como a primeira rematando co descenso do equipo ao final desa tempada. A seguinte campaña no Celta, a 1959-60 sería a última do xogador madrileño na disciplina, abandonandoa antes de rematar a tempada.

Rematou a súa carreira futbolística na SD Ponferradina.

Palmarés

Real Madrid

Persoal

É irmán do tamén futbolista Ángel Atienza.

Véxase tamén

Ligazóns externas