Pedro Gost Sastre: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 54: Liña 54:
'''Pedro Gost Sastre''', nado o [[18 de xaneiro]] de [[1946]] en [[Sa Pobla]] ([[Illas Baleares]]) foi un futbolista que xogaba na demarcación de gardameta.
'''Pedro Gost Sastre''', nado o [[18 de xaneiro]] de [[1946]] en [[Sa Pobla]] ([[Illas Baleares]]) foi un futbolista que xogaba na demarcación de gardameta.

==Traxectoria==
== Traxectoria ==
Albanil de profesión debutou con 17 anos no primeiro equipo do ''Poblense''. Fichou polo [[RCD Mallorca]] na tempada [[Segunda división española 1967/68|1967/68]], convertíndose en titular ao ano seguinte cando o equipo conseguiu o ascenso a [[Primeira División Española|Primeira División]]

Liña 72: Liña 72:
{{Celta de Vigo na Copa da UEFA de 1971/72}}
{{Celta de Vigo na Copa da UEFA de 1971/72}}

==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
===Ligazóns externas===
=== Ligazóns externas ===
[http://www.bdfutbol.com/j/j5858.html Perfíl en Bdfutbol] {{ca}}
[http://www.bdfutbol.com/j/j5858.html Perfíl en Bdfutbol] {{ca}}
{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Nados en 1946]]
[[Categoría:Nados en 1946]]

Revisión como estaba o 21 de xaneiro de 2016 ás 19:04

Modelo:InfFut2

Pedro Gost Sastre, nado o 18 de xaneiro de 1946 en Sa Pobla (Illas Baleares) foi un futbolista que xogaba na demarcación de gardameta.

Traxectoria

Albanil de profesión debutou con 17 anos no primeiro equipo do Poblense. Fichou polo RCD Mallorca na tempada 1967/68, convertíndose en titular ao ano seguinte cando o equipo conseguiu o ascenso a Primeira División

Xogou na máxima categoría unha tempada e fichou polo Celta de Vigo antes de comezar a tempada 1970/71 xunto ao centrocampista Robles.

Debutou en Balaídos ante o Sporting de Gijón no primeiro encontro da tempada e xogou os 30 encontros de Liga, sendo o porteiro menos goleado despois de Abelardo, do Valencia CF. O equipo coñecido no momento coma o Tumbaxigantes rematou 6º, clasificándose por primeira vez na súa historia para a Copa da UEFA.

Nesta época foi convocado dúas veces pola Selección española de fútbol, porén non chegou a debutar ao ser o suplente de Iríbar (Athletic de Bilbao) e Miguel Reina (FC Barcelona).

Ao ano seguinte foi o porteiro titular do debut do Celta en competición europea, fronte o Aberdeen escocés, o 15 de setembro de 1971, convertíndose no primeiro futbolista mallorquín en participar en competición europea. Porén nin o Celta nin Gost tiveron sorte, xa que o equipo perdeu 2-0 e o gardameta lesionouse de gravidade, co que quedou sen xogar no que restaba de tempada.

A tempada 1972/73 foi a última de Gost no Celta. So xogou dous encontros xa que o adestrador arxentino do equipo, Pedro Dellacha preferiu confiar en Alarcia. Ao rematar a competición volve a Mallorca e ficha polo Club Esportiu Constància d'Inca.

Finalmente retirouse xogando no Poblense aos trinta e oito anos de idade.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Perfíl en Bdfutbol (en catalán)