Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Divisións territoriais católicas en Galicia; engado a Categoría:Dioceses católicas en Galicia mediante HotCat |
|||
Liña 122: | Liña 122: | ||
{{Catedrais e dioceses galegas}} |
{{Catedrais e dioceses galegas}} |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Dioceses católicas en Galicia|Santiago de Compostela]] |
||
[[Categoría:Arquidioceses da Igrexa Católica Latina|Santiago de Compostela]] |
[[Categoría:Arquidioceses da Igrexa Católica Latina|Santiago de Compostela]] |
Revisión como estaba o 18 de xaneiro de 2016 ás 19:29
Arquidiocese de Santiago de Compostela Compostellanus | |
---|---|
Datos xerais | |
Sufragáneas | Lugo Mondoñedo-Ferrol Ourense Tui-Vigo |
Información | |
Igrexa particular | Igrexa Latina |
Igrexa | Igrexa Católica |
Ritos | Rito romano |
Xerarquía | |
Papa | Francisco |
Outros datos | |
Páxina web | archicompostela.org |
A arquidiocese de Santiago de Compostela é a diocese ou bispado (territorio eclesiástico da Igrexa Católica rexido por un bispo) cuxa sé eclesiástica a Catedral de Santiago de Compostela en Santiago de Compostela.
Historia
Elevouse a arquidiocese en 1120, é continuadora da diocese de Iria, estabelecida no Primeiro Concilio de Braga no ano 569, que, logo do descubrimento do sartego de Santiago o maior entre 820 e 830, tiña como residencia do bispo a cidade de Compostela, aínda que oficialmente non se trasladou a sé ata o ano 1095.
Durante a Idade Media o arcebispo de Santiago de Compostela, por privilexio concedido pola monarquía, exercía xurisdición señorial sobre a Terra de Santiago.
Dependencias
A arquidiocese cobre unha superficie de 8.546 km² e segundo datos de 2004 vivían nela 1 287 118 persoas, deles 1 132 664 católicos (o 88 % da poboación) e dela dependen 1.069 parroquias. Na diocese hai 627 sacerdotes diocesanos e 141 sacerdotes relixiosos, 1.017 relixiosas e 278 relixiosos. Da arquidiocese dependen catro dioceses sufragáneas: Lugo, Mondoñedo-Ferrol, Ourense e Tui-Vigo. O actual titular é Julián Barrio.
Arcebispos
- Diego Xelmírez (1120–1140).
- Pedro Helías (1143-1149).[1]
- Bernardo I (1151–1152).
- Paio Camundo (1153–1167).
- Martín Martínez (1156–1167).
- Pedro Gundestéiz (1168–1173).
- Pedro Suárez de Deza (1173–1206).
- Pedro Muniz (1207–1224).
- Bernardo II (1224–1237).
- Xoán Arias (1238–1266).
- Egas Fafez, Bispo de Coimbra, promovido a Santiago en 1267, faleceu en Montpellier, sen tomar posesión.
- Gonzalo Gómez (1273–1281?).
- Rodrigo González (1286–1304).
- Rodrigo de Padrón (1307?–1316).
- Berenguel de Landoira (1317–1330).
- Xoán II (Xoán Fernández de Lima) (1331–1338).
- Martín Fernández (1339–1343).
- Pedro V (1344–1351).
- Gómez Manrique (1351–1362).
- Suero Gómez de Toledo (1362–1366).
- Alonso Sánchez de Moscoso (1367–1367).
- Rodrigo de Moscoso (1368–1382)
- Xoán III (Xoán García Manrique) (1383–1388).
- Lope de Mendoza (1399–1445).
- Álvaro Núnez de Isorna (1445–1449).
- Rodrigo de Luna (1451–1460).
- Alonso I de Fonseca (1460–1464).
- Alonso II de Fonseca (1464–1506).
- Alonso III de Fonseca[2] (1506–1524).
- Xoán Tabera (1524–1534). Cardeal da Igrexa Romana.
- Pedro Gómez Sarmiento (1534–1541). Cardeal da Igrexa Romana.
- Gaspar de Abalos. (1542–1545). Cardeal da Igrexa Romana.
- Pedro Manuel (1546–1550).
- Xoán IV (Xoán Alvarez de Toledo) (1550–1557). Cardeal da Igrexa Romana.
- Frei Afonso de Castro, OFM (1558), morto antes de tomar posesión.
- Gaspar de Zúñiga y Avellaneda (1559–1569).
- Cristóbal Fernández de Valtodano (1570–1572).
- Francisco Blanco Salcedo (1574–1581).
- Juan de Yermo y Hermosa (1582–1583).
- Alonso Velázquez (1583–1587).
- Xoán V (Juan de Sanclemente) (1587–1602).
- Maximiliano de Austria (1603–1614).
- Xoán VI (Juan Beltrán de Guevara) (1615–1622).
- Luis Fernández de Córdoba (1622–1624).
- Agustín Antolínez, O.S.A. (1624–1626).
- José González Villalobos, O.P. (1627–1630).
- Agustín Spínola (1630–1645). Cardeal da Igrexa Romana.
- Fernando de Andrade y Sotomayor (1645–1655).
- Pedro Carrillo y Acuña (1665–1667).
- Ambrosio Spínola y Guzmán (1668–1669).
- Andrés Girón (1670–1681).
- Francisco Seijas y Losada (1681–1684).
- Antonio de Monroy, O.P. (1685–1715).
- Luis Salcedo y Azcona (1716–1722).
- Miguel Herrero y Esgueva (1723–1727).
- José de Yermo y Santibánez (1728–1737).
- Manuel Isidro Orozco (1738–1745).
- Cayetano Gil Taboada (1745–1751).
- Bartolomé de Raxoi (1751–1772)
- Francisco Alejandro Bocanegra (1773–1782).
- Sebastián Malvar Pinto, OFM (1783–1795).
- Felipe Antonio Fernández Vallejo (1797–1800).
- Rafael de Múzquiz y Aldunate (1801–1821).
- Juan García Benito, Bispo de Tui e electo de Santiago, renunciou ao seu nomeamento sen chegar a tomar posesión.
- Simón Antonio de Rentería y Reyes. (Do 16 de setembro ao 4 de outubro de 1824)
- Frei Rafael de Vélez, OFM Cap. (Nacido Manuel Anguita Téllez) (1825–1850).
- Miguel García Cuesta (1851–1873). Cardeal da Igrexa Romana.
- Miguel Payá y Rico (1875–1886). Cardeal da Igrexa Romana.
- Victoriano Guisasola Rodríguez (1886–1888).
- José Martín de Herrera y de la Iglesia (1889–1922). Cardeal da Igrexa Romana.
- Manuel Lago González (1924–1925).
- Julián de Diego García de Alcolea (1925–1927).
- Zacarías Martínez Núñez, O.S.A. (1928–1933).
- Tomás Muniz Pablos (1935–1948)
- Fernando Quiroga Palacios (1949–1971). Cardeal da Igrexa Romana.
- Carmelo Ballester Nieto (1971–1973). Bispo de Vitoria e preconizado arcebispo de Santiago, faleceu antes de tomar posesión.
- Ángel Suquía (1973–1983).
- Antonio María Rouco Varela (1984–1994).
- Julián Barrio Barrio (1996–presente) Actualmente no cargo.
Notas
- ↑ Á morte de Xelmírez, por influencia real, foi nomeado arcebispo o Bispo de Salamanca, Don Berenguel. Aínda que se trasladou a Santiago e gobernou a diocese case dous anos, non foi confirmado o seu nomeamento polo papa. Non pode ser considerado Arcebispo de iure, mais si de facto
- ↑ Fillo do anterior, elixido co apoio de Fernando o Católico conseguiu que fose aprobado o seu nomeamento polo papa Xulio II. Entre ambos mandatos estableceuse un mandato de transición na figura do arcebispo Pedro Luis de Borja (sobriño do papa Borxia Alexandre VI) entre o 28 de agosto e o 23 de outubro de 1507, co fin de salvar a prohibición de que un fillo sucedera o pai nunha cadeira episcopal. O arcebispado non o inclúe na súa lista