Cerponzóns, Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Patrimonio: engado info desde a bibliografía indicada
Liña 33: Liña 33:
Ficheiro:Leguario Cerponzóns.jpg|Fito de legua na [[N-550]] ao seu paso polo Cunchido.
Ficheiro:Leguario Cerponzóns.jpg|Fito de legua na [[N-550]] ao seu paso polo Cunchido.
</gallery>
</gallery>

==Notas==
{{referencias}}


==Lugares e parroquias==
==Lugares e parroquias==

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2016 ás 20:11

Coordenadas: 42°28′33″N 08°38′28″O / 42.47583, -8.64111

Cerponzóns
Ficheiro:Cerponzóns.jpg
igrexa parroquial
ConcelloPontevedra
Coordenadas42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111Coordenadas: 42°28′33″N 8°38′28″O / 42.47583333, -8.64111111{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área6,1 km²
Poboación765 hab. (2014)
Densidade125,41 hab./km²
Entidades de poboación13
editar datos en Wikidata ]

San Vicente de Cerponzóns é unha parroquia situada ao norte do concello de Pontevedra. No ano 2008 tiña un total de 806 habitantes, 422 homes e 384 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 815 habitantes (424 mulleres e 391 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 845 habitantes.

Limita con Alba, Verducido e Lérez. Cerponzóns pertenceu ao concello de Alba, adherido en 1868 ao de Pontevedra.

Patrimonio

A igrexa parroquial é un templo orixinario do século XII con diversas reconstrucións posteriores. O retablo maior ten unha imaxe de San Vicente mártir do século XVIII, que representa o santo con figura xuvenil, vestido de diácono e cunha cruz nunha man e os Evanxeos na outra. Tanto no interior do templo como no seu exterior, poden contemplarse varios escudos nobiliarios da familia Osorio-Galos. Desde o outeiro no que está situada, divísase a cidade de Pontevedra, o río Lérez e a ría de Pontevedra.

Consérvanse tres cruceiros e varios muíños no curso do río Rons, algún deles aínda en funcionamento, ademais de catro edificios nobres, anteriores ao século XVIII, entre eles a casa reitoral.

A ruta portuguesa do Camiño de Santiago entra en Cerponzóns pola ponte de San Caetano, sobre o río Rons. Río arriba, preto do seu nacemento, está o embalse de Pontillón de Castro, lugar empregado decote para celebrar competicións de piragüismo.

Mentres se construía o camiño real de Pontevedra a Santiago de Compostela, en 1797 o arcebispo Malvar mandou construíu unha ponte para salvar o río Rons. Por ese camiño discorre a estrada N-550 que atravesa a parroquia, se ben a mediados do século XX se construíu unha ponte paralela[1].

Celébrase a festa patronal o cuarto domingo de xaneiro (San Vicente) e tamén a do Corpus Christi, coas súas alfombras florais.

Galería de imaxes

Notas

  1. "El puente al que todos sobreviven", artigo de Carmen García de Burgos en La Voz de Galicia, 30 de outubro de 2015.

Lugares e parroquias

Lugares de Cerponzóns

Lugares da parroquia de Cerponzóns no concello de Pontevedra

A Balea | Bouza | O Bravo | O Castrado | A Costa | O Cunchido | A Ermida | Leborei | A Meán | Pidre | O Queimado | San Caetano | Tilve | Vigario

Parroquias de Pontevedra

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Pontevedra

Alba (Santa María) | Bora (Santa Mariña) | Campañó (San Pedro) | A Canicouva (Santo Estevo) | Cerponzóns (San Vicente) | Lérez (San Salvador) | Lourizán (Santo André) | Marcón (San Miguel) | Mourente (Santa María) | Ponte Sampaio (Santa María) | Pontevedra | Salcedo (San Martiño) | San Xosé (San Xosé) | Santa María de Xeve (Santa María) | Tomeza (San Pedro) | Verducido (San Martiño) | A Virxe do Camiño de Pontevedra | Xeve (Santo André)

Véxase tamén

Outros artigos