Ribeira: Diferenzas entre revisións
m Bot: Elimino desde "Concellos da provincia da Coruña"; cambios estética |
→Toponimia: ligazón |
||
Liña 140: | Liña 140: | ||
== Cultura == |
== Cultura == |
||
=== Toponimia === |
=== Toponimia === |
||
''Ribeira'' é palabra galega procedente do Latín <small>RIPARIA</small>, 'franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar'.<ref>{{cita web|autor=RAG|título=Diccionario da Real Academia Galega|url=http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?nounTitle=ribeira|dataacceso=6 de agosto de 2012}}</ref> Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: ''Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite''.<ref>{{Cita libro|last=López Ferreiro|first=Antonio|title=Colección Diplomática de Galicia Histórica|year=1901|publisher=Tipografía Galaica|location=Santiago|pages=417|url=http://archive.org/stream/coleccindiplomt00unkngoog#page/n420/mode/2up}}</ref> As formas escritas con b son xerais para este topónimo até 1607,<ref>{{cita web|autor=AGON|título=A falacia da forma *Riveira|url=http://ilg.usc.es/agon/archives/747/a-falacia-da-forma-riveira/|dataacceso=6 de agosto de 2012}}</ref> cando se documenta a grafía ''Santa Eugenia de Riveira''.<ref>{{cita libro|apelidos=del Hoyo|nome=Jerónimo|título=Memorias del arzobispado de Santiago|ano=1607|url=http://books.google.es/books?id=l1ovAAAAYAAJ&q=eugenia#search_anchor}}</ref> Desde ese momento, nas mencións (en castelán) a este porto e freguesía se alternan formas escritas con b, como no ''Diccionario Madoz'',<ref>Por exemplo, [http://books.google.es/books?id=MyrOAAAAMAAJ&pg=PA194&lpg=PA194&dq=santa+eugenia+de+ribeira&source=bl&ots=2iU8iRTZmZ&sig=TpUwDiyIvo5CW5QetKlQ7B2Wf_U&hl=en&sa=X&ei=cAMgULD1MMPA0QX95IDYDA&ved=0CDIQ6AEwAA#v=onepage&q=santa%20eugenia%20de%20ribeira&f=false Dicionario Madoz], ou [http://books.google.es/books?id=quj8POB7V98C&pg=PA1081&lpg=PA1081&dq=santa+eugenia+de+ribeira&source=bl&ots=OhtW7bZpun&sig=728v0vqFl0pb0g6cTB_skjZ7X70&hl=en&sa=X&ei=_gMgUMzpPOjC0QWTmoB4&ved=0CEIQ6AEwAzgK#v=onepage&q=santa%20eugenia%20de%20ribeira&f=false Gaceta de Madrid de 13 de xullo de 1822]</ref> e con v. |
''Ribeira'' é palabra galega procedente do Latín <small>RIPARIA</small>, 'franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar'.<ref>{{cita web|autor=RAG|título=Diccionario da Real Academia Galega|url=http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?nounTitle=ribeira|dataacceso=6 de agosto de 2012}}</ref> Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: ''Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite''.<ref>{{Cita libro|last=López Ferreiro|first=Antonio|title=Colección Diplomática de Galicia Histórica|year=1901|publisher=Tipografía Galaica|location=Santiago|pages=417|url=http://archive.org/stream/coleccindiplomt00unkngoog#page/n420/mode/2up}}</ref> As formas escritas con b son xerais para este topónimo até 1607,<ref>{{cita web|autor=AGON|título=A falacia da forma *Riveira|url=http://ilg.usc.es/agon/archives/747/a-falacia-da-forma-riveira/|dataacceso=6 de agosto de 2012}}</ref> cando se documenta a grafía ''Santa Eugenia de Riveira''.<ref>{{cita libro|apelidos=del Hoyo|nome=Jerónimo|título=Memorias del arzobispado de Santiago|ano=1607|url=http://books.google.es/books?id=l1ovAAAAYAAJ&q=eugenia#search_anchor}}</ref> Desde ese momento, nas mencións (en castelán) a este porto e freguesía se alternan formas escritas con b, como no ''[[Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar|Diccionario Madoz]]'',<ref>Por exemplo, [http://books.google.es/books?id=MyrOAAAAMAAJ&pg=PA194&lpg=PA194&dq=santa+eugenia+de+ribeira&source=bl&ots=2iU8iRTZmZ&sig=TpUwDiyIvo5CW5QetKlQ7B2Wf_U&hl=en&sa=X&ei=cAMgULD1MMPA0QX95IDYDA&ved=0CDIQ6AEwAA#v=onepage&q=santa%20eugenia%20de%20ribeira&f=false Dicionario Madoz], ou [http://books.google.es/books?id=quj8POB7V98C&pg=PA1081&lpg=PA1081&dq=santa+eugenia+de+ribeira&source=bl&ots=OhtW7bZpun&sig=728v0vqFl0pb0g6cTB_skjZ7X70&hl=en&sa=X&ei=_gMgUMzpPOjC0QWTmoB4&ved=0CEIQ6AEwAzgK#v=onepage&q=santa%20eugenia%20de%20ribeira&f=false Gaceta de Madrid de 13 de xullo de 1822]</ref> e con v. |
||
Por outra banda, ''Uxía'' é a evolución do galego antigo ''Ougia'', á súa vez evolución do nome greco-latino ''Eugenia''. A igrexa parroquial é citada por primeira vez en 1200, na forma ''Sancte Eugenie de Carraria'': "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos".<ref>{{Cita libro|last=Pérez Rodríguez|first=Francisco Javier|title=Os documentos do tombo de Toxos Outos|year=2004|publisher=Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Histórico|location=Santiago de Compostela|isbn=84-95415-82-8|pages=654}}</ref> |
Por outra banda, ''Uxía'' é a evolución do galego antigo ''Ougia'', á súa vez evolución do nome greco-latino ''Eugenia''. A igrexa parroquial é citada por primeira vez en 1200, na forma ''Sancte Eugenie de Carraria'': "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos".<ref>{{Cita libro|last=Pérez Rodríguez|first=Francisco Javier|title=Os documentos do tombo de Toxos Outos|year=2004|publisher=Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Histórico|location=Santiago de Compostela|isbn=84-95415-82-8|pages=654}}</ref> |
Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2016 ás 20:09
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Coordenadas: 42°33′36.82″N 8°59′35.69″O / 42.5602278, -8.9932472
Ribeira | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | ribeirán - ribeirense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca do Barbanza |
Poboación | 27.565 hab. (2014)[2][3] |
Área | 69,0 km²[3] |
Densidade | 399,49 hab./km² |
Entidades de poboación | 9 parroquias[4] |
Capital do concello | Santa Uxía de Ribeira |
Política (2015) | |
Alcalde | Manuel Ruiz Rivas (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 4 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 3 Outros: C's 3, IPDER 2 |
Eleccións municipais en Ribeira | |
Uso do galego[5] (2011) | |
Galegofalantes | 61,51% |
Na rede | |
www.riveira.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ribeira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2014 tiña 27.565 habitantes (27.778 no 2012, 27.699 no 2011, 27.504 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribeirense».
Xeografía
Situación
O concello de Ribeira ocupa o extremo da península do Barbanza, asomándose ás rías de Arousa e de Muros-Noia.
Orografía e hidrografía
A maior parte do territorio ocúpano as estribacións da serra do Barbanza, de cuxos 200 m. de alto baixan numerosos regatos encaixados en vales estreitos, como o de Artes.
Merece especial consideración o conxunto formado polo Complexo Dunar de Corrubedo e a Lagoa de Carregal e Vixán, declarado parque natural.
Demografía
Censo total (habitantes) | 27.565 (2014) |
Menos de 16 anos | 4.172 (15,13 %) |
Entre 16 e 64 anos | 18.118 (65,73 %) |
Máis de 64 anos | 5.275 (19,14 %) |
Evolución da poboación de Ribeira Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
12.218 | 16.870 | 18.280 | 24.542 | 26.623 | 27.518 | 27.699 | 27.778 | 27.811 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
Como en toda A Barbanza, abundan os restos megalíticos, entre os que cabe mencionar o dolmen de Axeitos. Da idade do bronce é a Pedra das Cabras, petróglifo situado a parroquia de Palmeira.
Da época castrexa destacan dous poboados: o castro do Monte da Cidá e mais o castro de Artes. A costa foi atacada polos viquingos desde o século IX e por outros pobos nos séculos seguintes. No século XVI a peste bubónica dezmou a poboación da comarca.
Os fomentadores cataláns que chegaron no século XVIII construíron fábricas de salgadura e no século XIX introducíronse as novas técnicas de conservación e envasado en folla de lata, co que as fábricas se reconverteron e deron lugar ás conserveiras actuais.
Cultura
Toponimia
Ribeira é palabra galega procedente do Latín RIPARIA, 'franxa de terra que está ao lado dun río, dun lago ou do mar'.[6] Esta forma documentase por vez primeira nun testamento dado en 1387: Item mando a Sta. Ougea de Ribeira hua libra de cera en huun frolal et outra libra de azeite.[7] As formas escritas con b son xerais para este topónimo até 1607,[8] cando se documenta a grafía Santa Eugenia de Riveira.[9] Desde ese momento, nas mencións (en castelán) a este porto e freguesía se alternan formas escritas con b, como no Diccionario Madoz,[10] e con v.
Por outra banda, Uxía é a evolución do galego antigo Ougia, á súa vez evolución do nome greco-latino Eugenia. A igrexa parroquial é citada por primeira vez en 1200, na forma Sancte Eugenie de Carraria: "de tota nostra hereditate quantam habemus in villa que uocatur Dayam in concurrencia Sancte Eugenie de Carraria que est in terra Pistomarchos".[11]
O pleno do concello aprobou[12] o 11 de novembro de 1984 unha moción para denominar o concello "Santa Uxía de Riveira", con v, previo informe do cronista oficial Carlos García Bayón, o concello basea nese acto a súa utilización da forma Riveira malia que a única forma oficial é Ribeira, tal como aprobou a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia.
Etnografía
Festas e celebracións
Na cidade de Ribeira cobran especial importancia a festa da dorna e as festas do verán. A festa da Dorna ten lugar entre o 20 e o 24 de xullo. Nese tempo a xente agrúpase en peñas e levan a cabo todo tipo de actividades, como o "voo sen motor", a "regata de embarcacións feitas a machada" ou o "gran prix de carrilanas". Cómpre destacar que é unha festa que consta de "idioma propio". É unha festa desfrutada por todos, na que toda a cidade se bota á rúa con gañas de divertirse e gozar desta festa esperada por todos os habitantes.
Tamén teñen importancia as festas de agosto, onde as atraccións, barracas e tómbolas se apoderan dalgunhas rúas ribeirenses. Son amenizadas con orquestras e concertos de artistas tanto nacionais como internacionais.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ribeira.
Imaxes da vila de Ribeira
-
Imaxes varias do concello.
-
Vista de Ribeira dende o monte de San Alberte
-
Vista de Ribeira dende San Roque (monte periurbano)
-
Vista da cidade desde a entrada do porto
-
Porto
Imaxes doutros lugares de Ribeira
-
Serra do Barbanza desde Ribeira
-
Praia do Vilar, na parroquia de Carreira
-
Lagoa de Vixán, na parroquia de Carreira
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ribeira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ RAG. "Diccionario da Real Academia Galega". Consultado o 6 de agosto de 2012.
- ↑ López Ferreiro, Antonio (1901). Colección Diplomática de Galicia Histórica. Santiago: Tipografía Galaica. p. 417.
- ↑ AGON. "A falacia da forma *Riveira". Consultado o 6 de agosto de 2012.
- ↑ del Hoyo, Jerónimo (1607). Memorias del arzobispado de Santiago.
- ↑ Por exemplo, Dicionario Madoz, ou Gaceta de Madrid de 13 de xullo de 1822
- ↑ Pérez Rodríguez, Francisco Javier (2004). Os documentos do tombo de Toxos Outos. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, Sección de Patrimonio Histórico. p. 654. ISBN 84-95415-82-8.
- ↑ Que fue de la v de Ribeira
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ribeira |