Historia Brittonum: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 23: Liña 23:
A maior parte dos lugares citados son escuros e non poden ser identificados. Algunhas das batallas aparecen nalgunha outra obra da [[literatura galesa]], aínda que non todas están conectadas explicitamente con Arturo. Algúns académicos propuxeron que o autor tomou a lista dun poema antigo galés agora perdido que listaba as doce grandes vitorias de Arturo, baseado no feito de que algúns dos nomes parecen rimar e polo indicio da descrición estraña de Arturo cargando nos seus ombros a imaxe da [[María (nai de Xesús)|Virxe María]] en Guinnion podería conter unha confusión da palabra galesa ''iscuit'' (escudo) por ''iscuid'' (ombros).<ref>Green, pag. 19.</ref> Porén, outros rexeitan isto como insostíbel,<ref>Green, pag. 19-21.</ref> argumentando que no seu lugar o autor inclúe batallas que non foron previamente asociadas con Arturo ou quizais as inventou por completo. Unha historia similar tamén aparece nos ''[[Annales Cambriae]]'', onde Arturo é descrito levando «a cruz do noso Señor Xesús Cristo nos seus ombros por tres días e tres noites...», aínda que aquí se di que a batalla é en Badon en lugar de Guinnon.<ref>Green, pag. 26.</ref> T. M. Charles-Edwards argumenta que estas versións se refiren a unha mesma fonte.<ref name=repetida_1>Green, pag. 28.</ref> Outros estudosos, porén, como é o caso de Thomas Jones e de N. J. Higham, argumentan que a historia dos Annales ''se basea directamente na Historia'', en cuxo caso o nome da batalla tería mudado do descoñecido Guinnon ao famoso Badon e a icona que carga Arturo substituída cunha máis común.<ref name=repetida_1 />
A maior parte dos lugares citados son escuros e non poden ser identificados. Algunhas das batallas aparecen nalgunha outra obra da [[literatura galesa]], aínda que non todas están conectadas explicitamente con Arturo. Algúns académicos propuxeron que o autor tomou a lista dun poema antigo galés agora perdido que listaba as doce grandes vitorias de Arturo, baseado no feito de que algúns dos nomes parecen rimar e polo indicio da descrición estraña de Arturo cargando nos seus ombros a imaxe da [[María (nai de Xesús)|Virxe María]] en Guinnion podería conter unha confusión da palabra galesa ''iscuit'' (escudo) por ''iscuid'' (ombros).<ref>Green, pag. 19.</ref> Porén, outros rexeitan isto como insostíbel,<ref>Green, pag. 19-21.</ref> argumentando que no seu lugar o autor inclúe batallas que non foron previamente asociadas con Arturo ou quizais as inventou por completo. Unha historia similar tamén aparece nos ''[[Annales Cambriae]]'', onde Arturo é descrito levando «a cruz do noso Señor Xesús Cristo nos seus ombros por tres días e tres noites...», aínda que aquí se di que a batalla é en Badon en lugar de Guinnon.<ref>Green, pag. 26.</ref> T. M. Charles-Edwards argumenta que estas versións se refiren a unha mesma fonte.<ref name=repetida_1>Green, pag. 28.</ref> Outros estudosos, porén, como é o caso de Thomas Jones e de N. J. Higham, argumentan que a historia dos Annales ''se basea directamente na Historia'', en cuxo caso o nome da batalla tería mudado do descoñecido Guinnon ao famoso Badon e a icona que carga Arturo substituída cunha máis común.<ref name=repetida_1 />


A batalla do Monte Badon é relacionada con Arturo en varios textos posteriores, pero non é asociada con el en ningún que preceda a ''Historia''.<ref>Green, pag. 41.</ref> Era claramente unha batalla histórica que foi descrita por [[Xildas]], quen non menciona o nome do líder britano (porén, menciona a Aurelio Ambrosio como un gran azoute dos saxóns inmediatamente anterior).<ref>Green, pag. 31.</ref> Das outras batallas, é xeralmente aceptado que só a Batalla de Tribuit está asociada con Arturo noutra fonte galesa previa.<ref>Green, pag. 20.</ref> Tribuit aparece como Tryfrwyd no poema galés antigo ''Pa Gur?'', datado cara a mediados do século IX. Aquí é asociada con ''cinbin'' ou [[cinocéfalo]] s; os homes de Arturo loitaron nas montañas de ''[[Edimburgo|Eidyn]]'' (Edimburgo) e adestráronse cun personaxe chamado Garwlwyd (Rudo-gris) que é probabelmente idéntico a Gwrgi Garwlwyd (home-can Rudo-gris) quen aparece nunha das [[Tríades galesas]].<ref>Bromwich, pax. 73–74</ref><ref>Véxase Bromwich pax. 385 para a discusión de Gwrgi Garwlwyd como un home lobo.</ref><ref name=Green 84-85>Green, pag. 84-85.</ref> O principal protagonista de Arturo na loita é [[Bedevere|Bedwyr]], máis tarde coñecido como Sir Bedevere, e unha referencia máis temperá no poema indica que o deus [[Manawydan]] está tamén involucrado.<ref name=Green 84-85 /> «A cidade da lexión» podería ser unha referencia a [[Caerleon]], cuxo nome se traduce como tal, pero podería tamén referirse a [[Chester]], o lugar dunha gran base romana.<ref>Ashe, Geoffrey (1991). "Annales Cambriae". En: Lacy, Norris J. (ed.), ''The New Arthurian Encyclopedia'', pag. 65. New York: Garland. ISBN 0-8240-4377-4.</ref>
A batalla do Monte Badon é relacionada con Arturo en varios textos posteriores, pero non é asociada con el en ningún que preceda a ''Historia''.<ref>Green, pag. 41.</ref> Era claramente unha batalla histórica que foi descrita por [[Xildas]], quen non menciona o nome do líder britano (porén, menciona a Aurelio Ambrosio como un gran azoute dos saxóns inmediatamente anterior).<ref>Green, pag. 31.</ref> Das outras batallas, é xeralmente aceptado que só a Batalla de Tribuit está asociada con Arturo noutra fonte galesa previa.<ref>Green, pag. 20.</ref> Tribuit aparece como Tryfrwyd no poema galés antigo ''Pa Gur?'', datado cara a mediados do século IX. Aquí é asociada con ''cinbin'' ou [[cinocéfalo]] s; os homes de Arturo loitaron nas montañas de ''[[Edimburgo|Eidyn]]'' (Edimburgo) e adestráronse cun personaxe chamado Garwlwyd (Rudo-gris) que é probabelmente idéntico a Gwrgi Garwlwyd (home-can Rudo-gris) quen aparece nunha das [[Tríades galesas]].<ref>Bromwich, pax. 73–74</ref><ref>Véxase Bromwich pax. 385 para a discusión de Gwrgi Garwlwyd como un home lobo.</ref><ref name="Green84-85">Green, pag. 84-85.</ref> O principal protagonista de Arturo na loita é [[Bedevere|Bedwyr]], máis tarde coñecido como Sir Bedevere, e unha referencia máis temperá no poema indica que o deus [[Manawydan]] está tamén involucrado.<ref name="Green84-85"/> «A cidade da lexión» podería ser unha referencia a [[Caerleon]], cuxo nome se traduce como tal, pero podería tamén referirse a [[Chester]], o lugar dunha gran base romana.<ref>Ashe, Geoffrey (1991). "Annales Cambriae". En: Lacy, Norris J. (ed.), ''The New Arthurian Encyclopedia'', pag. 65. New York: Garland. ISBN 0-8240-4377-4.</ref>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 8 de xaneiro de 2016 ás 06:57

A Historia Brittonum ou A Historia dos Britanos é un libro histórico que foi escrito nalgún momento pouco despois do ano 833, do que existen varias versións con certas diferenzas. Pretende relatar a historia dos habitantes britanos de Gran Bretaña desde os tempos máis temperáns, polo que este texto foi usado para escribir unha historia tanto de Gales como de Inglaterra. Tradicionalmente, sinálase a Nennio como o autor deste texto, aínda que esta interpretación é cuestionada.

Texto

O texto en si é unha colección de extractos, cálculos cronolóxicos, glosarios e resumos baseados en rexistros previos, moitos dos cales xa non existen. Como resultado, a fiabilidade deste traballo foi cuestionada tanto en parte como no todo. O arqueólogo Leslie Alcock observou que, nunha versión deste manuscrito, o autor mesmo chama ao seu traballo unha morea de todo o que puido encontrar e suxire que se estendésemos esa metáfora, este texto é:

(...) como un morea de pedras colocadas como sinal, desigual e mal encaixado... como un exemplo da arte do historiador é atroz. Pero ten a virtude dos seus defectos. Podemos ver as pedras individuais da morea e, nalgúns casos, podemos rastrear a rocha orixinal da que viñeron e establecer a súa idade e solidez.
Leslie Alcock, Arthur's Britain: History and Archaeology AD 367-634[1]

Outra visión ofrécea o profesor David Dumville, quen investigou exhaustivamente sobre a transmisión deste texto e a conexión entre as súas versións. Dumville cre que este texto foi revisado, complementado e reescrito moitas veces e de moitas maneiras entre a data da súa orixe aparente e a data dos manuscritos sobreviventes.[2] O intento deste autor era producir unha crónica sincronizada de acordo á forma de escribir dos historiadores irlandeses na súa propia época. Xa que este manuscrito ofrecía a única historia de Gales complementario ao libro de Beda Historia ecclesiastica gentis Anglorum, foi reproducida e revisada para cubrir esta demanda. N. J. Higham suxeriu que a Historia Brittonum foi escrita principalmente para Merfyn Frych ap Gwriad, rei de Gwynedd do 825 ao 844.[3]

Autor

Tradicionalmente, a Historia Brittonum foi adscrita a Nennio, un monxe galés do século IX; porén, a análise de numerosas versións mostrou que tamén se atribuíu a autoría a Xildas (probabelmente porque Xildas foi o único autor histórico coñecido polos seus escribas), mentres que outros (como o manuscrito Harleian 3859 da Biblioteca Británica) non mencionan autor. A investigación de Dumville mostrou que a adscrición deste traballo a Nennio se orixinou no século X nunha rama da transmisión do manuscrito, creado por un escriba que buscaba a raíz deste traballo nas tradicións intelectuais desa época.

Asociacións co rei Arturo

A Historia Brittonum atraeu atención debido ao seu papel en influenciar as lendas e mitos que rodean o Rei Artur. É a primeira fonte que presenta a Artur como unha figura histórica e é a fonte de varias historias que son repetidas e amplificadas por autores posteriores.

Vortigern e Ambrosius

A Historia contén a historia do rei Vortigern que permitiu aos saxóns asentárense na illa de Bretaña a cambio da man da súa filla Hengest.Capítulos 31-38. Unha lenda rexistra a preocupación de Vortigern no seu intento por construír unha fortaleza preto ao monte Snowdon, chamada Dinas Emrys, só para que lle rouben os seus materiais de construción cada vez que o intenta. Os seus conselleiros dixéronlle que asperxise o sangue dun neno nado sen pai no lugar. Vortigern acha a tal mozo en Ambrosio Aureliano, quen reprende aos sabios e revela que a causa do disturbio son dúas serpes enterradas.[4] Máis tarde, Ambrosio tivo conflitos con Vortigern e é mencionado como un gran rei máis adiante na historia.

A historia da torre é repetida e embelecida por Godofredo de Monmouth na súa Historia Regum Britanniae, aínda que a atribúe a Merlín ao dicir que «Ambrosio» é o nome alternativo do sabio. Godofredo inclúe a Ambrosio como un rei no seu propio dereito e tamén inclúe outros personaxes, tales como Vortimer e o bispo Xermán de Auxerre.

Batallas de Arturo

O capítulo 56 discute doce batallas disputadas e gañadas por Artur, chamado dux bellorum (líder guerreiro) antes que rei.[5]

A maior parte dos lugares citados son escuros e non poden ser identificados. Algunhas das batallas aparecen nalgunha outra obra da literatura galesa, aínda que non todas están conectadas explicitamente con Arturo. Algúns académicos propuxeron que o autor tomou a lista dun poema antigo galés agora perdido que listaba as doce grandes vitorias de Arturo, baseado no feito de que algúns dos nomes parecen rimar e polo indicio da descrición estraña de Arturo cargando nos seus ombros a imaxe da Virxe María en Guinnion podería conter unha confusión da palabra galesa iscuit (escudo) por iscuid (ombros).[6] Porén, outros rexeitan isto como insostíbel,[7] argumentando que no seu lugar o autor inclúe batallas que non foron previamente asociadas con Arturo ou quizais as inventou por completo. Unha historia similar tamén aparece nos Annales Cambriae, onde Arturo é descrito levando «a cruz do noso Señor Xesús Cristo nos seus ombros por tres días e tres noites...», aínda que aquí se di que a batalla é en Badon en lugar de Guinnon.[8] T. M. Charles-Edwards argumenta que estas versións se refiren a unha mesma fonte.[9] Outros estudosos, porén, como é o caso de Thomas Jones e de N. J. Higham, argumentan que a historia dos Annales se basea directamente na Historia, en cuxo caso o nome da batalla tería mudado do descoñecido Guinnon ao famoso Badon e a icona que carga Arturo substituída cunha máis común.[9]

A batalla do Monte Badon é relacionada con Arturo en varios textos posteriores, pero non é asociada con el en ningún que preceda a Historia.[10] Era claramente unha batalla histórica que foi descrita por Xildas, quen non menciona o nome do líder britano (porén, menciona a Aurelio Ambrosio como un gran azoute dos saxóns inmediatamente anterior).[11] Das outras batallas, é xeralmente aceptado que só a Batalla de Tribuit está asociada con Arturo noutra fonte galesa previa.[12] Tribuit aparece como Tryfrwyd no poema galés antigo Pa Gur?, datado cara a mediados do século IX. Aquí é asociada con cinbin ou cinocéfalo s; os homes de Arturo loitaron nas montañas de Eidyn (Edimburgo) e adestráronse cun personaxe chamado Garwlwyd (Rudo-gris) que é probabelmente idéntico a Gwrgi Garwlwyd (home-can Rudo-gris) quen aparece nunha das Tríades galesas.[13][14][15] O principal protagonista de Arturo na loita é Bedwyr, máis tarde coñecido como Sir Bedevere, e unha referencia máis temperá no poema indica que o deus Manawydan está tamén involucrado.[15] «A cidade da lexión» podería ser unha referencia a Caerleon, cuxo nome se traduce como tal, pero podería tamén referirse a Chester, o lugar dunha gran base romana.[16]

Notas

  1. (London: Penguin, 1971), pag. 32.
  2. Sostido en moitas das súas publicacións, por exemplo na introdución de seu The Historia Brittonum: 3 The 'Vatican' Recension (Cambridge: D.S. Brewer, 1985).
  3. Hingam, King Arthur: Myth Making and History (London: Routledge & Kegan Paul, 2002)
  4. Capítulos 40-42.
  5. Lupack, Alan (Trans.) "De: The History of the Britons (Historia Brittonum). The Camelot Project. Acceso: 27 de Julio de 2008.
  6. Green, pag. 19.
  7. Green, pag. 19-21.
  8. Green, pag. 26.
  9. 9,0 9,1 Green, pag. 28.
  10. Green, pag. 41.
  11. Green, pag. 31.
  12. Green, pag. 20.
  13. Bromwich, pax. 73–74
  14. Véxase Bromwich pax. 385 para a discusión de Gwrgi Garwlwyd como un home lobo.
  15. 15,0 15,1 Green, pag. 84-85.
  16. Ashe, Geoffrey (1991). "Annales Cambriae". En: Lacy, Norris J. (ed.), The New Arthurian Encyclopedia, pag. 65. New York: Garland. ISBN 0-8240-4377-4.

Bibliografía

  • Bromwich, Rachel (2006). Trioedd Ynys Prydein: The Triads of the Island of Britain. University Of Wales Press. ISBN 0-7083-1386-8.
  • Green, Thomas (2007). Concepts of Arthur. Stroud, Gloucestershire: Tempus. ISBN 978-0-7524-4461-1.
  • Lacy, Norris J. (Ed.), The New Arthurian Encyclopedia, pag. 8–9. New York: Garland. ISBN 0-8240-4377-4.

Ligazóns externas