Pularda: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
xa ten cat.
Liña 25: Liña 25:


Os machos que se someten á castración con obxectivos iguais como na produción de ''pulardas'' son chamados [[Capón|capóns]].
Os machos que se someten á castración con obxectivos iguais como na produción de ''pulardas'' son chamados [[Capón|capóns]].

{{sen categoría}}


[[Categoría:Carne e produtos cárnicos]]
[[Categoría:Carne e produtos cárnicos]]

Revisión como estaba o 7 de xaneiro de 2016 ás 12:37

Poularde aux morilles (Pularda á morchella), prato típico da rexión francesa de Franco-Condado.

En catalá e castelán, denomínase pularda a unha galiña castrada. A palabra pularda ven da lingua francesa poularde, de poule, galiña en francés antigo.

Trátase de unha carne moi apreciada, xa que ten un delicado sabor, rica en graxas infiltradas que se dispoñen baixo a súa musculatura, cousa que se torna especial para aqueles alimentos que van ao forno.

As galiñas castradas non producen ovos polo que a súa carne resulta diferente no seu sabor.

Para a produción das galiñas pulardas é preferibel a escolla de razas de galiñas clásicas como a raza Catalana del Prat e a Castellana Negra.

Castración

O procedemento tradicional para obter as pulardas baseábase en crialas na escuridade e sen permitir que se axiten e se movan moito.

As técnicas modernas consisten en extirpar un dos ovarios da galiña nova, é unha operación delicada e grazas a que estas se manteñen con pouca luz, reducen a rexeneración dos seus ovarios.

Algúns produtores crían as pulardas case ceivas e a carne producida sabe ben diferente a aquelas que non se moven.

Alimentación

A súa dieta ten que contar cun grande contido en cereais. Debe tamén ter derivados de produtos lácteos, leguminosas e vexetais nunha taxa mínima de 5%.

Sacrificio

Sacrifícase cando a galiña se achega ata os 3 quilos de peso en vivo (dúas veces en comparación a unha galiña normal).

Acada este peso aos seis ou sete meses.

Os machos que se someten á castración con obxectivos iguais como na produción de pulardas son chamados capóns.