Gaivota chorona: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado táboa taxonómica e cat
file
Liña 34: Liña 34:
En [[Europa]] é moi abondosa agás na [[Escandinavia]]. É sedentaria na [[Gran Bretaña]] e nos países mediterráneos. Durante o inverno emigra dende o [[mar Báltico]] ata o [[Mediterráneo]] chegando ata o norte de [[África]]. Téñense atopado exemplares ata no [[Canadá]].

[[File:Kokmeeuw Larus ridibundus Jos Zwarts 4.tif|thumb|180px]]
== Reprodución ==
== Reprodución ==
A gaivota chorona aniña no chan preto da auga en marismas e lagoas. Pon a partir do final de marzo 3 ovos que van dende o castaño claro a escuro con pencas; estes son chocados polos dous sexos durante 24 días; os pitos son seminidífugos e voan logo de 6 semanas.

Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2016 ás 09:51

Gaivota chorona

Adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: 'Chroicocephalus'
Especie: ''C. ridibundus''
Nome binomial
'Chroicocephalus ridibundus'
(Linnaeus, 1766)
Sinonimia

Larus ridibundus

A gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus, antes Larus ridibundus)[2] é unha gaivota que se pode observar en Galiza durante todo o ano, principalmente exemplares non reprodutores. A súa poboación invernante nas costas galegas estímase nuns 20 mil individuos[Cómpre referencia].

A poboación europea da gaivota chorona estímase nuns 2 millóns de exemplares[Cómpre referencia]. Ata fai pouco a súa cría en Galiza era escasa, aínda que dende finais dos anos 90 a súa cría estase a facer máis común debido ós seus costumes sedentarios.

Descrición

Gaivotas choronas en voo

A gaiovota chorona é unha ave de 54-60 cm de envergadura e un peso de 210-300 gramos. É de cor branco coas ás de cor gris agás os bordos negros. A súa testa é de cor negra, durante o inverno tórnase gris ou branca segundo a idade. As súas patas son de cor laranxa ou vermello alaranxado. O seu bico é vermello.

Comportamento

É unha ave oportunista, carroñeira que busca pequenos invertebrados ou refugallos deixados polos humanos. Adoita presentarse en grupos de 10 a 20 exemplares nos campos labrados en busca de insectos ou miñocas.

Hábitat

A súa distribución en Galiza é irregular. Atópase principalmente nas costas galegas e nos ríos Miño, Ulla e Sil, así como na Baixa Limia.

En Europa é moi abondosa agás na Escandinavia. É sedentaria na Gran Bretaña e nos países mediterráneos. Durante o inverno emigra dende o mar Báltico ata o Mediterráneo chegando ata o norte de África. Téñense atopado exemplares ata no Canadá.

Reprodución

A gaivota chorona aniña no chan preto da auga en marismas e lagoas. Pon a partir do final de marzo 3 ovos que van dende o castaño claro a escuro con pencas; estes son chocados polos dous sexos durante 24 días; os pitos son seminidífugos e voan logo de 6 semanas.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guía das aves de Galicia (1991), Editorial Baía.

Notas