César Antonio Molina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Pementa (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Infpolitico
{{Infpolitico
|nome = César Antonio Molina Sánchez {{Medalla|Castelao}}
|nome = César Antonio Molina Sánchez{{Medalla|Castelao}}
|imaxe = [[Ficheiro:César Antonio Molina.jpg|220px]]
|imaxe = [[Ficheiro:César Antonio Molina.jpg|220px]]
|datadenacemento = [[14 de setembro]] de [[1952]]
|datadenacemento = [[14 de setembro]] de [[1952]]

Revisión como estaba o 2 de xaneiro de 2016 ás 16:36

César Antonio Molina
Datos persoais
Nacemento14 de setembro de 1952
 Galicia A Coruña
OrganizaciónPSdeG-PSOE
CónxuxeMercedes Monmany
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid
ProfesiónEscritor
Na rede
IMDB: nm2916810 Bitraga: 1367 Dialnet: 20737 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

César Antonio Molina Sánchez, nado na Coruña o 14 de setembro de 1952, é un escritor e político galego. Foi ministro de Cultura do goberno de España entre 2007 e 2009. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.[1]

Traxectoria

Licenciouse en Dereito e en Ciencias da Información. Doutorouse cum laude cun traballo de investigación sobre A prensa literaria española, publicado en tres volumes. Foi profesor da Universidade Complutense de Madrid e seguiu séndoo nos últimos anos, na facultade de Humanidades e Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidade de Verán do Escorial.

Entre 1985 e 1996 traballou en Cambio 16 e Diario 16 onde foi director asistente e responsable das páxinas de cultura e espectáculos, así como dos suplementos Culturas e Libros. En 1996 incorporouse ao Círculo de Bellas Artes de Madrid como director-xerente.

En maio de 2004 foi nomeado Director do Instituto Cervantes. Nese mesmo ano foi galardoado co Premio Fernández Latorre[2]. En setembro de 2005 o goberno de Francia outorgoulle a Orde das Artes e Letras.

O 6 de xullo de 2007 foi nomeado ministro de Cultura en substitución de Carmen Calvo, polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero. Nas Eleccións Xerais de 2008 encabeza a candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña, resultando elixido, e máis tarde confirmado como Ministro de Cultura na IX Lexislatura. Trala remodelación do Goberno do 7 de abril de 2009 deixou o Ministerio de Cultura sendo substituído por Ángeles González-Sinde[3]. En xuño de 2010 falou desa substitución, mencionando que se debera a razóns de paridade e glamour[4], e dixo de Zapatero que es una persona que no escucha y que sólo se fía de sí mismo.

Carreira literaria

Escritor en galego e en castelán, ten traballado fundamentalmente a prosa científica e a poesía, pero tamén é coñecido o seu labor como antoloxista.

Libros publicados

En galego

Obras colectivas

  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, Espiral Maior, 2008.
  • Tamén navegar. Toxosoutos, 2011.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, Toxosoutos, 2013.

En castelán

  • Épica. A Coruña: Argrove, 1974. 45 p.
  • Proyecto preliminar para una arqueología de campo [poesía]. Barcelona: Anthropos, 1978. 103 p.
  • Últimas horas en Lisca Blanca. León: 1979. 20 p.
  • La estancia saqueada [poesía]. Barcelona: Los libros de la frontera, 1983. 86 p.
  • La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930). A Coruña: NOS, 1984. 397 p.
  • Antología de la poesía Gallega contemporánea. Madrid: Júcar, 1984. 509p.
  • Gobierno de un jardín. Cuenca: II MENU, 1986. (Colección Cuadernos de poesía)
  • Derivas. Madrid: Maina, 1987. 84 p.
  • Medio siglo de Prensa literaria española (1900-1950) [ensayo]. Madrid: Endymion, 1990. 394 p.
  • Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa. Madrid: Akal, 1990. 400p.
  • Las ruinas del mundo. Barcelona: Anthropos, 1991. 480p.
  • Para no ir a parte alguna. Valencia: Pre-textos, 1994, 85 p.
  • Sobre la inutilidad de la poesía. Madrid: Huerga & Fierro, 1995. 492p.
  • Nostalgia de la nada perdida; ensayo sobre narrativa contemporánea. Madrid: Endymion, 1996. 520 p.
  • Vivir sin ser visto. Barcelona: Península, 2000. 238p.
  • A Coruña, agua y luz. Edición bilingüe castellano-inglés. Barcelona: Lunwerg, 2001. 254p.
  • Olas en la noche. Valencia: Pre-textos, 2001. 87p.
  • Regresar a donde no estuvimos. Barcelona: Península, 2003. 461 p.
  • Viaje a la Costa da morte. Madrid: Huega & Fierro, 2003. 315 p.
  • En el mar de Ánforas. Valencia: Pre-Textos, 2005 (Colección de poesía) 204p.
  • En honor de Hermes. Madrid: Huerga & Fierro, 2005. 769p.
  • Fuga del amor. Barcelona: Destino, 2005. 245p.
  • El rumor del tiempo. Madrid: Círculo de lectores, 2006
  • La caza de los intelectuales, Barcelona: Destino, 2014.
  • La poesía es un error necesario, A Coruña: Trifolium, 2015.
  • Zhivago, A Coruña: Trifolium, 2015.

Notas

  1. Medallas Castelao para Luz Casal e César Antonio Molina.
  2. Premios Fernández Latorre, ano 2004.
  3. Ángeles González Sinde substitúe a César Antonio Molina como Ministro de Cultura, culturagalega.org, 7 de abril de 2009.
  4. "César Antonio Molina: «Zapatero me dijo que me destituía por la paridad y por el glamour»", entrevista de Manuel Jabois a César Antonio Molina no Diario de Pontevedra, 2 de xuño de 2010 (en castelán).


Predecesor:
Jon Juaristi
 Director do Instituto Cervantes 
2004 - 2007
Sucesor:
Carmen Cafarell
Predecesor:
Carmen Calvo
 
Ministro de Cultura de España
 
2007 - 2009
Sucesor:
Ángeles González-Sinde