Mar Negro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
poño modelo Corpo de auga
m máis
Liña 20: Liña 20:
| división_administrativa =
| división_administrativa =
| subdivisión_administrativa =
| subdivisión_administrativa =
| mar =
| mar = [[Mar epicontinental]]
| arquipélago =
| arquipélago =
| illa =
| illa =
| ecorexión =
| ecorexión =
Liña 29: Liña 29:
| mares_contiguos = [[Mar de Azov]]
[[mar de Mármara]]
([[mar Exeo]],
[[mar Mediterráneo]])
| mares_contiguos = [[Mar de Azov]]
[[mar de Mármara]]
([[mar Exeo]],
[[mar Mediterráneo]])
| subdivisións =
| subdivisións =
| illas =
| illas = 10+
| afluentes = [[Río Danubio|Danubio]] (2.888 km),
[[río Dniéper|Dniéper]] (2.290 km)),
[[río Dnister|Dnister]] (1.352 km)
[[río Kubán|Kubán]] (870 km)
| afluentes = [[Río Danubio|Danubio]] (2.888 km),
[[río Dniéper|Dniéper]] (2.290 km)),
[[río Dnister|Dnister]] (1.352 km)
[[río Kubán|Kubán]] (870 km)
| cidades =
| cidades =
Liña 56: Liña 56:
| campo4 =
| campo4 =

[[Ficheiro:Black Sea relief location map.svg|miniatura|O Mar Negro coa península da Crimea e o Mar de Azov ao norte.
[[Ficheiro:Black Sea relief location map.svg|miniatura|O Mar Negro coa península da Crimea e o Mar de Azov ao norte.]]
O '''mar Negro''' (en [[Lingua abkhaza|abkhaza]]: Амшын Еиқәа, {{lang-ka|შავი ზღვა}}, {{lang-tr|Karadeniz}}, en [[póntico]]: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, {{lang-bg|Черно море}}, {{lang-ro|Marea Neagră}}, {{lang-ru|Чёрное море}}, {{lang-uk|Чорне море}}, en [[Lingua tártara de Crimea|tártaro de Crimea]]: Qara deñiz) é un [[mar]] que posúe unha saída moi angosta ao [[Mar Mediterráneo]] e que separa [[Europa Oriental]] de [[Asia Occidental]] e esta limitado polos [[montes Pónticos]], ao sur, e polo [[Cáucaso]] a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co [[océano Atlántico]], vía [[mar Mediterráneo]] e [[mar Exeo]]: o [[estreito]] do [[Bósforo]] conéctao ao [[mar de Mármara]] e o estreito dos [[Dardanelos]] ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de [[estreito de Kerch|Kerch]], úneo ao [[mar de Azov]].

O '''Mar Negro''' é un mar interior entre o sueste de [[Europa]] e [[Asia Menor]]. Conéctase co [[Mar Mediterráneo]] polo [[Bósforo]] e o [[Mar de Mármara]], e ao [[Mar de Azov]] polo [[estreito de Kerch]].

== Características ==
== Características ==

Revisión como estaba o 29 de decembro de 2015 ás 08:39

Mar Negro
Localización administrativa
EstadoBulgaria Bulgaria
Xeorxia Xeorxia
Romanía Romanía
Rusia Rusia
Turquía Turquía
Ucraína Ucraína
Localización xeográfica
Océano / MarMar epicontinental
ContinenteEuropa - Asia
Xeografía
Mares contiguosMar de Azov
mar de Mármara
(mar Exeo,
mar Mediterráneo)
Illas interiores10+
AfluentesDanubio (2.888 km),
Dniéper (2.290 km)),
Dnister (1.352 km)
Kubán (870 km)
Accidentes
Golfos e baíasBaía de Karkinit
esteiro do Dniéper
PenínsulasCrimea
EstreitosBósforo (Mármara)
Dardanelos (Exeo)
estreito de Kerch (Azov)
Características
Lonxitude máxima1175 km
Profundiade máxima2212 m
Capacidade547 000 km³
Mapa

Localización do mar Negro.

Vista satélite
O Mar Negro coa península da Crimea e o Mar de Azov ao norte.

O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.

Características

Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.

Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma da Ucraína.

Formación

Teoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno

O Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.

Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, isto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estruturas constituídas polo home a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destes moluscos indica que teñen unha idade de uns 7.000 anos.

Tendo en conta estes feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocurreu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce superaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e desaugaba no Mar Mediterráneo.

Teoría da inundación ou o dioivo

En 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produciu unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.

Historia

Dende a antigüidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vías de entrada do gas natural ruso en Europa.

Etimoloxía

O nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o Norte, o "azul" para o Oeste, o "branco" para o Sur e o "verde" para o Leste. Ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual).

Fauna

Mexillón cebra.

O Mar Negro conta con especies animais características como son:

• O mexillón cebra: O Mar Negro é, xunto ao Mar Caspio, o lugar de orixe desta especie de onde se foi extendendo a través da acción do home a gran parte do planeta. Na actualidade está considerada como especie invasora na maior parte destes lugares de destino.

Poboación

As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Estambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Ialta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebisonda, Samsun e Zonguldak.

Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro.

Odessa
Estanbul
Samsun
Odesa

Pos. Cidade País Rexión Poboación urbana

Sevastopol
Samsun
Sochi
Sevastopol

1 Estambul Turquía Estambul 13.624.240[1]
2 Odesa Ucraína Odesa 1.003.705
3 Samsun Turquía Samsun 535.401[2]
4 Sebastopol Ucraína Crimea 379,200
5 Sochi Rusia Krasnodar Krai 343,334
6 Varna Bulgaria Varna 334,870
7 Trebisonda Turquía Trebisonda 305,231[3]
8 Constanţa Romanía Constanța 283,872[4]
9 Novorosíisk Rusia Krasnodar Krai 241,952
10 Burgas Bulgaria Burgas 223,902[5]

Notas

1. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
2. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
3. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.
4. Stiati.ca. "Cele mai mari orase din Romania". Stiati.ca. Consultado o 2014-03-06.
5. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06.

Véxase tamén

Outros artigos