Casa de Bernadotte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 35 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q201625
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
[[Ficheiro:Jean Baptiste Bernadotte.jpg|miniatura|esquerda|180px|[[Jean-Baptiste Bernadotte]], o pai da dinastía]]
[[Ficheiro:Jean Baptiste Bernadotte.jpg|miniatura|esquerda|180px|[[Jean-Baptiste Bernadotte]], o pai da dinastía]]


Bernadotte, nacido na cidade de [[Pau]], na provincia de [[Béarn]], [[Francia]], foi elevado a [[xeneral]] durante os tumultuosos anos da [[Revolución Francesa]]. En [[1798]], desposou a Désirée Clary, cuxa irmá estaba casada con [[Xosé Bonaparte]], o irmán máis vello de Napoleón. En [[1804]], Napoleón promoveuno a mariscal de Francia, concedéndolle máis tarde o título de "Príncipe de [[Pontecorvo]]", unha cidade do sur de [[Italia]].
Bernadotte, nacido na cidade de [[Pau, Francia|Pau]], na provincia de [[Béarn]], [[Francia]], foi elevado a [[xeneral]] durante os tumultuosos anos da [[Revolución Francesa]]. En [[1798]], desposou a Désirée Clary, cuxa irmá estaba casada con [[Xosé Bonaparte]], o irmán máis vello de Napoleón. En [[1804]], Napoleón promoveuno a mariscal de Francia, concedéndolle máis tarde o título de "Príncipe de [[Pontecorvo]]", unha cidade do sur de [[Italia]].


Como príncipe herdeiro de Suecia, asumiu o nome de Carlos Xoán e tornouse oficialmente como [[rexente]] para o restante do reinado de Carlos XIII, asegurando unha unión persoal forzada entre Suecia e [[Noruega]] na campaña contra Noruega de [[1814]]. Jean-Baptiste Bernadotte reinou como rei [[Carlos XIV de Suecia]] e [[Carlos III Xoán de Noruega]] do [[5 de febreiro]] de [[1818]] até a súa morte, o [[8 de marzo]] de [[1844]].
Como príncipe herdeiro de Suecia, asumiu o nome de Carlos Xoán e tornouse oficialmente como [[rexente]] para o restante do reinado de Carlos XIII, asegurando unha unión persoal forzada entre Suecia e [[Noruega]] na campaña contra Noruega de [[1814]]. Jean-Baptiste Bernadotte reinou como rei [[Carlos XIV de Suecia]] e [[Carlos III Xoán de Noruega]] do [[5 de febreiro]] de [[1818]] até a súa morte, o [[8 de marzo]] de [[1844]].

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2015 ás 17:56

Escudo da Casa de Bernadotte.

A Casa Real de Bernadotte é a actual casa real de Suecia, que leva reinando desde 1818. Entre 1818 e 1905 foi tamén a casa real de Noruega.

Esta casa real foi fundada por Jean Baptiste Jules Bernadotte, nacido en Pau, mariscal de Napoleón, escollido como sucesor do derradeiro rei da dinastía Holstein-Gottorp Carlos XIII, que morreu sen descendencia. O mariscal francés foi coroado en 1818 como Carlos XIV de Suecia (coñecido en Suecia como Carlos XIV Xoán) e Carlos III de Noruega (Carlos III Xoán).

Historia

Despois da Guerra Finlandesa en 1809, Suecia sufriu a perda traumática de Finlandia, que viña constituíndo a metade oriental do reino sueco durante séculos. A agonía e o resentimento dirixidos cara ao rei Gustavo IV Adolfo precipitaron un golpe de Estado: o tío de Gustavo Adolfo, Carlos XIII, que non tiña fillos, substituíno. Iso foi meramente unha solución temporal, pois, en 1810, o Riksdag elixiu o príncipe dinamarqués Cristian Augusto de Augustenborg como herdeiro ao trono. Como príncipe herdeiro, tomou o nome de Carlos Augusto, mais faleceu pouco despois no mesmo ano.

Como Napoleón I de Francia era o emperador dos franceses e gobernaba, directa ou indirectamente, sobre grande parte da Europa Continental, a través dunha rede de reinos satélites levados polos seus irmáns (ver Primeiro Imperio Francés), o parlamento sueco resolveu escoller un rei que Napoleón aceptase. O 21 de agosto de 1810, o Riksdag escolleu a Jean-Baptiste Bernadotte, mariscal de Francia, como herdeiro aparente do trono.

Jean-Baptiste Bernadotte, o pai da dinastía

Bernadotte, nacido na cidade de Pau, na provincia de Béarn, Francia, foi elevado a xeneral durante os tumultuosos anos da Revolución Francesa. En 1798, desposou a Désirée Clary, cuxa irmá estaba casada con Xosé Bonaparte, o irmán máis vello de Napoleón. En 1804, Napoleón promoveuno a mariscal de Francia, concedéndolle máis tarde o título de "Príncipe de Pontecorvo", unha cidade do sur de Italia.

Como príncipe herdeiro de Suecia, asumiu o nome de Carlos Xoán e tornouse oficialmente como rexente para o restante do reinado de Carlos XIII, asegurando unha unión persoal forzada entre Suecia e Noruega na campaña contra Noruega de 1814. Jean-Baptiste Bernadotte reinou como rei Carlos XIV de Suecia e Carlos III Xoán de Noruega do 5 de febreiro de 1818 até a súa morte, o 8 de marzo de 1844.

A Casa de Bernadotte reinou nos dous países até a disolución da unión entre Noruega e Suecia en 1905. O príncipe Carlos de Dinamarca, un neto do rei Carlos XV, foi entón electo o novo rei de Noruega.

O brasón de armas da Casa de Bernadotte combina o brasón da Casa de Vasa co brasón de Bernadotte como príncipe de Pontecorvo. É visíbel como un escudo no centro do brasón de armas de Suecia.

Lista dos monarcas da Casa Bernadotte

Véxase tamén