Frederico Guillerme IV de Prusia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{enuso}} |
|||
{{Ficha de nobre |
{{Ficha de nobre |
||
| nome = Federico Guillerme IV |
| nome = Federico Guillerme IV |
Revisión como estaba o 26 de decembro de 2015 ás 12:41
Federico Guillerme IV | |
---|---|
Rei de Prusia | |
Reinado | 7 de xuño de 1840 a 2 de xaneiro de 1861 |
Nacemento | 15 de outubro de 1795 Kronprinzenpalais, Berlín, Prusia |
Falecemento | 2 de xaneiro de 1861 Potsdam, Prusia |
Predecesor | Federico Guillerme III |
Sucesor | Guillerme I |
Proxenitores | Federico Guillerme III de Prusia Luísa de Mecklemburgo-Strelitz |
Na rede | |
Federico Guillerme IV de Prusia, nado en Berlín o 15 de outubro de 1795 e finado en Potsdam o 2 de xaneiro de 1861, foi o fillo maior e sucesor de Federico Guillerme III, rei de Prusia de 1840 a 1861.
Traxectoria
Federico Guillerme ascendeu ao trono de Prusia trala morte do seu pai en 1840. A través dunha unión persoal, tamén pasou a ser o príncipe soberano do Principado de Neuchâtel, hoxe parte de Suíza.[1] Continuou a política reaccionaria empezada polo seu pai. Durante as revolucións de 1848, e a pesar dunha serie de concesións que realizou nun primeiro momento ao movemento revolucionario, cando o parlamento de Frankfurt ofreceulle a coroa imperial de Alemaña, rexeitouna, desbaratando os proxectos liberais para unha monarquía federal e parlamentaria e abrindo paso á reacción conservadora, cuxo símbolo sería a política iniciada por Otto von Bismarck.
Últimos anos e morte
Tralas revolucións de 1848, o rei cada vez máis sombrío retirouse da vida pública, rodeándose así mesmo de conselleiros que predicaban a ortodoxia absoluta e o conservadorismo en materia relixiosa e política. Un infarto en 1857 deixou ao rei parcialmente paralizado e incapacitado mentalmente, deste xeito, o seu herdeiro e irmán Guillerme, asumiu o papel de rexente desde 1858 ata a morte de Federico Guillerme en 1861, ascendendo nese momento ao trono como Guillerme I de Prusia.
Federico Guillerme está enterrado coa sua dona na cripta da Igrexa da Paz en Potsdam.[1]
Devanceiros
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frederico Guillerme IV de Prusia |
Bibliografía
- Michel Kerautret, Histoire de la Prusse, Paris, éditions du Seuil, 2005 (ISBN 978-2757817803) (en francés)
- Christopher Clark, Iron kingdom, The rise and fall of Prussia, 1600-1947, Munich, Pantheon, 2008 (ISBN 978-3-570-55060-1) (en inglés)
- Lothar Gall, 1848, Aufbruch zur Freiheit, Berlin, Nicolaische Verlag, 1998 (ISBN 3-87584-677-X) (en alemán)
- Dieter Langewiesche, Die deutsche Révolution von 1848/1849, Darmstadt, Wissenschaftliche Buchgesellschaft, coll. « Wege der Forschung », 1983 (ISBN 3-534-08404-7) (en alemán)
Outros artigos
Ligazóns externas
- Katalog der Deutschen Nationalbibliothek (en alemán)
- Online-Bestandskatalog Zeichnungen Friedrich Wilhelms IV. von Preußen (en alemán)
- ↑ 1,0 1,1 Feldhahn, Ulrich (2011). Kunstverlag Josef Fink, Lindenberg, ed. Die preußischen Könige und Kaiser (German). pp. 21–23. ISBN 978-3-89870-615-5.