Museo do Mar de Galicia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
| Web = [http://museodomar.xunta.es/gl museodomar.xunta.es] |
| Web = [http://museodomar.xunta.es/gl museodomar.xunta.es] |
||
}} |
}} |
||
O '''Museo do Mar de Galicia''' é un centro cultural e científico adicado ao [[mar]], inaugurado en xuño do [[2002]] situado na Punta do Muíño, na parroquia [[Vigo|viguesa]] de [[Alcabre, Vigo|Alcabre]]. |
O '''Museo do Mar de Galicia''' é un centro cultural e científico adicado ao [[mar]], inaugurado en xuño do [[2002]] situado na Punta do Muíño, na parroquia [[Vigo|viguesa]] de [[Alcabre, Vigo|Alcabre]]. O padroado do museo está composto pola [[Consellería de Cultura da Xunta de Galicia]], o [[Consorcio da Zona Franca de Vigo]] e o Concello de Vigo. |
||
== Arquitectura == |
== Arquitectura == |
||
Foi proxectado polo arquitecto [[Galicia|galego]] [[César Portela]] e o [[Italia|italiano]] [[Aldo Rossi]] |
Foi proxectado polo arquitecto [[Galicia|galego]] [[César Portela]] e o [[Italia|italiano]] [[Aldo Rossi]] e levado a cabo por Portela á morte do último. A construción toma como base a estrutura da antiga fábrica de conservas de Alcabre, sendo ampliada a maiores no deseño. |
||
Consta de tres edificios: Un edificio principal, outro secundario ao que se accede a través dunha pasarela, o acuario e un pequeno restaurante. Na contorna hai tamén un faro de estrutura metálica e unha |
Consta de tres edificios: Un edificio principal, outro secundario ao que se accede a través dunha pasarela, o acuario e un pequeno restaurante. Na contorna hai tamén un faro de estrutura metálica e unha rompente. |
||
Na entrada, hai unha pequena baixada empedrada, franqueada por dúas fileiras de árbores e nun lateral desta hai un mural policromado feito con [[gres]] de [[Burela]], concibido por [[Francisco de Sales Covelo]] e interpretado por [[Isaac Díaz Pardo]] na factoría do [[Grupo Sargadelos]] en [[Sargadelos, Cervo|Sargadelos]] en [[2003]]. |
Na entrada, hai unha pequena baixada empedrada, franqueada por dúas fileiras de árbores e nun lateral desta hai un mural policromado feito con [[gres]] de [[Burela]], concibido por [[Francisco de Sales Covelo]] e interpretado por [[Isaac Díaz Pardo]] na factoría do [[Grupo Sargadelos]] en [[Sargadelos, Cervo|Sargadelos]] en [[2003]]. |
||
O edificio consta de recoñecemento mundial, como unha grande obra arquitectónica, recibindo visitas de estudantes de arquitectura de diversos países. |
O edificio consta de recoñecemento mundial, como unha grande obra arquitectónica,{{Cómpre referencia}} recibindo visitas de estudantes de arquitectura de diversos países. |
||
== O Museo == |
== O Museo == |
Revisión como estaba o 23 de decembro de 2015 ás 09:29
Museo do Mar de Galicia | |
---|---|
Ficheiro:Museo do Mar Vigo.jpg Museo do mar de Galicia, Vigo. | |
Coordenadas | 42°13′28″N 08°46′12″O / 42.22444, -8.77000 |
País | Galicia |
Cidade | Vigo |
Inauguración | 2002 |
Na rede | |
http://museodomar.xunta.gal/gl | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico adicado ao mar, inaugurado en xuño do 2002 situado na Punta do Muíño, na parroquia viguesa de Alcabre. O padroado do museo está composto pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello de Vigo.
Arquitectura
Foi proxectado polo arquitecto galego César Portela e o italiano Aldo Rossi e levado a cabo por Portela á morte do último. A construción toma como base a estrutura da antiga fábrica de conservas de Alcabre, sendo ampliada a maiores no deseño.
Consta de tres edificios: Un edificio principal, outro secundario ao que se accede a través dunha pasarela, o acuario e un pequeno restaurante. Na contorna hai tamén un faro de estrutura metálica e unha rompente.
Na entrada, hai unha pequena baixada empedrada, franqueada por dúas fileiras de árbores e nun lateral desta hai un mural policromado feito con gres de Burela, concibido por Francisco de Sales Covelo e interpretado por Isaac Díaz Pardo na factoría do Grupo Sargadelos en Sargadelos en 2003.
O edificio consta de recoñecemento mundial, como unha grande obra arquitectónica,[Cómpre referencia] recibindo visitas de estudantes de arquitectura de diversos países.
O Museo
Os edificios conteñen a exposición permanente do museo, e ademais aloxan diversas exposicións temporais de temáticas moi variadas, na medida do posible relacionadas co mar.
O primeiro edificio, contén a recepción, onde se tramitan as entradas, e un pequeno espazo de tenda para a venda de produtos relacionados co mar e recordos, as salas de exposicións temporais, e as primeiras salas da exposición permanente, que serían O Gabinete do naturalista, a Homenaxe o desastre do Prestige e Exploración do mundo submarino, xunto con algunhas pezas illadas, principalmente fotografías da zona mariñeira de Vigo e maquetas de diferentes embarcacións.
A través dunha pasarela acristalada que permite ver o castro de Alcabre e a Ría de Vigo, accédese ao segundo edificio. Nel hai unha gran sala con diversos bloques temáticos, incluíndo embarcacións tradicionais, industria conserveira e industria baleeira.
No edificio do Acuario hai unha pequena mostra da fauna que habita a Ría de Vigo, dende a costa ata as Illas Cíes, entre outras especies, varias pintarroxas, douradas, rubios, linguados...
Oferta cultural
O Museo, conta cunha extensa oferta cultural, que se basea principalmente en actividades ofertadas a colexios e familias.
Os visitantes poden participar nunha serie de talleres didácticos orientados cara nenos e pais, así como visitas escolares e asociacións. Estes, poden comprender diferentes temáticas, que abarcan dende "O naturalista do s. XIX" ata a "Cultura Mariñeira de Galicia".
Aparte de estes talleres, os visitantes poden asistir en datas sinaladas a eventos como a alimentación dos peixes do Acuario, ou a actividades realizadas exclusivamente para exposicións temporais, como pases guiados ou talleres especiais.
Aparte, o propio Museo participa nunha serie de actividades de investigación como A memoria do mar, o proxecto Neuston ou o Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.
Estas actividades poden solicitarse chamando o Museo de Martes a Venres. Tamén existe a opción de que os visitantes deixen o seu correo electrónico enchendo unha ficha en recepción, e todas estas ofertas e actividades lle serán remitidas.
Centros relacionados
O museo ademais coordina o "Centro Arqueolóxico de Salinae", que alberga os restos dunha salina romana, xunto con un centro de interpretación de reducido tamaño, que relata brevemente o papel da sal en Roma e as características do xacemento.
Galería de imaxes
-
Vista xeral.
-
Vista do acuario e o faro.
-
Guindastres autopropulsados da factoría Ascón.
-
Mural na entrada do Museo.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo do Mar de Galicia |