Mosteiro de San Martiño do Couto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:

{{Cita|''In dei nomine amen. Inuicctissimo almo atque Pannonie nato olimpo in regno Martino nempe uocato cuius baselica siccta est in ualle Trasanquos fluminis Iuuie ripa, [...] in quo loco domino nostro pontifex et uenerabilis Argimirus tenuit mire ducato per ordinationem Ranimiri prinipis'',[...]"}}Posibelmente se tratase dun mosteiro dúplice na súa orixe.<ref>{{Cita libro|título = El Monacato gallego en la alta Edad Media|apelidos = Freire Camaniel|nome = José|editorial = Fundación de Pedro Barrié de la Maza|ano = 1998|ISBN = |ref = |lingua = castelán|páxina = 318}}</ref><ref>[[Hipólito de Sa|Hipólito de Sa Bravo]] di que o seu primitivo nome era o de Tartaris, inda que noutros documentos se denominaba ''Nabda'', orixe do actual Neda (localidade e concello limítrofes), ou ''Ioyva'', orixe da actual Xuvia.</ref> Sobre o [[1121]] uniuse a [[Orde de Cluny|Cluny]], constituíndo un dos poucos mosteiros da Orde en [[Galicia|Galiza]]. Entre a documentación referida ao mosteiro salienta a confirmación deste como pertencente á sé mindoniense feita polo [[Hadrián IV, papa|Papa Hadrián IV]] en [[1156]] e a ratificación feita ao mosteiro por [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] en [[1169]] de todos os seus dereitos, herdades e coutos.<ref>{{Cita libro|título = El Monacato gallego en la alta Edad Media|apelidos = Freire Camaniel|nome = José|editorial = Fundación de Pedro Barrié de la Maza|ano = 1998|ISBN = |ref = |lingua = castelán|páxina = 737}}</ref> A principios do [[século XVI]], coa Reforma, incorporouse coma priorado ao [[mosteiro de San Salvador de Lourenzá]], en Vilanova, Lugo, do que dependeu até a exclaustración producida pola [[Desamortización de Mendizábal]].<ref>{{Cita libro|título = Mosteiros e conventos de Galicia: descrición gráfica dos declarados monumento|apelidos = Franco Taboada|nome = José Antonio|editorial = Xunta de Galicia|ano = 2009|ISBN = 9788445348116|ref = }}</ref>

== Descrición ==

=== Interior ===
A planta da igrexa presenta notábeis irregularidades no seu trazado, que en teroría debería de corresponder cunha malla rectangular. A planta é basilical, con tres [[Nave (arquitectura)|naves]] de cinco [[Tramo|tramos]] rematadas en [[Ábsida|ábsidas]] semicirculares e lembra á de [[Igrexa de San Xulián de Moraime|San Xulián de Moraime]].<ref>Esta igrexa conserva a ábsida central románica, o que non acontece na de San Xulián de Moraime.</ref> Como nesta, os arcos formeiros son de arco de medio punto peraltados e proveñen de piares de sección cadrada con semicolumnas acaroadas, inda que aquí desapareceron os arcos transversais. Tamén son peraltados os arcos triunfais laterais, mentres que o central é de medio punto deformado. Os [[Capitel|capiteis]] salientan pola súa riqueza e variedade, que vai do xeométrico e vexetal ao antropomorfo. As tres naves cóbrense con teitume de madeira que se apoia nos muros laterais e nos arcos formeiros, mentres que as ábsidas están cubertas con [[Bóveda de canón|bóvedas de canón]] rematadas con outras de casca apuntadas.

=== Exterior ===
A parte mellor conservada constitúea o conxunto das tres ábsidas coas súas proporcionadas xanelas de [[arco de medio punto]] sobre columniñas acodilladas, unha en cada un dos laterais mais tres no principal. Tamén salientan as fiestras dos dous tramos contiguos dos muros laterais, con ocos centrais proporcionalmente máis pequenos. Os [[Canzorro|canzorros]], tanto os das ábsidas coma os dos muros laterais, repiten a variedade e a riqueza dos capiteis interiores, resaltando sobre todo os de motivo antropomorfos.

==Galería de imaxes==
==Galería de imaxes==

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2015 ás 20:48

Coordenadas: 43°29′53″N 08°10′27.50″O / 43.49806, -8.1743056

Mosteiro de San Martiño de Xuvia ou do Couto

O Mosteiro do Couto, tamén coñecido por Mosteiro de San Martiño de Xubia ou Xuvia[1] está situado na parroquia católica do mesmo nome, no barrio do Couto do concello de Narón. O edificio actual foi construído a comezos do século XII en estilo románico.

Historia

O primeiro documento da Colección Diplomática do mosteiro, datado o 15 de maio do ano 977, describe unha doazón feita por parte dunha nobre de Trasancos chamada Visclávara Vistráriz, señora de Trasancos e descendente do que fora duque e bispo de Xuvia, e mailo seu home a dito mosteiro. Neste documento xa se sinala a este recinto relixioso como "de sempre coñecido".

In dei nomine amen. Inuicctissimo almo atque Pannonie nato olimpo in regno Martino nempe uocato cuius baselica siccta est in ualle Trasanquos fluminis Iuuie ripa, [...] in quo loco domino nostro pontifex et uenerabilis Argimirus tenuit mire ducato per ordinationem Ranimiri prinipis,[...]"

Posibelmente se tratase dun mosteiro dúplice na súa orixe.[2][3] Sobre o 1121 uniuse a Cluny, constituíndo un dos poucos mosteiros da Orde en Galiza. Entre a documentación referida ao mosteiro salienta a confirmación deste como pertencente á sé mindoniense feita polo Papa Hadrián IV en 1156 e a ratificación feita ao mosteiro por Fernando II en 1169 de todos os seus dereitos, herdades e coutos.[4] A principios do século XVI, coa Reforma, incorporouse coma priorado ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá, en Vilanova, Lugo, do que dependeu até a exclaustración producida pola Desamortización de Mendizábal.[5]

Descrición

Interior

A planta da igrexa presenta notábeis irregularidades no seu trazado, que en teroría debería de corresponder cunha malla rectangular. A planta é basilical, con tres naves de cinco tramos rematadas en ábsidas semicirculares e lembra á de San Xulián de Moraime.[6] Como nesta, os arcos formeiros son de arco de medio punto peraltados e proveñen de piares de sección cadrada con semicolumnas acaroadas, inda que aquí desapareceron os arcos transversais. Tamén son peraltados os arcos triunfais laterais, mentres que o central é de medio punto deformado. Os capiteis salientan pola súa riqueza e variedade, que vai do xeométrico e vexetal ao antropomorfo. As tres naves cóbrense con teitume de madeira que se apoia nos muros laterais e nos arcos formeiros, mentres que as ábsidas están cubertas con bóvedas de canón rematadas con outras de casca apuntadas.

Exterior

A parte mellor conservada constitúea o conxunto das tres ábsidas coas súas proporcionadas xanelas de arco de medio punto sobre columniñas acodilladas, unha en cada un dos laterais mais tres no principal. Tamén salientan as fiestras dos dous tramos contiguos dos muros laterais, con ocos centrais proporcionalmente máis pequenos. Os canzorros, tanto os das ábsidas coma os dos muros laterais, repiten a variedade e a riqueza dos capiteis interiores, resaltando sobre todo os de motivo antropomorfos.

Galería de imaxes

Notas

  1. Nas referencias bibliográficas aparece maioritariamente escrito coa letra be.
  2. Freire Camaniel, José (1998). El Monacato gallego en la alta Edad Media (en castelán). Fundación de Pedro Barrié de la Maza. p. 318. 
  3. Hipólito de Sa Bravo di que o seu primitivo nome era o de Tartaris, inda que noutros documentos se denominaba Nabda, orixe do actual Neda (localidade e concello limítrofes), ou Ioyva, orixe da actual Xuvia.
  4. Freire Camaniel, José (1998). El Monacato gallego en la alta Edad Media (en castelán). Fundación de Pedro Barrié de la Maza. p. 737. 
  5. Franco Taboada, José Antonio (2009). Mosteiros e conventos de Galicia: descrición gráfica dos declarados monumento. Xunta de Galicia. ISBN 9788445348116. 
  6. Esta igrexa conserva a ábsida central románica, o que non acontece na de San Xulián de Moraime.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas