Mosteiro de San Martiño do Couto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Victortpr (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Victortpr (conversa | contribucións)
Liña 8: Liña 8:


== Historia ==
== Historia ==
O mosteiro está documentado a partir do ano [[977]], concretamente cunha doazón do 15 de maio dese mesmo ano; posibelmente se tratase dun mosteiro dúplice na súa orixe. Sobre o [[1121]] uniuse a [[Orde de Cluny|Cluny]], constituíndo un dos poucos mosteiros da Orde en [[Galicia|Galiza]]. Entre a documentación referida ao mosteiro salienta a confirmación deste como pertencente á sé mindoniense feita polo [[Hadrián IV, papa|Papa Hadrián IV]] en [[1156]] e a ratificación feita ao mosteiro por [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] en [[1169]] de todos os seus dereitos, herdades e coutos. A principios do [[século XVI]], coa Reforma, incorporouse coma priorado ao [[mosteiro de San Salvador de Lourenzá]], en Vilanova, Lugo, do que dependeu até a exclaustración producida pola [[Desamortización de Mendizábal]].
O mosteiro está documentado a partir do ano [[977]], concretamente cunha doazón do 15 de maio dese mesmo ano; posibelmente se tratase dun mosteiro dúplice na súa orixe.<ref>{{Cita libro|título = El Monacato gallego en la alta Edad Media|apelidos = Freire Camaniel|nome = José|editorial = Fundación de Pedro Barrié de la Maza|ano = 1998|ISBN = |ref = |lingua = castelán|páxina = 318}}</ref> Sobre o [[1121]] uniuse a [[Orde de Cluny|Cluny]], constituíndo un dos poucos mosteiros da Orde en [[Galicia|Galiza]]. Entre a documentación referida ao mosteiro salienta a confirmación deste como pertencente á sé mindoniense feita polo [[Hadrián IV, papa|Papa Hadrián IV]] en [[1156]] e a ratificación feita ao mosteiro por [[Fernando II de León e Galicia|Fernando II]] en [[1169]] de todos os seus dereitos, herdades e coutos.<ref>{{Cita libro|título = El Monacato gallego en la alta Edad Media|apelidos = Freire Camaniel|nome = José|editorial = Fundación de Pedro Barrié de la Maza|ano = 1998|ISBN = |ref = |lingua = castelán|páxina = 737}}</ref> A principios do [[século XVI]], coa Reforma, incorporouse coma priorado ao [[mosteiro de San Salvador de Lourenzá]], en Vilanova, Lugo, do que dependeu até a exclaustración producida pola [[Desamortización de Mendizábal]].


==Galería de imaxes==
==Galería de imaxes==

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2015 ás 15:11

Coordenadas: 43°29′53″N 08°10′27.50″O / 43.49806, -8.1743056

Mosteiro de San Martiño de Xuvia ou do Couto

O Mosteiro do Couto, tamén coñecido por Mosteiro de San Martiño de Xubia ou Xuvia[1] está situado na parroquia católica do mesmo nome, no barrio do Couto do concello de Narón. O edificio actual foi construído a comezos do século XII en estilo románico.

O primeiro documento da Colección Diplomática do mosteiro, datado o 15 de maio do ano 977, describe unha doazón feita por parte dunha nobre de Trasancos chamada Visclávara Vistráriz, señora de Trasancos e descendente do que fora duque e bispo de Xuvia, e máis o seu home a dito mosteiro. Neste documento xa se sinala a este recinto relixioso como "de sempre coñecido".

In dei nomine amen. Inuicctissimo almo atque Pannonie nato olimpo in regno Martino nempe uocato cuius baselica siccta est in ualle Trasanquos fluminis Iuuie ripa, [...] in quo loco domino nostro pontifex et uenerabilis Argimirus tenuit mire ducato per ordinationem Ranimiri prinipis,[...]"

Historia

O mosteiro está documentado a partir do ano 977, concretamente cunha doazón do 15 de maio dese mesmo ano; posibelmente se tratase dun mosteiro dúplice na súa orixe.[2] Sobre o 1121 uniuse a Cluny, constituíndo un dos poucos mosteiros da Orde en Galiza. Entre a documentación referida ao mosteiro salienta a confirmación deste como pertencente á sé mindoniense feita polo Papa Hadrián IV en 1156 e a ratificación feita ao mosteiro por Fernando II en 1169 de todos os seus dereitos, herdades e coutos.[3] A principios do século XVI, coa Reforma, incorporouse coma priorado ao mosteiro de San Salvador de Lourenzá, en Vilanova, Lugo, do que dependeu até a exclaustración producida pola Desamortización de Mendizábal.

Galería de imaxes

Notas

  1. Nas referencias bibliográficas aparece maioritariamente escrito coa letra be.
  2. Freire Camaniel, José (1998). El Monacato gallego en la alta Edad Media (en castelán). Fundación de Pedro Barrié de la Maza. p. 318. 
  3. Freire Camaniel, José (1998). El Monacato gallego en la alta Edad Media (en castelán). Fundación de Pedro Barrié de la Maza. p. 737. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas