Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Monicreques»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
sen resumo de edición
m (-{{Políticas}} redundante con {{NavPolíticas}})
mSem resumo de edição
Facundo era o nome do boneco co que o [[Mago Antón]] fixo os seus primeiros espectáculos como [[Ventriloquia|ventrílocuo]]. No contexto da Wikipedia, un facundo (en [[Lingua inglesa|inglés]], ''meatpuppet'') é un usuario que edita por boca doutro usuario. Aínda que a Wikipedia parte da asunción da [[Wikipedia:Asuma a boa fe|boa fe]], e particularmente cos novos usuarios, débese desaconsellar e combater o recrutamento de novos colaboradores que veñen á Wikipedia co propósito de influír nun punto de vista, de realizar trocos concretos ou de aparentar un consenso irreal. Un editor novo que ten o mesmo comportamento ca outro nos mesmos contextos e que semella editar na Wikipedia só para reforzar o posicionamento do outro, debe ser sancionado ao igual có usuario que fala por boca del.
 
Non recrute facundos. Non pida aos seus amigos, parentes ou grupos de xente que están de acordo con vostede que veñan á Wikipedia e apoien o seu posicionamento nos debates. Se cre que non se lle fai caso abondo nunha conversa, o que debe facer é [[Wikipedia:Non fagafagas ataques persoais|evitar ataques persoais]], propor votacións ou usar calquera outro procedemento para resolver conflitos que estea debidamente consolidado e que non consista unicamente en mudar unha actitude tendenciosa pola súa contraria.
 
A comunidade wikipédica segue algúns modelos de comportamento que reducen o dano causado polos posibles facundos. O consenso nos debates e conversas '''non se basea''' unicamente no número de votos, senón nos argumentos que empregan os distintos editores e que se apoian nas [[Wikipedia:Política e normas|normas e políticas]] da Wikipedia. É estraño que alguén acabado de chegar entenda todo o catálogo de normas e prácticas da Wikipedia ou que coñeza referencias que usuarios máis veteranos aínda non mencionaron.

Menú de navegación