Marilyn Monroe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 539: Liña 539:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Marilyn Monroe}}
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |apelido=Gilmore |nome=John |título=Inside Marilyn Monroe, A Memoir |publisher=Ferine Books, Los Angeles |ano=2007 |isbn=0-9788968-0-7}}
* {{Cita libro |apelido=Gilmore |nome=John |título=Inside Marilyn Monroe, A Memoir |publisher=Ferine Books, Los Angeles |ano=2007 |isbn=0-9788968-0-7}}
Liña 558: Liña 557:
* {{Cita libro | apelido=Summers | nome=Anthony | título=Goddess, The Secret Lives of Marilyn Monroe | publisher=Guild Publishing, London | ano=1985 | isbn=0-575-03641-9}}
* {{Cita libro | apelido=Summers | nome=Anthony | título=Goddess, The Secret Lives of Marilyn Monroe | publisher=Guild Publishing, London | ano=1985 | isbn=0-575-03641-9}}
=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Marilyn Monroe}}
* [http://www.imdb.com/name/nm0000054/ Ficha na IMDb] {{en}}
* [http://www.imdb.com/name/nm0000054/ Ficha na IMDb] {{en}}
* [http://www.life.com/image/first/in-gallery/27452/marilyn-monroe-life-and-times/ Marilyn Monroe: Life and Times] {{en}}
* [http://www.life.com/image/first/in-gallery/27452/marilyn-monroe-life-and-times/ Marilyn Monroe: Life and Times] {{en}}

Revisión como estaba o 20 de decembro de 2015 ás 03:53

Marilyn Monroe
Marilyn Monroe en 1961.
Nome completoNorma Jeane Mortensen
Alcume/outrosNorma Jeane Baker
Norma Jeane Dougherty
Norma Jeane DiMaggio
Marilyn Monroe Miller
Nacemento1 de xuño de 1926
LugarOs Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento5 de agosto de 1962 (36 anos)
LugarOs Ánxeles, California, Estados Unidos de América Estados Unidos
Causasobredose de barbitúricos
SoterradoWestwood Village Memorial Park Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónjudaísmo ateístico e cristianismo
Educada enUniversity High School, Universidade de California, Os Ánxeles, Van Nuys High School e Actors Studio
PaiCharles Stanley Gifford
NaiGladys Pearl Baker
Cónxuxe(s)James Dougherty (1942–1946) (divorciada)
Joe DiMaggio (1954–1954) (divorciada)
Arthur Miller (1956–1961) (divorciada)
ProfesiónActriz, modelo, cantante
Na rede
http://www.marilynmonroe.com
IMDB: nm0000054 Allocine: 1201 Rottentomatoes: celebrity/marilyn_monroe Allmovie: vn6781020 106569 Metacritic: person/marilyn-monroe TV.com: people/marilyn-monroe-1
Souncloud: marilyn-monroe-official Spotify: 5sEocv1pFst7o3pam69obY iTunes: 70631305 Last fm: Marilyn+Monroe Musicbrainz: 6e60deeb-a666-42c5-95cb-a5eada6bbbe5 Discogs: 135189 Allmusic: mn0000266916 WikiTree: Mortensen-1099 Find a Grave: 725 Deezer: 613 Genius: Marilyn-monroe Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Sinatura de Marilyn Monroe.

Marilyn Monroe[1][2], de nome real Norma Jeane Mortensen, nada nos Ánxeles o 1 de xuño de 1926 e finada na mesma cidade o 5 de agosto de 1962,[3] foi unha actriz, modelo e cantante estadounidense. Converteuse nun importante sex symbol, protagonizando un bo número de exitosos filmes durante a década de 1950 e principios da de 1960,[4] chegando a ser unha das actrices de Hollywood máis famosas de todos os tempos.[5]

Iniciou a súa carreira como modelo fotográfica e a partir de 1946 comezou a interpretar pequenos papeis en películas de baixo custo. Os primeiros papeis destacados interpretounos nas películas A xungla do asfalto (1950) e Todo sobre Eva (1950). Empezou a ser coñecida mundialmente despois de protagonizar o musical Os cabaleiros prefírenas loiras (1953) e aparecer no número inaugural da revista Playboy.[6]

Interpretou o papel principal nas comedias How to Marry a Millionaire (Como casar cun millonario, 1953), The Seven Year Itch (1955) e Bus Stop (1956), e grazas ao éxito de público destas películas, comezou a ser considerada como unha das actrices máis rendibles da industria cinematográfica. O seu maior éxito comercial foi Some Like it Hot (1959), filme polo que gañou o Globo de Ouro á mellor actriz de comedia.[7]

Foi considerada unha das mulleres máis atractivas da historia da sétima arte, pero a súa explosiva beleza condicionouna artística e emocionalmente, obrigándoa a proxectar unha imaxe sedutora e superficial que encubría a súa personalidade real, sensible e inestable desde a infancia. Estivo casada co escritor James E. Dougherty de 1942 a 1946, co xogador de béisbol Joe DiMaggio, en 1954, e logo co dramaturgo Arthur Miller, entre 1956 e 1962.

Monroe faleceu o 5 de agosto de 1962 por mor dunha sobredose de barbitúricos, en circunstancias nunca esclarecidas. A primeira hipótese que manexou a xustiza estadounidense foi a do suicidio, pero nunca puido ser corroborada. [7]

O American Film Institute considéraa a sexta mellor estrela de cine feminina de todos os tempos.

Traxectoria

Primeiros anos

Certificado de nacemento de Marilyn Monroe, nacida como Norma Jeane Mortenson en 1926.

A súa nai foi Gladys Pearl Baker (de apelido de nacemento Monroe, nada o 27 de maio de 1902 e finada o 11 de marzo de 1984)[8], quen casou co noruegués Edward Mortenson e, pouco despois de separarse, descubriu que estaba embarazada.[9] O 1 de xuño de 1926 naceu nos Ánxeles a súa filla Norma Jeane Mortenson, segundo consta no rexistro civil para que non fora ilexítima, e chamada Norma Jean Baker na práctica.[10][11] Gladys, que traballou como cortadora de negativos na produtora de cine RKO Pictures,[11][9] non podía manter á súa filla por problemas económicos e emocionais e deixouna ao coidado dun matrimonio adoptivo: Albert e Ida Bolender, residentes enn Hawthorne (California).[12] Cando Gladys puido conseguir unha casa propia levou consigo a Norma Jeane, pero isto só durou uns meses, debido aos devanditos problemas emocionais e deixou a súa filla a cargo da súa mellor amiga, Grace McKee.

Carreira

Ingreso no medio artístico e estrea no cine (1944-1947)

Marilyn Monroe traballaba como técnico na fábrica de municións Radioplane cando foi fotografada no seu traballo para a revista Yank, the Army Weekly, en 1944.

Mentres traballa na fábrica, un fotógrafo retratouna no seu posto de traballo. Sen sabelo, desubrira á que despois sería Marilyn Monroe. Ela, pola súa parte, logrou traballar como modelo e foi portada de ducias de revistas.[9] Mais o seu traballo como modelo era algo que non gustaba ó seu marido e este obrigouna a elixir entre o seu matrimonio ou a súa carreira. En 1946, Norma divórciase e preséntase a varios castings. Foi contratada por un dos executivos da 20th Century Fox para traballar como extra de cine durante seis meses.[13] Foi el quen lle propuxo o nome artístico de Marilyn Monroe: Marilyn pola actriz Marilyn Miller e Monroe por ser o apelido de solteira da súa nai. Nos seus primeiros papeis interpretou a unha telefonista no musical The Shocking Miss Pilgrim e a unha camareira en Dangerous Years. A escasa aceptación que estes filmes recibiron da crítica e do público fixeron que o seu contrato non fose renovado en 1947.[14]

Contrato con Fox e revelación como actriz (1949-1952)

En 1948, Monroe asinou un contrato semestral con Columbia Pictures para interpretar á bailarina Peggy no musical Ladies of the Chorus.[15] O filme non tivo moito éxito, polo que o seu contrato foi rescindido. Porén, a partir de entón só apareceu en filmes producidos pola 20th Century Fox, despois de asinar un novo contrato a seis anos en 1949.[16][17] Participou cun breve papel na comedia Love Happy dos Irmáns Marx, e en 1950 interpretou a Angela, a amante dun avogado, no filme policíaco A xungla do asfalto.[18] Nese mesmo ano, tamén participou en Todo sobre Eva, protagonizada por Bette Davis, onde interpretou a Claudia Caswell, unha actriz de teatro. Por ámbalas dúas interpretacións recibiu críticas positivas.[19]

En febreiro de 1951, inscribiuse nas clases nocturnas de arte e literatura da Universidade de California. Nese ano interpretou papaeis secundario en varios filmes de baixo orzamento como Home Town Story, As Young as You Feel e Love Nest.[20] As perspectivas da súa carreira comezaron a mellorar cando actuou ás ordes de Fritz Lang en Clash by Night (1952), cun elenco que incluía a Barbara Stanwyck, Paul Douglas e Robert Ryan. Novamente recibiu boas críticas, e pouco despois actuou en We're Not Married, comedia onde traballou xunto a Ginger Rogers e Zsa Zsa Gabor, e en Don't Bother to Knock, un thriller onde interpretaba a unha neneira perturbada á que vixía Richard Widmark. Foi o seu primeiro papel protagonista, pero non obtivo o éxito agardado. En Monkey Business, dirixida por Howard Hawks, actuou con Cary Grant e Ginger Rogers,[21][22] amosando, por primeira vez, a que sería a súa imaxe definitiva: melena curta ondulada nun loiro platino. Poucos anos antes, sometérase a unha rinoplastia.

Consagración (1953-1954)

Marilyn Monroe interpretando a canción Diamonds are a girl's best friends no filme Gentlemen Prefer Blondes (1953).

En 1953, despois de participar en filmes de baixo orzamento, a actriz tivo un papel protagonista: Rose en Niagara. E foi porque o daquela presidente da 20th Century Fox, Darryl F. Zanuck, llo pediu.[23] Así foi como Marilyn Monroe substituíu a Anne Bancroft e conseguiu críticas dispares: uns dixeron que non estaba á altura do papel e outros quedaron eclipsados pola súa beleza.[24][25] AOs famosos cadros de Andy Warhol sobre Marilyn teñen como modelo unha imaxe promocional deste filme.

Ese mesmo ano, a actriz protagonizou xunto a Jane Russell o filme Gentlemen Prefer Blondes (1953).[26] Alí interpretou a Lorelei Lee, unha cantante e bailarina. O seu traballo neste filme recibiu boas críticas e a súa interpretación do número musical "Diamonds Are a Girl's Best Friends" converteuse nun clásico dos musicais.,[27] seendo recreada décadas despois por Madonna. Nese mesmo ano, Marilyn traballou con Lauren Bacall e Betty Grable en How to Marry a Millionaire. Nesta comedia interpretou a Pola, unha modelo que aluga xunto ás súas amigas un luxoso departamento co obxectivo de atraer adiñeirados desprevidos para poder casar con eles. O filme obtivo críticas positivas e boa recaudación, e novamente, a actuación de Monroe foi aclamada.[28]

En 1954, a actriz apareceu no filme de Otto Preminger, River of No Return, xunto cos actores Robert Mitchum, Rory Calhoun, Tommy Rettig e Murvyn Vye. Era un western no que ela interpretaba o papel dunha cantante de saloon que coñece a un afouto vaqueiro, co que vive distintas aventuras. O filme obtivo críticas negativas e non foi ben na recadación.[29] Nese mesmo ano actuou en There's No Business Like Show Business, unha comedia musical onde compartiu escena con Ethel Merman, Donald O´Connor e Mitzy Gaynor.[30] O filme recibiu críticas negativas e non tivo moi boa recadación. Posteriormente, rexeitou traballar con Frank Sinatra por non estar de acordo co argumento da mesma co salario que recibiría. Isto fixo que o estudio para o que traballaba a suspendese durante un breve lapso temporal no que permaneceu afastada da actuación, aínda que realizou presentacións como cantante no Xapón para entreter ás tropas estadounidenses.[31]

Vida persoal

Monroe e Joe DiMaggio cando casaron en xaneiro de 1954.

Monroe casou tres veces, rematando tódolos matrimonios en divorcio. O primeiro marido foi James Dougherty, o segundo Joe DiMaggio e o terceiro Arthur Miller. Tamén se di que estivo brevemente casada co escritor Robert "Bob" Slatzer, así como que tivo romances con John e Robert Kennedy. Marlon Brando, na súa autobiografía Songs My Mother Taught Me, dixo que tivo unha relación con ela, e que quedaron como amigos ata a súa morte. Durante os seus matrimonios sufriu dous abortos prematuros e un embarazo ectópico.[32][33] Rumoreábase que Monroe e DiMaggio estaban a reconciliarse cando Monroe morreu.

As relacións de Monroe acapararon moita atención por parte da prensa. O grao de relación enre o Presidente Kennedy e Monroe non se fixo nunca público, malia que Casa Branca fíxolle chamadas a ela durante 1962.[34][35] O autor Anthony Summers, na biografía de J. Edgar Hoover, concluíu que Monroe estaba namorada do Presidente Kennedy e quería casar con el. Cando o romance rematou, Monroe volveuse depresiva. Entón centrouse en Robert Kennedy, quen visitara a Monroe nos Ánxeles o día da súa morte.[36]

Monroe tivo unha longa experiencia coa psicanálise. Estaba en análise con Margaret Herz Hohenberg, Anna Freud, Marianne Rie Kris, Ralph Greenson (quen a atopou morta) e Milton Wexler.[37]

Caracterizacións

Film

Monroe foi caracterizada por:

Televisión

Monroe foi caracterizada por:

Teatro

Monroe foi caracterizada por:

Música

Monroe foi caracterizada por:

Tributos

Troy Talton e Donald Kinder escribiron unha canción, titulada "Marilyn", despois da súa morte en 1962. Foi gravada por Talton e foi lanzada como un sinxelo por Crest Records.[41][42]

Elton John e Bernie Taupin escribiron outra canción adicada a ela, "Candle in the Wind".[43]

Glenn Danzig, da banda de rock Misfits (que deben o seu nome ó derradeiro filme de Monroe)[44] lanzaron unha canción chamada "Who Killed Marilyn?" en 1981.

Filmografía

The Prince and the Showgirl, 1957.
Estrela no Paseo da Fama de Hollywood.
Título Ano Personaxe Actores Director Produtor Notas
Scudda Hoo! Scudda Hay! 1948 Betty June Haver e Natalie Wood Hugh Herbert 20th Century Fox Sen creditar
Ladies of the Chorus Peggy Martin Adele Jergens e Rand Brooks Phil Karlson Columbia Pictures Primeira aparición protagonista
Love Happy 1949 Cliente de Grunion Harpo Marx, Chico Marx e Groucho Marx David Miller United Artists
A Ticket to Tomahawk 1950 Clara Dan Dailey, Anne Baxter e Rory Calhoun Richard Sale 20th Century Fox Sen creditar
Right Cross Dusky Ledoux June Allyson e Dick Powell John Sturges Metro-Goldwyn-Mayer Sen creditar
The Fireball Polly Mickey Rooney e Pat O'Brien Tay Garnett 20th Century Fox Tamén coñecido como The Challenge
A xungla do asfalto Angela Phinlay Sterling Hayden, Louis Calhern e Jean Hagen John Huston Metro-Goldwyn-Mayer
Todo sobre Eva Miss Claudia Caswell Bette Davis, Anne Baxter e George Sanders Joseph L. Mankiewicz 20th Century Fox
Home Town Story 1951 Iris Martin Jeffrey Lynn, Alan Hale, Jr. e Donald Crisp Arthur Pierson Metro-Goldwyn-Mayer
As Young as You Feel Hariett Monty Woolley, Thelma Ritter e Jean Peters Harmen Jones 20th Century Fox
Love Nest Roberta "Bobbie" Stevens June Haver, William Lundigan e Frank Fay Joseph M. Newman 20th Century Fox
Let's Make It Legal Joyce Mannering Claudette Colbert, Macdonald Carey e Barbara Bates Richard Sale 20th Century Fox
O. Henry's Full House 1952 Streetwalker Fred Allen, Anne Baxter e Richard Widmark Henry Koster 20th Century Fox Cameo
Síntome rexuvenecer Lois Laurel Cary Grant, Ginger Rogers e Charles Coburn Howard Hawks 20th Century Fox
Clash by Night Peggy Barbara Stanwyck, Keith Andes e Paul Douglas Fritz Lang RKO Radio Pictures
We're Not Married! Anabel Norris Ginger Rogers, Fred Allen, Victor Moore, David Wayne e Zsa Zsa Gabor Edmund Goulding 20th Century Fox
Don't Bother to Knock Nell Forbes Richard Widmark e Anne Bancroft Roy Ward Baker 20th Century Fox
Niagara 1953 Rose Loomis Joseph Cotten e Jean Peters Henry Hathaway 20th Century Fox
Os cabaleiros prefírenas loiras Lorelei Lee Jane Russell, Charles Coburn e Elliot Reid Howard Hawks 20th Century Fox
How to Marry a Millionaire Pola Debevoise Betty Grable, Lauren Bacall e William Powell Jean Negulesco 20th Century Fox
River of No Return 1954 Kay Weston Robert Mitchum, Tommy Rettig e Rory Calhoun Otto Preminger 20th Century Fox
There's No Business Like Show Business Victoria "Vicky" Hoffman Ethel Merman, Dan Dailey, Donald O'Connor e Mitzi Gaynor Walter Lang 20th Century Fox
The Seven Year Itch 1955 A moza Tom Ewell e Evelyn Keyes Billy Wilder 20th Century Fox
Bus Stop 1956 Chérie Don Murray e Arthur O'Connell Joshua Logan 20th Century Fox Tamén coñecido como The Wrong Kind of Girl
The Prince and the Showgirl 1957 Elsie Marina Laurence Olivier Laurence Olivier Warner Brothers
Con saias e a rachar 1959 Sugar Kane Kowalczyk Tony Curtis e Jack Lemmon Billy Wilder Metro-Goldwyn-Mayer
Let's Make Love 1960 Amanda Dell Yves Montand, Frankie Vaughan e Tony Randall George Cukor 20th Century Fox
The Misfits 1961 Roslyn Taber Clark Gable, Eli Wallach e Montgomery Clift John Huston United Artists Última aparición cinematográfica
Marilyn 1963 Ela mesma 20th Century Fox Filme documental

Filmes sen rematar

Título Ano Personaxe Actores Director Produtor
Something's Got to Give 1962 Ellen Wagstaff Arden Dean Martin e Cyd Charisse George Cukor 20th Century Fox

Aparicións televisivas

Como convidada

Programa de televisión Ano Notas
The Jack Benny Program 1953 1 episodio
Person to Person 1955 Documental de televisión
Premier Khrushchev in the USA 1959 Documental de televisión
President Kennedy's Birthday Salute 1962 Telefilme
Lykke og krone 1962 Documental de televisión

Cancións

Ano Título do filme Título da canción Notas
1948 Ladies of the Chorus "Every Baby Needs a Da-Da-Daddy"
"Anyone Can See I Love You"
"Ladies of the Chorus"
1950 A Ticket to Tomahawk "Oh, What a Forward Young Man You Are"
1953 Niagara "Kiss"
1953 Gentlemen Prefer Blondes "Two Little Girls from Little Rock"
"When Love Goes Wrong"
"Bye Bye Baby"
"Diamonds Are a Girl's Best Friend"
"Four French Dances—Sur le balcon, La Tentateur, Sol taire, Parle d'affair"
"Down Boy"'
"When The Wild Wild Women Go Swimmin' Down in the Bimini Bay"
1953 "She Acts Like A Woman Should"
"You'd Be Surprised"
"A Fine Romance"
"Do It Again"
1954 River of No Return "I'm Gonna File My Claim"
"One Silver Dollar"
"Down in the Meadow"
"River of No Return"
1954 There's No Business Like Show Business "Heat Wave"
"Lazy"
"After You Get What You Want"
"A Man Chases a Girl"
1956 Bus Stop "That Old Black Magic"
1957 The Prince and the Showgirl "I Found a Dream"
1959 Con saias e a rachar "Runnin' Wild"
"I Wanna Be Loved By You"
"I'm Through With Love"
"Some Like It Hot"
1960 Let's Make Love "My Heart Belongs to Daddy"
"Specialization"
"Let's Make Love"
"Incurably Romantic"
1962 "Happy Birthday, Mr. President"

Notas

  1. O 23 de febreiro de 1956, en Nova York, conseguiu que este fose o seu nome oficial.
  2. Páxina oficial de Marilyn Monroe
  3. "Marilyn Monroe Biography". Biography.com. Consultado o 21 de xaneiro de 2013. 
  4. Obituary Variety, 8 de agosto de 1962, páxina 63.
  5. Biografías e Vidas. "Biografía completa de Marilyn Monroe" (en español). Consultado o 10/02/2013. .
  6. Publispain. "Biografía de Marilyn Monroe" (en español). Consultado o 30/06/2013. 
  7. 7,0 7,1 Mis respuestas. "Quién fue Marilyn Monroe ?" (en castelán). Consultado o 17/08/2013. 
  8. Riese and Hitchens, p. 33.
  9. 9,0 9,1 9,2 Summers, p. 5
  10. Churchwell, pp. 150-151
  11. 11,0 11,1 Churchwell, p. 151
  12. Snickersnee Press. "'A Ghost Materialized - Ben Hecht Finally Credited on Marilyn Monroe's Memoir" (en inglés). Consultado o 30 de maio 2009. 
  13. Riese e Hitchen, p. 288
  14. Summers, p. 27
  15. Summers, p. 38
  16. Summers, p. 43
  17. Summers, p. 45
  18. Staggs, p. 92
  19. Riese e Hitchens, p. 228
  20. Summers, p. 58
  21. Riese e Hitchens, p. 132
  22. Riese e Hitchens, p. 336
  23. Churchwell, p. 233
  24. Churchwell, p. 234
  25. Summers, p. 71
  26. Russell, p. 138
  27. Churchwell, p. 63
  28. Riese y Hitchens, p. 222
  29. Server, p. 249
  30. Churchwell, p. 65
  31. Riese and Hitchen, p. 338
  32. "Marilyn Monroe: Still Life". PBS. 19 de xullo de 2006. Consultado o 8 de maio 2011.
  33. "Tony Curtis: 'Marilyn Monroe miscarried my baby'". The Guardian. 7 de agosto de 2009. Consultado o 8 de maio 2011.
  34. Leaming, Barbara (2006). Jack Kennedy: The Education of a Statesman. pp. 379–380. ISBN 978-0-393051-61-2. 
  35. Dallek, Robert (2003). An Unfinished Life: John F. Kennedy, 1917–1963. p. 581. ISBN 978-0-316-17238-7. 
  36. Summers, Anthony (1993). Official and Confidential: The Secret Life of J. Edgar Hoover. ISBN 0-575-04236-2. 
  37. Mecacci, Luciano (2009). Freudian Slips: The Casualties of Psychoanalysis from the Wolf Man to Marilyn Monroe (pp. 1–36, 181–183). Vagabondd Voices, Sulaisiadar 'san Rudha (Scotland). ISBN 978-0-9560560-1-6.
  38. Lebrecht, Norman (9 de abril de 2012). "Some like it hot: Introducing Marilyn Monroe, the opera". Slipped Disc. ArtsJournal. Consultado o 6 de maio de 2012. 
  39. "'MARILYN: FOREVER BLONDE' Will Play Leicester Square Theatre October 20 – November 18 Following A UK Tour". Broadwayworld.com. Consultado o 5 de xaneiro de 2013. 
  40. "Another opera on Marilyn Monroe: the fourth?". Artsjournal.com. 11 de setembro de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2013. 
  41. "1113 TROY TALTON". Consultado o 27 de demcebro de 2013. 
  42. "Record Details". 45cat.com. Consultado o 6 de xuño de 2014. 
  43. "Candle in the Wind by Elton John | Song Stories". Rolling Stone. Consultado o 27 de decembro de 2013. 
  44. Dome, Malcolm (2011). "The Story Behind...Danzig". Metal Hammer (May 2011) (Future plc). pp. 70–72. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gilmore, John (2007). Inside Marilyn Monroe, A Memoir. Ferine Books, Los Angeles. ISBN 0-9788968-0-7. 
  • Goode, James (1986). The Making of "The Misfits". Limelight Editions, New York. ISBN 0-87910-065-6. 
  • Guiles, Fred Lawrence (1993). Norma Jean: The Life of Marilyn Monroe. Paragon House Publishers. ISBN 1-55778-583-X. 
  • Harris, Warren G. (2002). Clark Gable, A Biography. Aurum Press, London. ISBN 1-85410-904-9. 
  • Jacke, Andreas: Marilyn Monroe und die Psychoanalyse. Psychosozial Verlag, Gießen 2005, ISBN 978-3-89806-398-2, ISBN 3-89806-398-4
  • Jewell, Richard B.; Harbin, Vernon (1982). The RKO Story. Octopus Books, London. ISBN 0-7064-1285-0. 
  • Meaker, M. J. Sudden Endings: 13 Profiles in Depth of Famous Suicides Doubleday & Company, Inc., Garden City, NY: 1964 p. 26–45: "Marilyn and Norma Jean: Marilyn Monroe"
  • Mecacci, Luciano (2009). Freudian Slips: The Casualties of Psychoanalysis from the Wolf Man to Marilyn Monroe. Vagabondd Voices, Sulaisiadar 'san Rudha (Scotland). ISBN 978-0-9560560-1-6. 
  • Monroe, Marilyn; Hecht, Ben (2000). My Story. Cooper Square Press. ISBN 0-8154-1102-2. Consultado o 5 de agosto de 2008. 
  • Olivier, Laurence (1982). Confessions of an Actor. Simon and Schuster. ISBN 0-14-006888-0. 
  • Riese, Randall; Hitchens, Neal (1988). The Unabridged Marilyn. Corgi Books, London. ISBN 0-552-99308-5. 
  • Russell, Jane (1986). An Autobiography. Arrow Books, London. ISBN 0-09-949590-2. 
  • Server, Lee (2001). Robert Mitchum, Baby I Don't Care. St. Martin's Press, New York. ISBN 0-571-20994-7. 
  • Spoto, Donald (2001). Marilyn Monroe: The Biography. Cooper Square Press. ISBN 0-8154-1183-9. 
  • Staggs, Sam (2000). All About "All About Eve". St. Martin's Griffin, New York. ISBN 0-312-27315-0. 
  • Summers, Anthony (1985). Goddess, The Secret Lives of Marilyn Monroe. Guild Publishing, London. ISBN 0-575-03641-9. 

Ligazóns externas