Pazo de Rubiáns: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Pazo|Pazo de Rubiáns|Vilagarcía de Arousa-Pazo de Rubians-Fachada principal (7008680485).jpg|Vilagarcía de Arousa|Pontevedra|Galicia||[[Medieval]], [[século XII]]||[[Renacemento|Renacentista]] de influencia francesa, [[século XVII]]|en bo estado|Galicia}}
{{Pazo|Pazo de Rubiáns|Vilagarcía de Arousa-Pazo de Rubians-Fachada principal (7008680485).jpg|Vilagarcía de Arousa|Pontevedra|Galicia||[[Medieval]], [[século XII]]||[[Renacemento|Renacentista]] de influencia francesa, [[século XVII]]|en bo estado|Galicia}}


O '''Pazo de Rubiáns''' é unha construción civil situada na rúa do Pazo do lugar de [[Rubiáns de Arriba, Rubiáns, Vilagarcía de Arousa|Rubiáns de Arriba]], na parroquia de [[Rubiáns, Vilagarcía de Arousa|Rubiáns]], no concello pontevedrés de [[Vilagarcía de Arousa]], moi achegado á vila de Vilagarcía. A súa orixe é unha [[Torre (construción)|torre]]-fortaleza do [[século XII]], convertida en [[pazo]] no [[século XV]] e reformada no [[século XVIII]], conserva os escudos de García de Caamaño e Mendoza, Señor da Casa de Rubiáns e fundador de Vilagarcía. Posúe unha leira de 70 hectáreas, cun importante viñedo de albariño (D.O. Rías baixas) e un fermoso [[xardín]] onde salientan exemplares centenarios de [[Camelia do Xapón|camelias]], que admiten visitas. Destacan os valores botánico, enolóxico e histórico-artístico do conxunto<ref>[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=6987&lay=451 Información do Pazo en Turgalicia]</ref>.
O '''Pazo de Rubiáns''' é unha [[casa señorial]] situada na rúa do Pazo do lugar de [[Rubiáns de Arriba, Rubiáns, Vilagarcía de Arousa|Rubiáns de Arriba]], na parroquia de [[Rubiáns, Vilagarcía de Arousa|Rubiáns]], no concello pontevedrés de [[Vilagarcía de Arousa]], moi achegado á vila de Vilagarcía. A súa orixe é unha [[Torre (construción)|torre]]-fortaleza do [[século XII]], convertida en [[pazo]] no [[século XV]] e reformada no [[século XVIII]], conserva os escudos de García de Caamaño e Mendoza, Señor da Casa de Rubiáns e fundador de Vilagarcía. Posúe unha leira de 70 hectáreas, cun importante viñedo de albariño (D.O. Rías baixas) e un fermoso [[xardín]] onde salientan exemplares centenarios de [[Camelia do Xapón|camelias]], que admiten visitas. Destacan os valores botánico, enolóxico e histórico-artístico do conxunto<ref>[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=6987&lay=451 Información do Pazo en Turgalicia]</ref>.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2015 ás 17:07

Pazo de Rubiáns
ConcelloVilagarcía de Arousa
ProvinciaPontevedra
ComunidadeGalicia
Coordenadas42°34′41″N 8°43′59″O / 42.578154727038, -8.7331253332792Coordenadas: 42°34′41″N 8°43′59″O / 42.578154727038, -8.7331253332792
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(Medieval, século XII)
Estilo actual(Renacentista de influencia francesa, século XVII)
Estado actualen bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Pazo de Rubiáns é unha casa señorial situada na rúa do Pazo do lugar de Rubiáns de Arriba, na parroquia de Rubiáns, no concello pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, moi achegado á vila de Vilagarcía. A súa orixe é unha torre-fortaleza do século XII, convertida en pazo no século XV e reformada no século XVIII, conserva os escudos de García de Caamaño e Mendoza, Señor da Casa de Rubiáns e fundador de Vilagarcía. Posúe unha leira de 70 hectáreas, cun importante viñedo de albariño (D.O. Rías baixas) e un fermoso xardín onde salientan exemplares centenarios de camelias, que admiten visitas. Destacan os valores botánico, enolóxico e histórico-artístico do conxunto[1].

Historia

A orixe da construción é unha torre-fortaleza ergueita no século XII pertencente á familia Caamaño (Rui García de Caamaño, nobre do Reino de Galicia). En 1390 Rui Fernández de Caamaño recibe en feudo Santa María de Rubiáns, de mans do Arcebispo Xoán García Manrique (xunto a Santa Baia de Arealonga -actual Vilagarcía-, San Pedro de Cornazo, Santo Estevo de Saiar e Santa Baia de Nantes) reconstruíndo esta torre. O seu fillo, García de Caamaño “O fermoso”, constrúe en 1414 a súa residencia na quinta (como reza unha inscrición no arco da entrada) e funda o 12 de maio de 1441 “Vila-García" (actualmente Vilagarcía de Arousa). No século XIV érguense a adega, e as cortes do gando e os cabalos, aínda en pé e co eu estado orixinal, mais convertidas hoxe en día en salón de té e tendas. En 1598, o Señor de Rubbiáns daquela: Josepe Caamaño e Mendoza, constrúe a capela da casa, dedicada a San Xosé e onde salienta o retablo do século XVI e varias imaxes. No século XVIII Xacobe Ozores, señor de Rubiáns desterrado a Francia, reconstrúe o pazo coa axuda dun arquitecto galo que lle dá un ar de pazo francés.[2].

Turismo

Entrada.

O pazo é unha propiedade privada, pero totalmente visitábel. Conta cun importante viñedo e unha adega onde se poden mercar e degustar viño albariño. Ofrécense visitas guiadas ao pazo, ás adegas e aos xardíns, ademais realízanse celebracións de todo tipo de eventos.

Xardinaxe

O primeiro xardín do pazo data de finais do século XVII nas contornas do edificio, incluído o encoro das ras. Porén o axardinamento principal data do século XVIII e continuou nos séculos XIX e XX, coa introdución de innumerábeis especies exóticas como camelias, eucaliptos, canforeiras, araucarias, magnolias, cedros de California, criptomerias...e autóctonas: como freixos, carballos, sobreiras, etc.

Salienta o número de variedades de camelias que posúe (oitocentas variedades), de feito o pazo inclúese na ruta da Camelia e Galicia[3]. Dolores Urcola Zuloaga, señora do pazo no século XX, foi a responsábel da conservación do xardín e do gran número de exemplares de camelia que hai. Paloma Rey Fernández-Latorre, actual Señora de Rubiáns, traballa hoxe en día pola conservación e recuperación da propiedade.

O xardín do pazo foi nomeado Xardín de Excelencia Internacional da Camelia en 2014. As canforeiras, un magnolio, o piñeiro de Norfolk e o conxunto de eucaliptos do Pazo de Rubiáns figuran no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Viñedo

Videiras.

As videiras do pazo remóntanse á primeira época do pazo. A adega e o lagar datan do século XV. As condicións son óptimas para o cultivo do albariño: solos graníticos, abondosas precipitacións e abas de media pendente e orientación suroeste. A filoxera da vide (Dactylosphaera vitifoliae) estragou aos poucos a plantación, até que Gonzalo Ozores de Urcola recuperou o plantío a finais do século XX, pasando das 6 hectáreas iniciais ás 25 hectáreas actuais. Na aldea dise que Aos viñedos do marqués, dálle o sol ata de noite.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas