Compostela Aberta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:
|web = {{URL|http://compostelaaberta.org|compostelaaberta.org}}
|web = {{URL|http://compostelaaberta.org|compostelaaberta.org}}
}}
}}
[[Ficheiro:Compostela Aberta-asemblea 20150528-3.jpg|esquerda|miniatura|150px|[[Martiño Noriega]] na asemblea post-electoral de Compostela Aberta o día [[28 de maio]] de [[2015]], na oficina electoral do Cantón do Toural.]]'''Compostela Aberta''' (CA) é un [[mareas cidadás|movemento cidadán e político]] creado na cidade de [[Santiago de Compostela]] que se presentou ás eleccións municipais de maio de [[2015]]. No movemento participan diversos partidos políticos, como [[Anova]], [[Esquerda Unida]], [[Podemos (España)|Podemos]] ou [[Equo]]<ref>http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/03/11/galicia/1426103240_401630.html</ref>.
[[Ficheiro:Compostela Aberta-asemblea 20150528-3.jpg|esquerda|miniatura|150px|[[Martiño Noriega]] na asemblea post-electoral de Compostela Aberta o día [[28 de maio]] de [[2015]], na oficina electoral do Cantón do Toural.]]'''Compostela Aberta''' (CA) é un [[mareas cidadás|movemento cidadán e político]] creado na cidade de [[Santiago de Compostela]] que se presentou ás eleccións municipais de maio de [[2015]]. No movemento participan diversos partidos políticos, como [[Anova]], [[Esquerda Unida]], [[Podemos (partido político)|Podemos]] ou [[Equo]]<ref>http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/03/11/galicia/1426103240_401630.html</ref>.


O médico e alcalde de [[Teo]], [[Martiño Noriega]], foi o candidato de CA nas eleccións municipais do [[25 de maio]] de 2015<ref>http://galiciae.com/gl/noticia/374788/martino-noriega-compostela-aberta-non-pedira-permiso-para-victoria</ref>, nas que obtivo a maioría simple co 34,58% dos votos emitidos (16 327 votos), que lle valeron a asignación de 10 concelleiros<ref>[http://resultadoslocales2015.interior.es/99MU/DMU1115907899_L1.htm?d=1712 Ministerio de Interior, resultados das eleccións municipais 2015.]</ref>.
O médico e alcalde de [[Teo]], [[Martiño Noriega]], foi o candidato de CA nas eleccións municipais do [[25 de maio]] de 2015<ref>http://galiciae.com/gl/noticia/374788/martino-noriega-compostela-aberta-non-pedira-permiso-para-victoria</ref>, nas que obtivo a maioría simple co 34,58% dos votos emitidos (16 327 votos), que lle valeron a asignación de 10 concelleiros<ref>[http://resultadoslocales2015.interior.es/99MU/DMU1115907899_L1.htm?d=1712 Ministerio de Interior, resultados das eleccións municipais 2015.]</ref>.

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2015 ás 10:36

Compostela Aberta
Candidatura municipal
Dirixentes e organización
LíderMartiño Noriega
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaDemocracia Participativa
Galeguismo
Esquerdismo
Representación
Concelleiros en Compostela
10 / 25
Outros datos
Na rede
compostelaaberta.org
Twitter: compostelaberta Editar o valor em Wikidata
Martiño Noriega na asemblea post-electoral de Compostela Aberta o día 28 de maio de 2015, na oficina electoral do Cantón do Toural.

Compostela Aberta (CA) é un movemento cidadán e político creado na cidade de Santiago de Compostela que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos ou Equo[1].

O médico e alcalde de Teo, Martiño Noriega, foi o candidato de CA nas eleccións municipais do 25 de maio de 2015[2], nas que obtivo a maioría simple co 34,58% dos votos emitidos (16 327 votos), que lle valeron a asignación de 10 concelleiros[3].

Historia e características

Os membros da candidatura que obtiveron acta de concelleiro, ademais de Noriega, foron María Rozas (consultora en xestión económica e membro de EU-IU), Jorge Duarte (arquitecto, ex-presidente do COAG), Branca Novoneyra (escritora e coreógrafa), Xan Duro (ecoloxista de Verdegaia, membro do Espazo Ecosocialista Galego), Concha Fernández (ex-dirixente local do BNG, profesora de Intervención Sociocomunitaria no CIFP Compostela e ex-sindicalista), Manuel Dios Diz (presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz e membro tamén do Espazo Ecosocialista), Marta Lois (profesora de Políticas e integrante do ANPA do Colexio de Fontiñas), Rafa Peña (responsable da CIG no Aeroporto da Lavacolla) e Noa Morales (experta en relacións internacionais e membro de EU-IU)[4].

Por fin, o 13 de xuño Martiño Noriega foi investido alcalde de Santiago. O correspondente repartimento das concellarías foi como segue[5]:

  • Martiño Noriega Sánchez. Alcalde. Portavoz da Xunta de Goberno Local. Competencias directas en Réxime Interno (Persoal, Contratación, Arquivo, Innovación e Informática), Lingua e Participación e Relacións Veciñais.
  • María Rozas Pérez. Concelleira responsable da Área de Economía e Facenda, con competencias en Planificación Económica e Financeira, Xestión Tributaria, Xestión presupostaria e Política Fiscal. Primeira tenente de alcalde.
  • Jorge Duarte Vázquez. Concelleiro responsable da Área de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, con competencias en Cidade Histórica, Rehabilitación, Planeamento, Urbanismo, Dereito á Vivenda e Mobilidade. Segundo tenente de alcalde.
  • Branca Novoneyra. Concelleira responsable da Área de Acción Cultural, con competencias en Auditorio de Galicia, Teatro Principal, Rede de Centros Socioculturais e Festas. Terceira tenente de alcalde.
  • Xan Duro Fernández. Concelleiro responsable da Área de Medio Ambiente e Convivencia, con competencias en Sustentabilidade (RSU, Auga, Enerxía e Consumo), Parques e Xardíns e Convivencia (Policía Local, Bombeiros e Protección Civil). Secretario da Xunta de Goberno.
  • Concepción Fernández Fernández. Concelleira responsable da Área de Políticas Sociais e Diversidade, con competencias en Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Economía Social, UMAD, UAMI e Cooperación.
  • Manuel Dios Diz. Concelleiro responsable da Área de Educación e Cidadanía, con competencias en Educación, Cidadanía e Dereitos Humanos. Deputado provincial.
  • Marta Lois González. Concelleira responsable da Área de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, con competencias en Igualdade, Promoción Económica, Emprego, Mercados, Comercio e Turismo.
  • Rafael Peña Vidal. Concelleiro responsable da Área de Medio Rural e Equilibrio Territorial, con competencias en Medio Rural e Brigada de Obras.
  • Noa Morales Sánchez. Concelleira responsable da Área de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, con competencias en Xuventude, Deportes e Refuxio de Animais.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas