Vitela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3: Liña 3:


O nome "vitela", segundo o [[Portal das Palabras]]<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=vitelo&sinom=0&homonimo= Entrada vitelo no Portal das palabras da [[RAG]].]</ref> refírese a unha cría de até os dous anos e á súa carne (vitela ou tenreira). O termo becerro refírese á cría de máis ou menos dous anos, e cuxo e pucho de menos de dous anos, e xato mentres lle duran os [[dentes de leite]]. Xovenco, almallo ou novelo é cando xa ten tres anos.
O nome "vitela", segundo o [[Portal das Palabras]]<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=vitelo&sinom=0&homonimo= Entrada vitelo no Portal das palabras da [[RAG]].]</ref> refírese a unha cría de até os dous anos e á súa carne (vitela ou tenreira). O termo becerro refírese á cría de máis ou menos dous anos, e cuxo e pucho de menos de dous anos, e xato mentres lle duran os [[dentes de leite]]. Xovenco, almallo ou novelo é cando xa ten tres anos.

==Beneficios nutricionais ==
Adóitase considerar ás veces como [[carne vermella]] por mor da súa cor encarnada.
Tendo en conta que a vitela está clasificada como unha carne branca pola súa cor rosada, e que salienta por ser especialmente carne magra, non hai dúbida que aporta unha gran variedade de beneficios nutricionais no seu consumo.
Por exemplo, 100 gramos de carne de tenreira aportan 21 gramos de proteínas, ademais de aportar minerais tales como potasio, ferro, calcio, magnesio e cinc.
Ten un baixo contido en graxas, e convértese nun alimento facilmente dixeríbel, grazas en especial ao seu alto contido en auga e por ter unha carne xeralmente tenra (de aí o seu nome).

Valores nutricionais da vitela:
100 gramos de vitela aportan:
* 108 calorías.
* Proteínas: 20,8 g.
* Auga: 77 g.
* Graxas: 2,8 g.
* Colesterol: 70 mg.


== Tipos de carne ==
== Tipos de carne ==

Revisión como estaba o 10 de decembro de 2015 ás 15:54

Filete de vitela.

A vitela (ou carne de tenreira) é o nome utilizado para o produto da cría de carne branca e lene de becerros. Os xatos machos das vacas leiteiras, que son indesexados para a industria liteira, poden aproveitarse para a produción deste tipo de carne.[1][2]

O nome "vitela", segundo o Portal das Palabras[3] refírese a unha cría de até os dous anos e á súa carne (vitela ou tenreira). O termo becerro refírese á cría de máis ou menos dous anos, e cuxo e pucho de menos de dous anos, e xato mentres lle duran os dentes de leite. Xovenco, almallo ou novelo é cando xa ten tres anos.

Beneficios nutricionais

Adóitase considerar ás veces como carne vermella por mor da súa cor encarnada. Tendo en conta que a vitela está clasificada como unha carne branca pola súa cor rosada, e que salienta por ser especialmente carne magra, non hai dúbida que aporta unha gran variedade de beneficios nutricionais no seu consumo. Por exemplo, 100 gramos de carne de tenreira aportan 21 gramos de proteínas, ademais de aportar minerais tales como potasio, ferro, calcio, magnesio e cinc. Ten un baixo contido en graxas, e convértese nun alimento facilmente dixeríbel, grazas en especial ao seu alto contido en auga e por ter unha carne xeralmente tenra (de aí o seu nome).

Valores nutricionais da vitela:

100 gramos de vitela aportan:

  • 108 calorías.
  • Proteínas: 20,8 g.
  • Auga: 77 g.
  • Graxas: 2,8 g.
  • Colesterol: 70 mg.

Tipos de carne

Existen dous tipos de carne: a branca e a rosada. No caso de produción de carne branca o obxectivo deste sistema é obter becerros con 115 a 200 kg de peso vivo (70 a 125 kg de carcasa), con aproximadamente, 3 a 4,5 meses de idade. Polo tanto os becerros precisan gañar, de media, máis de 900 g/cabeza/día, con boa conversión alimentar.

A carne rosada prodúcese con becerros de 5 a 6 meses de idade, cun peso vivo de 225 a 250 kg ou 135–150 kg de carcasa. Para atinxir este peso os animais precisan gañar, de media, 1,2 kg por día, con boa conversión alimentar.

Produción da carne branca

O sistema de carne consiste en aloxar os animais en gaiolas individuais, e alimentalos exclusivamente cunha dieta líquida - privándoos de calquera outro alimento - preferibelmente un substituto artificial do leite, que debe ser deficiente en ferro. En Holanda e en Bélxica o sistema inicia con consumo de 125 a 200 g do substituto industrial do leite para 1 a 2,5 litros de auga e finaliza con 1400 a 1500 g/día de substituto para 8,5 a 9 litros de auga.

Produción de carne rosada

O sistema de alimentación baséase no uso de substituto do leite durante as primeiras semanas de vida do becerro, facéndose o desaleitamento o máis rápido posíbel, utilizándose entón, razón concentrada fornecida á vontade, e pequenas cantidades de forraxe.

Controversias

Alégase que os becerros son colocados en gaiolas cun espazo insuficiente para que exerza as súas funcións máis básicas, como se virar ou andar, sen nunca se exercitar ou recibir baños de sol.[1]

Segundo pescudadores como Tom Regan, a madeira utilízase nas gaiolas como medida a impedir que o animal absorba ferro lambendo as barras de metal, mantendo, así, a coloración clara da súa carne.[2]

Diversos grupos de dereitos dos animais teñen actuado contra a produción de carne de vitela no mundo, argumentando que esta pordúcese dun xeito cruel.[4][5][6][7]

En 2011, após ser sorprendido (e, posteriormente, absolto) pola Real Federación Española de Ciclismo en exame antidopaxe, o ciclista español Alberto Contador chegou a alegar "nunca máis comerei vitela", por cuestións de procedencia de carne.[8] O exame foi positivo para clenbuterol,[9] substancia utilizada para, entre outros usos, engordar gado.

Notas

  1. 1,0 1,1 Maria de Lourdes Pereira Dias (2008). "Carne de vitela" (HTML). Vista-se.com.br (en portugués). Consultado o 18 de febreiro de 2011.  A referencia usa o parámetro obsoleto |mes= (Axuda)
  2. 2,0 2,1 Carl Cohen, Tom Regan (2001). "The animals right debate". Google Libros (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2011. 
  3. Entrada vitelo no Portal das palabras da RAG.
  4. Nina Rosa (2001). "Comer carne, uma forma de violência?". Instituto Nina Rosa (en portugués). Consultado o 18 de febreiro de 2011. 
  5. Farm Sanctuary. "The Welfare of Calves in Veal Production: A Summary of the Scientific Evidence". www.NoVeal.org (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2011.  Ligazón externa en |publicación= (Axuda)
  6. PETA. "Veal: A Byproduct of the Cruel Dairy Industry". PETA.org (en inglés). Consultado o 18 de febreiro de 2011.  Ligazón externa en |publicación= (Axuda)
  7. APASFA. "Parar de comer carne muda a realidade dos animais criados para alimentação?". Associação Protetora de Animais São Francisco de Assis (en portugués). Consultado o 18 de febreiro de 2011.  Ligazón externa en |publicación= (Axuda)
  8. Ana Ponte (15 de febreiro ano=2011). "Contador: "Nunca mais como vitela"". Eurosport (en portugués). Consultado o 18 de febreiro de 2011.  Ligazón externa en |publicación= (Axuda)
  9. Lancepress! (15 de febreiro ano=2011). "Alberto Contador não será punido por doping". Lance!Net (en portugués). Consultado o 18 de febreiro de 2011.  Ligazón externa en |publicación= (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos