Saltar para o conteúdo

Diferenzas entre revisións de «Gordiano III»

m
Bot: Retirando link para o próprio artigo
m (robot Añadido: cy:Gordian III)
m (Bot: Retirando link para o próprio artigo)
 
== O seu reinado ==
Coa morte de [[Maximino Tracio]] a mans das súas tropas, despois da morte de [[Gordiano I]] e [[Gordiano II]], os senadores [[Pupieno]] e [[Balbino]] quedaron nomeados como co-emperadores, pero non eran aceptados polo pobo de [[Roma]], e despois de só noventa dias, e logo de que lles impuxeran o nomeamento de Gordiano III como césar, foron asasinados polos pretorianos, que nomearon a [[Gordiano III]] como emperador, en parte debido ás presións do pobo romano que aínda conservaba a lembranza das virtudes do seu avó e tío.
 
A elección dun rexente era moi importante pra o inicio do seu reinado, e esa elección recaeu en [[Aquila Timesiteo]], que fora gobernador do imperio en diversas provincias, onde deu proba do seu carácter íntegro e notábel capacidade. A súa entrada no pazo deu coma primeira medida o afastamento de tódolos [[eunuco]]s que herdara do seu tío, moi propios das rexións orientais, pero nunca ben aceptados en Roma. Unha vez completada esta expulsión, Gordiano III tomou por esposa a filla do seu rexente, [[Sabinia Tranquilinia]], e nomeou o seu sogro prefecto do pretorio.
61.374

edicións