Manuel Murguía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Retiro {{Dialnet}}, engadín o elemento en Wikidata e agora xa aparece no {{Control de autoridades}}
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
|xéneros=[[Poesía]], [[novela]], [[narrativa]]
|xéneros=[[Poesía]], [[novela]], [[narrativa]]
|cónxuxe = [[Rosalía de Castro]]
|cónxuxe = [[Rosalía de Castro]]
|fillos = [[Alejandra Murguía Castro|Alejandra]] (1859-1937)<br>Aura (1868-1942)<br>Gala (1871-1964)<br>[[Ovidio Murguía Castro|Ovidio]] (1871-1900)<br>Amara (1873-1921)<br>Adriano Honorato Alejandro (1875-1876)<br>Valentina (nada morta en 1877)
|sinatura = Firma Manuel Murguia.svg
|sinatura = Firma Manuel Murguia.svg
|tamaño_sinatura = 260px
|tamaño_sinatura = 260px

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2015 ás 22:32

Infotaula de personaManuel Antonio Martínez Murguía
Biografía
Nacemento(es) Manuel Antonio Martínez y Murguía Editar o valor em Wikidata
17 de maio de 1833
O Froxel (Oseiro, Arteixo) Galicia Galicia
Morte1 de febreiro de 1923 (89 anos)
A Coruña, Galicia Galicia
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Presidente Real Academia Galega
1905 – 1923 – Andrés Martínez Salazar → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , historiador , Polígrafo , arquiveiro , poeta , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoAsociación Regionalista Gallega
Liga Gallega Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, novela, narrativa
Pseudónimo literarioManuel Murguía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeRosalía de Castro
FillosAlejandra (1859-1937)
Aura (1868-1942)
Gala (1871-1964)
Ovidio (1871-1900)
Amara (1873-1921)
Adriano Honorato Alejandro (1875-1876)
Valentina (nada morta en 1877)

Galiciana: 14226 BUSC: murguia-manuel-1833-1923 Dialnet: 2560934 Find a Grave: 224039875 Editar o valor em Wikidata

Manuel Antonio Martínez Murguía, nado no Froxel (Oseiro, Arteixo), o 17 de maio de 1833 e finado na Coruña o 1 de febreiro[1] de 1923, foi un historiador galego que impulsou o Rexurdimento e creou a Real Academia Galega. No ano 2000 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Traxectoria

Murguía, Rosalía e os fillos.

Manuel Murguía era fillo de dona Concepción Murguía Egaña e don Juan Martínez de Castro. Este era farmacéutico na rúa Garás da Coruña e estableceuse despois, seguramente en 1837, en Santiago de Compostela. Será neste lugar precisamente onde o neno Manuel Murguía presencie os sucesos do 23 de abril de 1846, que el narrará máis tarde nun artigo titulado "La Voz de Galicia" cun enorme sentimento; é de supoñer que este episodio da historia de Galiza influíu na ideoloxía romántico-liberal do rapaz.

Placa na casa na que viviu en Santiago.

A partir de 1845 comezou a estudar bacharelato na universidade, concluíndo o bacharel en filosofía en 1850, e ó mesmo tempo o preparatorio de farmacia, que iniciou por desexo do pai. Mais Murguía tivo moi claros os seus gustos, e así, o interese pola literatura e a historia fixérono abandonar a carreira para dedicarse plenamente ao seu labor de escritor e investigador. Nestes anos a vida cultural de Santiago xiraba entorno ao "Liceo de la Juventud", onde se daban cita estudantes e intelectuais como Eduardo Pondal, Aurelio Aguirre e Rosalía de Castro.

Murguía relacionouse en Madrid, onde se trasladara en 1850 para estudar Farmacia, con intelectuais como os irmáns Valeriano e Gustavo Adolfo Bécquer, Alejandro Chao. En 1854 Murguía publicou o seu primeiro texto en galego, o 1 de xuño, no álbum de Elena Avendaño, unhas seguidillas tituladas a "Nena das Soidades". En 1855 publica, por entregas, a súa primeira novela Desde el cielo. Murguía seguiu colaborando en xornais e revistas madrileñas da época como La Iberia e Las Novedades, nos que acadou moito éxito -o que lle permitiu publicar folletíns con obras como "Mientras Duerme", "Mi madre Antonia", "El Ángel de la Muerte" e "Los Lirios Blancos".

Tamén coñeceu en Madrid a Rosalía de Castro e tamén colaborou en xornais galegos como La Oliva. Escribiu unha crítica de La Flor, o primeiro poemario de Rosalía e a relación entre ambos os dous foise estreitando ata o punto de ennoivaren, e o 10 de outubro de 1858 casaron na madrileña igrexa de San Idelfonso. É indubidábel que Murguía foi unha peza de apoio intelectual e social para Rosalía. Dende o principio, animouna na súa carreira literaria e na publicación de obras como Cantares Gallegos, considerada o inicio do Rexurdimento literario galego, e mesmo chegou a publicar algunha obra súa sen o seu consentimento.

Algo que debemos considerar como o primeiro puntal do Rexurdimento foi o cambio operado en Murguía cando deixou o labor creativo, tras acadar un grande éxito, para se dedicar por completo á investigación histórica e á divulgación desta, así como a difundir o ideario político xurdido, principalmente, das súas investigacións.

En 1859 o matrimonio trasladouse a Santiago de Compostela, e con motivo do nacemento da súa primeira filla, en maio, publicou La Primera Luz, un libro de lecturas escolares estruturado en vinte temas de historia e xeografía, que o Ministerio de Fomento recomendou para o ensino nas escolas de Galiza. Esta obra foi reeditada en Lugo en 1868.

C E N A
DADA POR AMIGOS E ADEMIRADORES, VELLOS
E RAPACES, A O PETRUCIO E INSINE
HISTORIADOR
M A N U E L   M U R G U Í A
PARA FESTEXALO NA NOITE D'HOXE
Zelme de garabanzos en caldo de repolo
Revoltixo de arroz con peixes, polos e froitos da terra
Peixota á cruñesa
Lombo de terneira asado.
LAMBETADAS:
A Coruña, 2 de marzo de 1909.

En 1862 Murguía rematou o seu Diccionario de escritores Gallegos e en 1865 editou o primeiro tomo da súa Historia de Galicia. Na revolución de setembro 1868 foi secretario da Xunta Revolucionaria de Santiago e despois nomeado director do Arquivo de Simancas, en 1870 xefe do Arquivo Xeral de Galicia ata 1875, foi director de La Ilustración Gallega y Asturiana (1879) e máis tarde, no 1885, Cronista Xeral do Reino. No 86 (ao ano de morrer Rosalía) publicou Los precursores, obra na que fai unha descrición de varios personaxes da vida cultural galega. No ano 1890, Murguía dirixiu xunto con Alfredo Brañas La Patria Gallega, boletín onde se deron as primeiras claves do que ía ser co tempo o pensamento rexionalista galego. Tamén neste mesmo ano Murguía publicou durante uns Xogos Florais en Barcelona un discurso que foi moi aplaudido e que fixo que o nomeasen "Mestre en Gay Saber". Neste discurso fala do sentimento histórico e cultural diferenciador de Galiza. Foi nomeado presidente da Asociación Rexionalista Galega (ARG), a primeira organización política de signo decididamente galeguista. Nos Xogos Florais de Tui de 1891, organizados pola ARG, faríase reivindicación do uso público do galego, lingua en que Murguía pronunciaría o discurso inaugural.

¡O noso idioma!, o que falaron nosos pais e vamos esquecendo, o que falan os aldeáns e nós achamos a punto de non entendelo.[2]

En 1892 foi destinado á Biblioteca Universitaria de Santiago posto que exercería ata a súa xubilación en 1905.

Con 72 anos xorde en Murguía a idea de crear unha Academia Galega da Lingua, idea que comunicou a outros escritores que se daban cita nunha libraría da Coruña coñecida co nome de A Cova Céltica. Tamén en Murguía xurdiu a teima de crear un dicionario da lingua galega, porque se sentía falto de vocabulario; se cadra, a inexistencia deste dicionario foi determinante para que a súa obra en galego fose tan escasa. O día 25 de agosto de 1906 aprobouse a creación da Real Academia Galega, que presidiría ata á súa morte.

Enterro de Murguía.

Manuel Murguía finou o 1 de febreiro de 1923, na súa casa de rúa de Santo Agostiño da Coruña, sendo soterrado no camposanto de San Amaro. A revista da Asociación Galega de Historiadores chámase Murguía na súa honra.

Portada do primeiro número de La Ilustración Gallega y Asturiana, 1879, segunda etapa da revista, con texto de Manuel Murguía e un retrato de Diego Sarmiento de Acuña.

Obra

2ª ed. de La Primera Luz.

Libros

  • La Primera Luz, Vigo, Juan Compañel, 1859.
  • Diccionario de escritores gallegos, Vigo, Juan Compañel, 1862.
  • De las guerras de Galicia en el siglo XV y de su verdadero carácter, A Coruña, 1861.
  • Historia de Galicia, T. I, Lugo, Soto Freire,1865, T. II, Lugo, Soto Freire, 1866, T. III, A Coruña, Libr. de A. Martínez Salazar, 1888, Tomo IV, A Coruña, Libr. de E. Carré Aldao, 1891, T.V, A Coruña, 1911.
Historia de Galicia, Tomo I, en PDF.
  • Memoria relativa al Archivo Regional de Galicia, A Coruña, 1871.
  • Biografía del P. M. Fr. Benito Gerónimo Feijóo, Santiago, Est. Tip. de El Diario, 1876.
  • El foro, Madrid, Libr. de Bailly Bailliere, 1882.
  • El arte en Santiago durante el siglo XVIII y noticia de los artistas que florecieron en dicha ciudad y centuria, Madrid, Est. Tip. de Fernando Fé, 1884.
  • Los Precursores, A Coruña, Latorre y Martínez Editores, Biblioteca Gallega, 1886.
  • Galicia, Barcelona, Daniel Cortezo, 1888.[3]
  • El regionalismo gallego, La Habana, Imp. La Universal, 1889.
  • En prosa, (Contén a novela El puñalito), A Coruña, 1895.
  • Don Diego Gelmírez, A Coruña, Imprenta y Librería de Carré, 1898.
  • Los trovadores gallegos, A Coruña, Imp. de Ferrer, 1905.
  • Apuntes históricos de la provincia de Pontevedra, folletín de La Temporada en Mondariz, Imp. del Establecimiento, 1913.
  • Politica y sociedad en Galicia, Madrid, Akal, Arealonga, 8, 1974, ed. de X. Alonso Montero

Relatos

  • Un can-can de Musard (conto), 1853.
  • Un artista (conto), Madrid, 1853; co título de Ignotus en Los Precursores (1886).
  • Desde el cielo, (novela), Madrid, La Iberia, 1855; Vigo, Imp. de La Oliva, 1856; Madrid, Biblioteca de Escritores Gallegos, 1910. Tradución ao galego como Dende o ceo, publicada en A Nosa Terra).
  • Luisa (conto), Madrid, 1855 e A Coruña, 1862.
  • La Virgen de la Servilleta, (novela), Madrid, 1855.
  • El regalo de boda (novela), La Iberia, Madrid, 1855.
  • Mi madre Antonia (novela), Vigo, La Oliva, 1856.
  • Don Diego Gelmírez (novela) Madrid, La Oliva, 1856.
  • El ángel de la muerte (novela), Madrid, La Crónica, 1857.
  • La mujer de fuego (novela), Madrid, 1859.

Poemas

Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861.[4]
  • Nena d’as soledades (poema), La Oliva, 27-2-1856.
  • Madrigal (poema), La Oliva, 8-3-1856.
  • La flor y el aire (poema), La Oliva, 19-3-1856.
  • A una paloma (poema), La Oliva, 3-5-1856.
  • A las ruínas del Castillo de Altamira (poema), La Oliva, 31-5-1856.
  • En un Álbum (poema), La Oliva, 31-5-1856.
  • Al partir (poema), Galicia (A Coruña), 1862, páx. 39.
  • Tres poemas na antoloxía El Álbum de la Caridad, A Coruña, 1862. Son os poemas Madrigal, Nena d’as soledades e Gloria.
  • Sueños dorados (poema), en García Acuña (177) e antes no Álbum de El Miño.
  • Ildara de Courel (poema), en García Acuña (177-178).
  • Soneto de Pardo de Cela (poema), en García Acuña (179).
  • Los versos fueron mi ilusión primera (poema de 1903), en Naya (1950: 104).
  • Romance da flor da auga

Artigos no boletín da Real Academia Galega

  • Discurso del Sr. Académico Presidente D. Manuel Murguía, (na sesión inaugural da Academia), BRAG, 6-7, 1906, pp. 125-129.
  • De los primeros documentos en gallego, BRAG, 9, 1907, pp. 193-196.
  • Descripción de la ciudad de La Coruña en los primeros años del siglo XVII, BRAG, 10, 1907, pp. 219-221.
  • La isla de Cortegada, BRAG, 14, 1907, pp. 30-35.
  • Discurso-Contestación por el Sr. D. Manuel Murguía(a Parga Sanjurjo), BRAG, 16 e 17, 1907, pp. 96-110.
  • En memoria del primer presidente de la Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega, BRAG, 19, 1908, pp. 137-138.
  • Aurelio Aguirre, BRAG, 20, 1908, pp. 144-146.
  • ¿Cuándo se generalizó el cultivo del maíz en Galicia?, BRAG, 22, 1909, pp. 210-215.
  • Sentencia dictada por Fernán Pérez/.../, BRAG, 30, 1909, páx. 134.
  • D. José Ojea, BRAG, 31, 1909, pp. 166-167.
  • De Folk-lore. Dama Gelda, BRAG, 38, 1910, pp. 37-40.
  • D. José Villaamil y Castro, BRAG, 38, 1910, pp. 41-42.
  • Mensaje de la Academia, BRAG, 41, 1910, pp. 118-121.
  • D. Ramón Pérez Costales, BRAG, 43, 1911, pp. 170-172.
  • Que se fuese..., BRAG, 45, 46, 47, 1911, pp. 209-212, 233-237 e 257-260.
  • Necrología, BRAG, 48, 1911, pp. 301-303.
  • Don Ramón Bernárdez, BRAG, 47, 1911, pp. 277-278.
  • Cumple en estos momentos la Real Academia Gallega..., BRAG, 50, 1911, pp. 26-27.
  • Hablando cierto día..., BRAG, 50, 1911, pp. 40-50.
  • Discurso de D. Manuel Murguía (lido o 15-9-1911 con motivo do centenario de Pastor Díaz), BRAG, 51 e 52, 1911, pp. 99-103.
  • D. Juan Fernández Latorre, BRAG, 59, 1912, pp. 262-263.
  • Constituciones de la Cofradía de Santa Tecla de la villa de la Guardia, BRAG, 63, 64, 65, 1912, pp. 57-61, 89-94 e 113-119.
  • El torques de Centroña, BRAG, 66, 1912, pp. 137-139.
  • Un episcopologio compostelano del siglo XVI, BRAG, 68, 69 e 70, 1913, pp. 185-188, 209-212 e 237-241.
  • Excmo Sr. D. Adriano Pérez Morillo, BRAG, 70, 1913, pp. 234-235.
  • Prudencio Canitrot, BRAG, 70, 1913, pp. 235-236.
  • Elogio de Curros Enríquez, BRAG, 71, 1913, pp. 263-265.
  • El del Banquete, El de la velada (Discursos na Homenaxe a Murguía co gallo do seu 80 aniversario), BRAG, 73, 1913, pp. 27-28 e páx. 29.
  • Discurso de D. Manuel Murguia (lido na velada celebrada na Coruña o 8 de abril de 1914 con motivo do 6º aniversario do pasamento de Curros), BRAG, 82, 1914, pp. 271-272.
  • Victor Said Armesto, BRAG, 86, 1914, pp.17-19.
  • De Folk-lore. O Canouro, BRAG, 86, 1914, pp.29-30.
  • ¿Qué he de decir de ti en este momento? (Palabras no 7º aniversario do pasamento de Curros), BRAG, 92, 1915, páx. 184.
  • Juan de Orleáns, BRAG, 96, 1915, pp. 281-282.
  • De folk-lore. Nuestro folk-lore, BRAG, 99, 1915, pp. 65-67.
  • Don José Salgado, BRAG, 108, 1915, pp. 294-295.
  • Señoras e señores (Discurso pronunciado na Festa da poesía galega de Homenaxe a Rosalía), BRAG, 110, 1916, pp. 29-30.
  • Don José Cornide y sus versos en gallego, BRAG, 114 e 115, 1917, pp. 162-169 e 179-182.
  • José Castro Chané, BRAG, 115, 1917, páx. 178 e in DURÁN (1998: 309-310).
  • Don Eduardo Pondal, BRAG, 116, 1917, pp. 201-210.
  • Manuel Núñez González, BRAG, 116, 1917, páx. 211.
  • En este día, siempre de dolor (Palabras no 9º aniversario do pasamento de Curros), BRAG, 116, 1917, páx. 213.
  • Sin duda, amigos míos(Palabras para a inauguración do Monumento a Rosalía en Compostela), BRAG, 120, 1917, pp. 313-314.
  • Don Eladio Oviedo y Arce, BRAG, 124, 1918, pp. 89-90.
  • Aquí estamos de nuevo (Homenaxe a Curros, Pondal e Chané), BRAG, 124, 1918, pp. 97-98.
  • Don Ángel Barros Freire, BRAG, 128, 1919, páx. 204.
  • Excmo Sr. D. Antolín López Peláez, BRAG, 129, 1919, pp. 233-234.
  • Un episodio de nuestra Guerra de la Independencia, BRAG, 132, 1919, pp. 326-329.
  • Fué una mañana primaveral, BRAG, 150, 1923, páx. 243.
  • Eduardo Pondal e a súa obra, BRAG, 248, 1933, pp. 184-192.

Escolmas

  • Alonso Montero, X. Politica y sociedad en Galicia, Madrid, Akal, Arealonga, 8, 1974.
  • DURÁN, José Antonio, Prosas recuperadas. O periodismo de Manuel Murguía. Antoloxía básica, 1853-1923, Madrid, Real Academia Galega, Fund. Caixa Galicia, 1998 (Contén 58 artigos de Murguía).
  • Rabuñal, Henrique, Manuel Murguia, 2ª ed., Santiago, Laiovento, 1999. Contén "Nena d’as soledades", "A Curros", "Discurso nos Xogos Florais de Tui" e "Eduardo Pondal e a sua obra".
  • Risco, Vicente, Manuel Murguía, Vigo, Galaxia, 1976. Contén o Discurso nos Xogos Florais de Tui, "Eduardo Pondal e a sua obra", "A Curros", "Nena d’as soledades", pasaxes de Los precursores ("Galicia" e "Rosalía"), "Discurso del Presidente" (na inauguración da Academia), "Orígenes y desarrollo del regionalismo en Galicia", "El regionalismo gallego" e "A Don Juan Valera".

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Ligazóns externas

Predecesor:
Roberto Blanco Torres
Día das Letras Galegas
2000
Manuel Murguía
Sucesor:
Eladio Rodríguez

Modelo:Día das letras galegas 1976-2000