Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sen resumo de edición
m Estevoaei moveu a páxina "Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC" a "Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de Santiago de Compostela": formato seguido nos artigos de facultades
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de decembro de 2015 ás 00:32

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC é a institución na que se imparte a Licenciatura en Ciencias Políticas e da Administración e o programa de doutoramento Procesos Políticos Contemporáneos.

Obxectivos da licenciatura

A licenciatura ten como obxectivos proporcionar uns amplos coñecementos en materias que permitan analizar os procesos e estruturas políticas e administrativas contemporáneas que capaciten para poder desenvolver funcións de responsabilidade de xestión media ou alta nas administracións públicas do estado así como en organizacións de carácter internacional.

Orientacións

Está estruturada en cinco cursos académicos e conta con tres plans de orientación distintos:

  • Ciencia Política.
  • Administración Pública
  • Estudos Internacionais.

Entre as liñas de investigación dos seus docentes destaca a de estudos políticos, nacionalismo, cooperación internacional e estudos de xénero.