Diferenzas entre revisións de «Julien Offray de La Mettrie»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
(recategorizo)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Julien Offray de La Mettrie''' nado en [[Saint-Malo]] en [[1709]] e finado en [[Berlín]] en [[1751]], foi un médico e filósofo francés.
 
== Traxectoria ==
Nado no seno dunha familia de comerciantes, foi educado cos xesuítas e estudou medicina en [[París]] e [[Reims]]. Despois de estudar teoloxía e ser un fervente xansenista, marchou a [[Leiden]] en [[1733]], e, baixo a guía do famoso médico e fisiólogo [[Herman Boerhave]], seguidor das doutrinas de [[Spinoza]], dedicouse a estudar medicina; isto conduciuno ao materialismo, ao que lle daría a forma máis sistemática e lóxica. Médico militar en París en [[1742]], enemistouse con todos os seus colegas a causa dalgúns despectivos textos polémicos.
 
A súa primeira obra filosófica, ''Historia natural da alma'', foi publicada en [[1745]] na Haya, por conflitos cos medios eclesiásticos tivo que saír de Francia. Causou polémica a súa interpretación materialista dos fenómenos físicos, que o levou a negar a existencia de Deus e a alma humana. Refuxiado nos [[Países Baixos]], foi igualmente expulsado deste país trala publicación do seu libro ''[[O home máquina]]''. Finalmente viuse ben acollido na corte de [[Federico II de Prusia]], da que foi médico, quen o introduciu na Academia de Berlín. Porén, pouco despois e de forma inesperada, faleceu dunha indixestión.
== Pensamento ==
O mecanicismo radical quedou exposto na obra ''[[O home máquina]]'', ensaio no que interpreta o [[pensamento]] como o resultado da acción dos compoñentes do cerebro e propón unha continuidade entre os animais e o home. Tamén propuxo considerar a certos criminais como enfermos. Tipicamente ilustrado, o seu pensamento pon unha fe sen límites no progreso científico e ataca con saña a relixión e a ignorancia médica. Entre as súas obras de medicina destaca ''Observacións de medicina práctica''.
 
A partir do seu tratado sobre a alma, o materialismo de La Mettrie aparece fundamentado en observacións fisiolóxicas e, en consecuencia, procedentes da física de [[Newton]]. A vida orgánica e incluso os actos da conciencia, mera función físico-química do cerebro, poden quedar suficientemente explicados pola materia. Iso exclúe, en cuanto que inútil hipótese, a alma como substancia.
La Mettrie considera a existencia de [[Deus]] como unha suposición innecesaria, que se comprace nunha moral libremente materialista, que exalta por riba de todos os restantes o pracer dos sentidos, aínda cando tamén deduce do mesmo [[individualismo]] (a través do sentimento da [[honra]]) o criterio da subordinación do interese privado cara o público, e, en consecuencia, a posibilidade dunha norma de conduta moral.
 
== Obras ==
Na obra ''[[O home máquina]]'' a súa obra máis famosa, La Mettrie funda toda a actividade consciente do home na teoría do automatismo animal, e esténdese ao ser humano o que Descartes considerara evidente só nas bestas; convencido do desenvolvemento dos órganos mediante o exercicio e a educación, La Mettrie xulga incluso a ensinanza da linguaxe dos monos.
 
Posteriormente escribiu ''O home-planta'' (1748), onde afirma que os vexetais posúen, como o home, a sensibilidade, e ''Les animaux plus que machines'' (1750), para demostrar, en oposición a Descartes, que a conciencia dos animais ten a mesma natureza que a humana.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.biografiasyvidas.com/biografia/l/la_mettrie.htm Biografía de Julien Offray de La Mettrie]
 
{{ORDENAR:La Mettrie}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Filósofos de Francia]]
[[Categoría:Nados en Saint-Malo]]
393.002

edicións

Menú de navegación