Diferenzas entre revisións de «Hugh Despenser o Novo»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Hugh''', alcumado '''the younger Despenser''', nado no ano [[1286]] e finado o [[26 de novembro]] de [[1326]], foi fillo de [[Hugh le Despenser]], conde de [[Winchester]].
 
== Traxectoria ==
En maio de [[1306]] Hugh foi ordenado cabaleiro, e ese verán casou con [[Eleanor de Clare]], neta do rei [[Eduardo I de Inglaterra]]. Tras a morte do irmán de Eleanor na [[batalla de Bannockburn]], ela converteuse inesperadamente nunha das tres herdeiras do rico condado de Gloucester. En apenas algúns anos Hugh pasou dun cabaleiro sen terras a un dos magnates máis ricos de [[Inglaterra]].
Eleanor era tamén a sobriña do novo rei, [[Eduardo II de Inglaterra]], e desta conexión Hugh entrou no círculo da corte real inglesa. Uniuse á oposición dos baróns a [[Piers Gaveston]], o favorito do rei, e cuñado de Hugh, pois Gaveston estaba casado cunha irmá de Eleanor. Desexoso de poder e riqueza, Hugh tomou o castelo de [[Tonbridge]] en [[1315]]. O ano seguinte asasinou a [[Llywelyn Bren]], un refén galés que estaba baixo a súa custodia.
 
Hugh converteuse en chamberlain real en [[1318]]. Como cortesán real, Hugh obtivo o afecto do rei, desprazando ó favorito anterior, [[Roger d'Amory]]. Por 1320 gobernaba libremente o reino como un tirano. Hugh tomou as terras galesas da herdanza da súa esposa, sen facer caso das demandas dos seus dous cuñados. Forzou a [[Alice de Lacy]], condesa de Lincoln, a darlle as súas terras, botou á súa cuñada Isabel de Clare de Gower e de Usk, e fixo romper os brazos e as pernas de Lady Baret. El tamén se vingou de [[Roger Mortimer]] porque o avó de Mortimer asasinara a avó de Hugh. Por 1321 gañara moitos inimigos en tódolos estratos da sociedade, desde a raíña Isobella ós baróns do pobo.
Finalmente os baróns conseguiron do rei que Hugh e seu pai marcharan ó exilio en 1321. O seu pai fuxiu a [[Bordeos]], e Hugh converteuse nun pirata na canle da mancha. A parella volveu o ano seguinte e o rei reinstaloou a Hugh como favorito real. O seu tempo no exilio non fixera nada para acougar a súa avaricia, o seu e a súa crueldade. Mentres que a raíña Isabella estaba en Francia a negociar entre o seu marido e o rei francés, ela formou unha alianza con Roger Mortimer e comezaron a facer plans para unha invasión. Hugh supostamente intentou subornar a cortesáns franceses para asasinar a raíña Isabella. Cando Mortimer e a raíña invadiron Inglaterra en outubro de 1326, o rei Eduardo foi desposuído, executaron ao pai e capturaron a Hugh.
 
Hugh intentou matarse de inanición antes do seu xuízo, que se efectuou o [[24 de novembro]] de 1326 en [[Hereford]]. Xulgárono como traidor e ladrón e foi condenado á execución pública do tipo [[aforcado, azorrado e desmembrado]]. Inmediatamente, arrastrárono detrás de catro cabalos ao seu lugar da execución, onde fixeran un gran lume. Colgárono, un home subiu e cortou o seu pene e testículos que entón queimaron. Posteriormente, o verdugo afundiu o seu coitelo no seu abdome, e cortou a súa entrañas e corazón, que queimaron diante a xente. Finalmente, decapitárono, e cortaron o seu corpo en catro pedazos, e a súa cabeza foi posta nas portas de Londres.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Nobreza]]
393.002

edicións

Menú de navegación