Xoán III Ducas Vatatzés: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m Bot: Engado {{Control de autoridades}} |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
DATA_SAIDA=[[1254]]| |
DATA_SAIDA=[[1254]]| |
||
}} |
}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Emperadores de Nicea]] |
[[Categoría:Emperadores de Nicea]] |
Revisión como estaba o 29 de novembro de 2015 ás 19:08
Xoán III Ducas Vatatzés (1193– 3 de novembro de 1254) foi un emperador bizantino, no exilio no Imperio de Nicea, de 1222 a 1254.
Aínda que sufría epilepsia, logrou distinguirse tanto como soldado que en 1222 foi elixido para suceder ao seu sogro Teodoro I Láscaris. Casou coa filla de Láscaris, Irene Láscaris (Eirene Laskarina) en 1212. Tiveron un fillo, Teodoro, pero tras un accidente de cabalo de Irene, esta non puido volver ter fillos; entón, retirouse a un convento, tomando o nome de irmá Uxía, e alí morreu en 1239. Xoán volveu a casar con Constanza (Ana) de Sicilia, filla ilexítima de Federico II Hohenstaufen, emperador do Sacro Imperio, pero non tiveron descendencia.
Reorganizou os restos do Imperio bizantino (Imperio de Nicea) e grazas ás súas capacidades administrativas, fixo del un dos Estados máis ricos e fortes do Mediterráneo oriental. Tras asegurarse a fronteira oriental cun acordo cos turcos selxúcidas, dedicouse a intentar recuperar as posesións europeas dos seus predecesores. Mentres a súa frota atacaba aos latinos no mar Exeo e estendía o seu reino a Rodas, o seu exército, reforzado con mercenarios occidentais, derrotaba ás forzas do emperador latino.
Aínda que non tivo éxito no asedio de Constantinopla, que levou a cabo de común acordo cos búlgaros en 1235, logrou a supremacía sobre os despotados de Tesalónica e Epiro. A definitiva reconquista de Constantinopla, algúns anos despois da súa morte, débese en gran medida aos seus esforzos previos.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Teodoro I Láscaris |
Xoán III Ducas Vatatzés | Precede a: Teodoro II Láscaris |
Dinastía Láscaris |